#Primeira Futgal #Fútbol afeccionado

Máxicos Futbolinlugo. Xornada 18

Os máxicos comezan a segunda volta con fame de puntos!

Castro 4-0 Antas: debut con victoria de Rafa Casanova á fronte do banco do Castro. Os locais comezaron o choque moi intensos e conseguiron o 1-0 no primeiro cuarto de hora. Tras o gol, o Antas mellorou e as forzas se igualaron no Arturo Pereiro, contando ambos conxuntos con opciones para anotar. A última media hora do choque foi aproveitada polos vermellos para anotar tres goles máis e sentenciar o partido.

Santaballés 2-1 Lourenzá: bo despliegue físico por parte de ambos equipos, quizais con máis balón o Santaballés pero cun «Atleti» que tamén xeraba perigo. Un erro defensivo local puxo o 0-1 para os visitantes, que perderan unha oportunidade desde os once metros pouco antes. Pouco despois do primeiro gol, o Santaballés empatou e afrontou a segunda parte con moita intensidade. O Lourenzá tratou de defender os ataques locais, pero o 2-1 chegou na recta final e non houbo tempo para máis na Liga.

Monterroso 4-0 Pastoricense: logo de quince minutos moi igualados, o Monterroso deu un paso adiante e fixo o 1-0 antes do descanso. Os visitantes mantiveron a intensidade tras o gol, e a igualdade se mantivo en Cerdeiriños ata o 60′, cando Lorenzo fixo o 2-0 e o Pastoricense baixou os brazos. Na recta final sentenciaron os locais.



Chantada Atlético 2-2 Sporting Pontenova: o partido pintaba ben para o Chantada Atlético, que vencía por 2-0 no minuto 60′. Porén, a expulsión do seu gardamallas Ivi (63′) e dous penaltis a prol dos mariñáns (80′ e 90′) que se traduciron en gol puxeron a igualada no Sangoñedo. O Sporting tivo unha ocasión final para culminar a remontada ante uns chantadinos que se non se atoparon cómodos na recta final, na que protestaron moito as decisións arbitrais.

Outeiro de Rei 1-3 SD Chantada: a SD Chantada sacou un gran resultado dun Municipal de Outeiro ante uns locais que non estiveron cómodos en ningunha fase do choque. Un erro en saída de balón supuxo o 0-1 e, aínda que os locais empataron nunha boa transición, outra pérdida permitiu aos visitantes facer o 1-2. No último minuto da primeira metade, un penalti discutido polos locais puxo o 1-3 no electrónico. Non se movería o marcador no segundo tempo pese a que ambos equipos mostraron unha versión moi seria.

Pol 2-3 Burela: primeira parte de alternativas, na que ambos conxuntos conseguiron un gol e se chegou con 1-1 ao descanso. O segundo tempo estivo condicionado pola expulsión do local Porto, que permitiu ao Burela adiantarse, 1-2. Diego Núñez fixo o empate a 2 pouco despois, pero un insistente Burela tivo o premio final no 85′, cando fixo o 2-3 para engancharse de cheo á loita polo ascenso.



Foz 0-2 Atlético Escairón: continúa a súa boa xeira o Atlético Escairón, que superou a un bo Foz no Martínez Otero. Os locais dominaron no primeiro tempo, gozando de varias ocasións nas que non estiveron atinados de cara a porta. No segundo tempo, os visitantes deron un paso adiante e comezaron a inquedar a meta local, aínda que os mariñáns tamén gozaron das súas opcións. Totó fixo o 0-1 no 70′, tanto que afectou ao Foz e permitiu ao goleador anotar o seu segundo gol da tarde cinco minutos despois, 0-2 para soñar co ascenso no Saviñao.

Xove Lago 1-1 San Ciprián: dous bos equipos afrontaron o derbi algo condicionados polo vento, que fixo que un equipo dominara cada parte. O Xove foi o dono da primeira, na que anotou e puido facer máis goles, sobre todo a balón parado. Co aire a favor, o Sanci aproveitou para facer o 1-1 nada máis comezar o segundo tempo e, tras o empate, ambos conxuntos gozaron das súas opcións. O Xove viu como lle era anulado un gol, pero o marcador non se moveu.

Riotorto 0-0 Taboada: o terreo de xogo, en mal estado, condicionou o xogo de ambos equipos, que recorrían a balóns directos para facer dano ás defensas rivais. Porén, foron os defensores os que gañaron a partida na maioria de accións ao longo dos 90′. Pape gozou dunha ocasión clara para os locais, e Guerreiro para os visitantes, pero ninguén foi quen de perforar a meta rival na Veiga.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *