Diario dun mercado. Episodio 354
Novidades en todas as categorías do fútbol masculino e tamén no fútbol feminino.
Novidades en todas as categorías do fútbol masculino e tamén no fútbol feminino.
Paramos un día para celebrar o III All Star e o mercado xa se revoluciona! Novidades desde a Segunda RFEF ata a Segunda Galicia.
Non cesan os constantes movementos nun novo Diario dun mercado
O mercado bota fume con movementos desde Terceira RFEF ata a Terceira Galicia
Comezamos a semana cun diario ben fresquiño, cheo de renovacións e de novidades. As primeiras novas chegan desde a Terra Chá, pois o Racing Villalbés anunciou a continuidade do gardamallas Alex Santomé, un dos grandes artífices do ascenso chairego. Tamén o Ribadeo vén de renovar ao seu gardamallas Carrera, ademais de a Mati, que chegou […]
O mercado non da tregua neste mes de xuño. Novidades desde a Preferente ata a Terceira Galicia nesta nova edición.
O mercado de adestradores está que arde nas distintas categorías
O Diario de hoxe está protagonizado pola Tercera Galicia. Os conxuntos da provincia non queren pasar apuros no verán e xa planifican a nova temporada, con ambición e ilusión. De feito, todo apunta a que aparecerán dous proxectos novos na capital, que competirán na Terceira Autonómica: Casás e Piringalla queren dar continuidade ao seu fútbol […]
Renovacións na metade norte da provincia e despedidas no sur nunha nova edición do Diario dun Mercado.
O mercado non para de moverse, pese a que aínda estamos a comezos de xuño. As primeiras novas chegan desde Lourenzá. Logo dun ano intenso e sufrido, o corpo técnico que conseguiu a permanencia renova un ano máis na Santa Cruz. Roberto Ramallal seguirá aos mandos dunha nave na que Maikel continuará como segundo. Ademais, […]
Episodio 333 do noso Diario dun Mercado, que deixa novidades importantes nos banquiños de Primeira, Segunda e Terceira Galicia.
O mercado segue moi activo a menos dun mes para que comecen as competicións. Hoxe chegamos con novidades en todas as categorías: na Terceira RFEF, o Racing Villalbés incorpora ao central santiagués Damián, ata agora no Polvorín. A Sarriana anunciou a chegada de dous dianteiros para perseguir o ascenso á Terceira: o prometedor Álvaro Herrero […]
No diario de hoxe, conmemoramos o día de Santa Ana e de San Joaquín comezando o repaso polo fútbol feminino. O PM Friol vén de asinar a Nerea Marín, futbolista con experiencia no Reto Iberdrola e que procede do Cádiz. Á Reigosa tamén chega a gardamallas María Alejandra, procedente do RU Tenerife e con pasado […]
A poucas semanas de que comecen as pretemporadas, o mercado aínda está que explota. Sobre todo, da Preferente para abaixo. A Sarriana continúa co seu proxecto deste ano, e para iso renova a Brais Prieto. O mariñán será un xogador importante na loita polo ascenso. Na Primeira, o Xove Lago refórzase coa chegada de Xesús, […]
Novidades importantes no mercado de Primeira e Terceira Galicia
Nova actualización capicúa do mercado lucense, con moitas novidades na Primeira Galicia. Varias delas concéntranse no sur da provincia e, en concreto, no Sangoñedo. Alí non seguirá Javier Montoto, ata agora adestrador da SD Chantada, pero sí continuarán xogadores da casa como Michi Carnero, Povis, Joserra, Álex Delgado, Manu Pereira e Sergio Abad. No outro […]