#Primeira Futgal #Fútbol afeccionado

Máxicos Futbolinlugo, 29

Os máxicos ultiman as súas forzas para achegar aos seus clubes ao obxectivo!

Foz 1-1 Chantada Atlético: foi superior o Foz ao longo da primeira metade, na que se adiantou por medio de Manolito e puido aumentar a renda, pero o Chantada Atlético foi quen de conter as ofensivas locais. No segundo tempo os visitantes deron un paso adiante e foron a polo partido, froito do cal chegou o empate e puido chegar a remontada nun final polémico pero con reparto de puntos no Martínez Otero.

Burela 0-0 Lourenzá: choque moi igualado na Marosa na tarde do sábado. O «Atleti» saiu ao campo convencido de non encaixar, e a súa solvencia defensiva foi manifesta, pois a SD tivo moitos problemas para xerar ocasións. Tampouco os visitantes foron quen de facer dano á defensa local, ordenada e segura ao longo dos 90 minutos. Empate xusto na Marosa.

Pol 1-2 Outeiro de Rei: partido igualado no Manuel Luna no que Outeiro foi quen de superar á SD Pol. Os visitantes adiantáronse logo dunha boa acción de Dani Pedreira por banda, que rematou Diego Seijas, 0-1. No segundo tempo, un erro do Outeiro foi aproveitado por Diego Núñez para empatar o choque. A celebración do gol saldouse coa expulsión de Gerardo e, con un xogador máis, Redondo empurrou un rexeite ao fondo das mallas para sacar tres puntos de ouro na matinal do domingo.



Xove Lago 2-0 Monterroso: logo dunha primeira parte igualada, con imprecisións por parte dos dous equipos, o choque chegou co resultado gafas ao tempo de lecer, 0-0. Na segunda metade, cinco minutos moi malos do Monterroso e un cambio de sistema dos locais traducíronse no 2-0 que deixou o choque encarrilado para os locais. O Xove quedou con un xogador menos na recta final, pero defendeu ben o arreón visitante dos últimos intres.

Riotorto 1-0 Santaballés: partido moi trabado na Veiga, sen apenas ocasións para ambos conxuntos e con moito balón dividido e accións a balón parado. O primeiro tempo saldouse cun xusto 0-0, pero na segunda metade as urgencias clasificatorias do Riotorto empurraron aos locais cara diante e, aínda que non xeraban ocasións, pisaban o campo rival con máis frecuencia. Foi no 87′ cando o debutante Édgar aproveitaba un pase de Coedo para facer o 1-0 e desatar a tolemia na Veiga, nunha acción na que os visitantes reclamaron fóra de xogo.

San Ciprián 1-3 Castro: choque moi igualado na Veiga pese a diferencia no marcador. Os primeiros dez minutos, porén, foron para un Castro que xa mandaba por 0-2 no 7′, pero co paso do partido o Sanci gañou presencia e comezou a inquedar a meta rival. Foi na reanudación cando os mariñáns recurtaron diferenzas e apretaron aos visitantes, que defenderon as ofensivas rivais para evitar o empate. Nun contragolpe na última xogada do choque, Borja Rasilla sentenciaría o partido a prol dos chairegos, 1-3 na Veiga.



Atlético Escairón 1-0 Antas: a SD Antas complicou a vida ao líder no Saviñao, pois se mantivo moi organizada durante todo o choque e impediu que os locais xerasen ocasións claras. Un tanto en propia meta de Rafa ao término do primeiro tempo foi o 1-0 e, aínda que os visitantes trataron de apretar no segundo tempo, a solvencia do líder impediu que os celestes anotasen nun partido tenso e serio de ambos conxuntos.

SD Chantada 6-1 Pastoricense: un erro defensivo da SD permitiu ao Pastoricense adiantarse no minuto 3′, pero o Chantada non se arrugou ante este feito e, no 20′, xa remontara o partido con goles de David e Delgado. Kadete puxo o 3-1 antes do descanso e Joserra sentenciou o choque cun golazo de vaselina, ao que se sumaron os tantos de Kadete e David para pechar unha tarde dominada polos locais no Sangoñedo, 6-1.

Sporting Pontenova 4-3 Taboada: partido tolo nunha xornada triste na Mariña. O Sporting foi mellor no primeiro tempo e chegou ao descanso mandando por 3-1 en parte, grazas á boa actuación de Ioan. Á volta de vestiarios, Miguel Guedes acertou desde a pena máxima para poñer o 4-1 e o Taboada tirou de épica para achegarse no marcador e facer o 4-2 e o 4-3, pero non foi quen de anotar o tanto do empate e os puntos quedaron na Mina.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *