#Primeira Futgal #Fútbol afeccionado

Máxicos Futbolinlugo, xornada 26

Nova edición dos máxicos da Primeira Galicia, coa fin de temporada a tiro!

Outeiro de Rei 2-3 Chantada Atlético: o Chantada Atlético asinou unha gran primeira metade, pois se adiantou no minuto 4′ cun gran gol de falta directa e puxo o 0-2 tras un gran contragolpe mediado o primeiro tempo. No segundo tempo reaccionaron os locais e recurtaron diferenzas nunha boa xogada colectiva. Diego Redondo foi quen de empatar o choque no 92′ cunha acción de escorpión desde o borde da área, pero un despexe-chut de Cristian no 93′ puxo de novo a vantaxe para os visitantes, 2-3 tras unha tarde de golazos no Municipal.

Pol 5-0 Monterroso: dulce debut de Diego Rey á fronte do Pol logo dunha semana estrana no Municipal. Os locais encarrilaron o partido mediada a primeira parte, pois fixeron tres goles en cinco minutos e deixaron ao Monterroso moi tocado. Porén, os visitantes competiron de ti a ti na segunda parte, pero dous tantos máis dos locais serviron para redondear a tarde da SD Pol.

Foz 2-0 Santaballés: o Santaballés propuxo un partido defensivo e trabado ante un Foz que non conseguiu abrir a lata ata o último minuto do primeiro tempo. Tras a reanudación, os chairegos procuraron manter ese resultado e chegar con opcións á recta final, pero unha pena máxima transformada por Manolito puxo o 2-0 e deixou o choque visto para sentenza no Martínez Otero.



Xove Lago 2-4 Castro: o Xove dominou o partido durante 80 minutos, pero perdeu toda a súa renda nos últimos dez. Os locais fixeron dous tantos no primeiro tempo tras aproveitar dous erros visitantes, e a piques estiveron de facer o terceiro antes do tempo de lecer. No segundo tempo a tónica foi a mesma, pero un penalti moi protestado polos locais meteu ao Castro no partido a falta de 7 minutos (2-1) e, con máis corazón que fútbol, os chairegos aproveitaron a calidade de Rodolfo e tres erros do Xove para facer tres tantos e poñer o 2-4 definitivo.

Riotorto 1-0 Antas: o Antas foi melon ao longo dun primeiro tempo no que se mantivo ben plantado e gozou de varias ocasións claras, pero non foi quen de materializalas e ao descanso imperaba o resultado gafas, 0-0. Na reanudación, unha acción individual de Pape traduciuse no 1-0 e, tras o gol, o Riotorto puido sentenciar ante un Antas que acusou o esforzo físico realizado.

San Ciprián 2-2 Lourenzá: o Sanci conseguiu adiantarse logo dunha segunda acción tras un saque de esquina e , co 1-0, tratou de defender o resultado. Porén, noutro córner os locais puxeron o 2-0 e encarrilaron o partido. O ‘Atleti’ volcouse na procura dos goles, pero non foi ata o 85′ cando fixeron o 2-1. Minutos despois chegaría o empate e tras o 2-2 a nota negativa do partido, a expulsión do local Samuel seguida dunha tangana que obrigou a deter o choque durante 10 minutos. Unha vez se reanudou, o marcador non se moveu.



Atlético Escairón 1-1 Pastoricense: pinchazo do líder ante o colista. Os locais dominaron ao longo dos 90 minutos pero pecou de pouca efectividade. Arias puxo o 1-0 tras un balón parado e Julito puido sentenciar o choque no segundo tempo. O Pastoricense, moi ben plantado e serio todo o partido, empatou tras un remate nunha acción a balón parado cando faltaban dez minutos e mantivo a compostura para sacar un punto moi meritorio do Saviñao.

Burela 3-0 Sporting Pontenova: o mal estado da Marosa marcou o primeiro tempo. O Burela propoñía con balón e o Sporting saía ben ao contragolpe, pero os visitantes pecaron de pouca efectividade nos primeiros 45′. E pagárono caro, pois o Burela adiantouse no 53′ cun gol olímpico e encarrilou un choque que sentenciaría Jairo López cun fermoso dobrete para endulzar a tarde para os verdes.

SD Chantada 2-2 Taboada: comezou ben a SD nos primeiros vinte minutos, e de feito Javi Ramos puxo o 1-0 antes da media hora de xogo. Tras o gol, o partido se trabou e a igualdade foi a tónica dominante. Diego igualou cun gran gol de falta, pero os locais reaccionaron e puxeron o 2-1 pouco despois. No minuto 95′, un penalti sobre Guerreiro convertiuse no 2-2 definitivo, obra tamén de Diego.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *