#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal

Diario dun Mercado. Episodio 341

O Diario de hoxe está protagonizado pola Tercera Galicia. Os conxuntos da provincia non queren pasar apuros no verán e xa planifican a nova temporada, con ambición e ilusión. De feito, todo apunta a que aparecerán dous proxectos novos na capital, que competirán na Terceira Autonómica: Casás e Piringalla queren dar continuidade ao seu fútbol base na categoría sénior.

Tamén na capital, o filial da Comercial vén de anunciar a renovación e Rosón e Jesús, mentres que sufrirán a baixa dun Yeray que pasa a xogar de pleno dereito do primeiro equipo dos das Gándaras, na Segunda Galicia. Outro que non continúa no seu equipo e o defensor César Andión, que deixa o Corgo para enrolarse nos veteráns da Residencia.

Merino non seguirá no Santa Comba.

No sur da provincia, o técnico Rodrigo Amarante seguirá un ano máis á fronte do Carballedo masculino, mentres que Ángel Merino non continuará no Santa Comba: todo apunta a que será o novo adestrador do Castro ‘B’. Outro que está preto de chegar ao Arturo Pereiro é o desequilibrante extremo Iago Buján. O atacante deixaría A Cheda para poñerse ás ordes do recén renovado Rafa Casanova para esta nova aventura chairega na Preferente Norte.



Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *