Máxicos Futbolinlugo. Xornada 5
Quinta xornada para os máxicos con goles en todos os campos nos que se disputou a xornada.
Quinta xornada para os máxicos con goles en todos os campos nos que se disputou a xornada.
Cuarta xornada para os Máxicos da Primeira Galicia nesta 2023/2024.
Os máxicos comezan a definir os seus obxectivos na presente campaña, logo dunha nova xornada vibrante no fútbol provincial. Guntín 1-0 Outeiro de Rei: partido vibrante no Ladairo o que abriu a xornada da Primeira Galicia. O Guntín comezou mellor e tivo a primeira nos pés de Quiñones, pero sería Dani o que faría o […]
Os segundos máxicos da temporada xa están aquí.
Volveu a Primeira Galicia, e con ela volveron os Máxicos. A primeira xornada deixou sensacións agridoces e moitos goles para os conxuntos da provincia, que xa adiantaron que a campaña vai ser, cando menos, igualada. Portomarín 2-5 Outeiro de Rei: os chairegos foron os grandes dominadores dun primeiro tempo que rematou con 0-1 pero no […]
Con tan só tres puntos restantes para os máxicos, a Primeira Galicia xa ten campión, ademais de varios equipos que descenderán á Segunda Autonómica. Xove Lago 3-1 Taboada: aínda que o Taboada se adiantou logo dunha falta frontal rematada pola dianteira visitante, o Xove foi o dominador dun choque trabado. O Xove empatou a balón […]
Tan só restan dúas xornadas para os Máxicos, co ascenso e o descenso aínda en xogo. Lourenzá 3-0 Taboada: un Lourenzá necesitado da victoria dominou o choque de principio a fin ante un Taboada que acusou a baixa do seu mediocentro Diego. Dous goles laurentinos antes do ecuador do primeiro tempo deron a marxe que […]
Tan só tres xornadas para o fin dos máxicos 22/23. A tensión é máxima nos campos da Primeira Galicia. Taboada 1-1 Foz: partido moi divertido na Medela entre dous conxuntos que, a nivel clasificatorio, teñen a temporada feita. Iso propiciou que ambos equipos competisen moi ben, con bo fútbol e moitas ocasións desbaratadas polos gardamallas. […]
Os máxicos encaran as catro últimas xornadas da temporada con moito por decidir en todas as partes da clasificación. Foz 2-2 Pol: partido vibrante no Martínez Otero. O Pol, que comezou mellor, adiantouse nunha xogada na que os locais pediron fóra de xogo, pero o gol provocou a reacción focense e, no intermedio, o Foz […]
A clasificación se apreta a tan só cinco xornadas para o final da liga regular dos nosos máxicos! Taboada 3-3 Pol: o Taboada logrou un empate agónico ante un Pol que foi moi superior na primeira parte do choque, na que se puxo con 0-3. Porén, xusto antes do descanso chegou o 1-3 e a […]
Os máxicos ultiman as súas forzas para achegar aos seus clubes ao obxectivo! Foz 1-1 Chantada Atlético: foi superior o Foz ao longo da primeira metade, na que se adiantou por medio de Manolito e puido aumentar a renda, pero o Chantada Atlético foi quen de conter as ofensivas locais. No segundo tempo os visitantes […]
A falta de tan só sete xornadas, a clasificación apúrase na Primeira cos máxicos á procura dos obxectivos. Taboada 2-1 Outeiro de Rei: partido vibrante na matinal do domingo entre dous clubes que demostraron ambición e intensidade por partes iguais. Adiantáronse os visitantes no comezo cun gol en propia meta, e o resultado non se […]
Nova edición dos máxicos da Primeira Galicia, coa fin de temporada a tiro! Outeiro de Rei 2-3 Chantada Atlético: o Chantada Atlético asinou unha gran primeira metade, pois se adiantou no minuto 4′ cun gran gol de falta directa e puxo o 0-2 tras un gran contragolpe mediado o primeiro tempo. No segundo tempo reaccionaron […]
Unha xornada máis para uns máxicos que afrontan os dous últimos meses de competición con todo por decidir. Taboada 2-4 Chantada Atlético: estiveron máis acertados os visitantes na Medela. O «Atleti» golpeou primeiro cun tanto de Adri Salgado antes do descanso e, aínda que o Taboada tratou de reaccionar tras a reanudación, os chantadinos fixeron […]
Os máxicos os seus equipos afrontan o treito final da competición con moitas cousas en xogo! Chantada Atlético 0-2 Monterroso: gran vitoria do Monterroso no Sangoñedo. Os locais estiveron ben no primeiro tempo e gozaron de ocasións que non foron quen de materializar, mentres que os visitantes aproveitaron un balón a espalda para poñer o […]
Vibrante xornada na Primeira Galicia, na que os máxicos deron o máximo polo seu equipo. Monterroso 0-2 Santaballés: igualdade en Cerdeiriños, co cadro local levando o peso do xogo no primeiro tempo, pero co Santaballés aproveitando as súas ocasións e, de feito, conseguindo o 0-1 antes do descanso. Á saída de vestiarios, os visitantes melloraron […]
Nova batalla para os nosos máxicos, aos que lles quedan 15 xornadas para poñer punto e final á temporada. Taboada 1-1 Santaballés: o Santaballés adiantouse fixo o 0-1 cunha gran xogada nunha primeira parte moi intensa, con moitas disputas e ritmo. O segundo tempo mantivo a mesma tónica, pero os locais deron un paso adiante, […]
Os máxicos da Primeira viviron unha xornada marcada polos longos desplazamentos, en particular os clubes da Mariña ou os que se tiveron que desprazar desde ela. Taboada 0-2 Castro: un tempraneiro gol de Ivi puxo o choque de cara para os visitantes, que non pasaron apuros no primeiro tempo e conseguiron o 0-2 antes do […]
Os máxicos comezan a segunda volta con fame de puntos! Castro 4-0 Antas: debut con victoria de Rafa Casanova á fronte do banco do Castro. Os locais comezaron o choque moi intensos e conseguiron o 1-0 no primeiro cuarto de hora. Tras o gol, o Antas mellorou e as forzas se igualaron no Arturo Pereiro, […]
Os máxicos comenzaron o 2023 coa intención de acadar canto antes os obxectivos da temporada. Xove Lago 2-1 Riotorto: primeira parte de alternativas, na que o Riotorto se puido poñer por diante, pero foron os locais quen se adiantaron por medio dun penalti. Logo de dúas accións protestadas polos visitantes que puideron condicionar o desenlace […]