Os máxicos comenzaron o 2023 coa intención de acadar canto antes os obxectivos da temporada.
Xove Lago 2-1 Riotorto: primeira parte de alternativas, na que o Riotorto se puido poñer por diante, pero foron os locais quen se adiantaron por medio dun penalti. Logo de dúas accións protestadas polos visitantes que puideron condicionar o desenlace do choque e despois do descanso, a choiva se converteu en protagonista. O Xove foi o que se adaptou mellor ás condicións e fixo o 2-0 logo dun roubo en zona ofensiva. Manu Roca deu vida aos visitantes anotando o 2-1, pero pese ás ofensivas do Riotorto o marcador non se moveu máis.
Foz 2-1 San Ciprián: o Foz dominou o partido ante un San Ciprián no que brilló o seu gardamallas Madariaga. Moreda fixo o 1-0 ao pouco do comezo e, cinco minutos despois, o Sanci empataba por medio de Joao. O Foz mantivo a compostura e seguiu co seu plan de partido, sendo moi incisivo e xerando moito perigo. O gol da victoria chegaría xusto á volta do descanso, obra de Manolito. Desde o 2-1, os locais tiveron opcións de ampliar a renda, pero o marcador non se moveu.
Pol 0-3 Atlético Escairón: golpe de autoridade do Escairón en Mosteiro. Logo dun inicio igualado, os visitantes se fixeron donos do partido e Asier anotou un gran gol desde fóra da área. Os locais buscaban xerar perigo por medio de balón parado, pero o Escairón sabía defenderse e, nun contragolpe, fixo o 0-2 que encarrilou o partido para eles. O Pol buscou reaccionar no segundo tempo, pero outra boa transición visitante supuxo o 0-3 e a sentencia dun Escairón que se sitúa a un punto do liderado.


Outeiro de Rei 0-0 Burela: partido marcado polo estado do terreo de xogo, que non permitiu a ningún dos dous equipos despregar o seu fútbol. O fútbol directo foi o rei na tarde dun domingo no que o Outeiro se puido adiantar na primeira media hora por medio de Pereira, e o Burela tamén aproveitaba as súas opcións ao contragolpe e por medio de Jairo Campo, o máxico visitante. O segundo tempo seguiu na mesma liña, trabado e con centros laterais que ambas defensas defenderon á perfección.
Chantada Atlético 1-1 SD Chantada: derbi no Sangoñedo que non deixa contento a ningún equipo. A SD controlou o balón desde o comezo, aínda que a solvencia baixo paus de Ivi mantivo o 0-0 no electrónico ata o descanso. No segundo tempo o Atlético deu un paso adiante e César foi quen de poñer o 1-0 no 70′ logo duha perda en campo propio dos «visitantes». Na recta final, o «debutante» Xende anotou un gran gol logo dun tiro cruzado para facer o empate na vila do Asma.
Monterroso 2-1 Sporting Pontenova: duelo intenso o vivido en Cerdeiriños, marcado tamén polo terreo de xogo, enlamado, que non permitiu un xogo fluido por parte de ningún equipo. Os locais dominaron no primeiro tempo, e froito diso chegaron con vantaxe ao descanso, 1-0. Na segunda metade os mariñáns deron un paso adiante, ainda que unha boa xogada de Basi saldouse co 2-0 a prol dos locais. O Sporting seguiu apretando e conseguiu o 2-1 na recta final, pero non foi quen de puntuar na súa visita ao feudo «roxo».

Santaballés 3-2 Pastoricense: partido vibrante na Liga, no que o Santaballés tivo que adiantarse tres veces para conseguir a victoria. Tras o gol inicial de Vérez, o Santaballés gozou de ocasións para ampliar a vantaxe, pero foi o Pastoricense o que empatou antes do descanso. Tamén antes do parón fixo o 2-1 Hugo Criado, pero os visitantes saíno ben dos vestiarios e anotaron o 2-2 logo dun remate de cabeza. Xa no 70′, Vérez facía o segundo na súa conta particular para deixar os tres puntos na casa ante un Pastoricense que mostrou unha cara renovada neste inicio de 2023.
Castro 0-1 Lourenzá: partido de desgaste e paciencia por parte dun Lourenzá que cedeu o balón ao Castro e se repregou agardando os contragolpes. A idea se viu reforzada no descanso, pois os locais non conseguiran anotar, e a intensidade defensiva dos visitantes desesperou a un Castro que viu como Recalde culminaba un contragolpe para poñer o 0-1, mandar os tres puntos para a Terra da Faba, e deixar ao Castro orfo de adestrador, tal e como anunciamos nas nosas redes esta mañá.
Antas 0-2 Taboada: partido sólido e serio por parte de ambos conxuntos no Castro Seoane. Un Antas ben plantado deu a cara ao longo do primeiro tempo, pero un gol visitante no 44′ afectou aos locais e impulsou aos visitantes. O segundo tempo foi de dominio alterno, con moito balón largo que apenas inquedaba ás defensas. O Taboada sentenciou no 75′ e sacou tres puntos moi importantes dun campo moi complicado.
