Trío de Ases O Cantón. Primeiras victorias de Sarriana, Viveiro e Castro

O Trío de Ases Panadería O Cantón deixa sensacións agridoces na provincia. Racing Villalbés segue invicto na Segunda RFEF logo de tres xornadas e de empatar a cero goles no feudo do Rayo Cantabria. Na Terceira RFEF, o Viveiro superou ao filial do Pontevedra por 0-1 e a Sarriana dominou claramente ao CSD Arzúa (3-0), […]

Trío de Ases O Cantón. Ribadeo e Lemos comezan gañando en Preferente

O Racing Vilalbés debutou na Madalena en Segunda RFEF e fíxoo cun empate diante dun Avilés chamado a pelexar polo ascenso. Na Terceira non houbo triunfos lucenses. Polvorín e Sarriana sumaron un punto fronte a Estradense e Gran Peña respectivamente, mentres que o Viveiro caeu en Cantarrana diante do Bergantiños. Na Preferente, o derbi provincial […]

Residencia vs Ribadeo, 2021

A Preferente comeza con derbi lucense e co Castro en Barraña

O Ribadeo, o Castro, a Residencia e o Lemos xa teñen as datas dos partidos da temporada 23/24 na Preferente. O novo curso comezará a segunda fin de semana de setembro, ao igual que a Terceira RFEF (que xa ten calendario) e a Primeira Rexional. Ribadeo – Residencia, Boiro – Castro e Sigüeiro – Lemos […]

Diario dun mercado. Episodio 350

A piques de rematar o mes de xuño chegamos ás 350 edicións do noso Diario, e cada vez con máis novas no fútbol provincial. Comezamos coas novidades no Racing Vilalbés. Os xemelgos Varela, Javi e Jose xogarán a súa undécima temporada no cadro chairego onde xa son unha institución. Tamén xogará na Madalena o vindeiro […]

Diario dun mercado. Episodio 345

O mercado no fútbol lucense está que arde. Comezamos pola primeira renovación no cadro de xogadores do Racing Vilalbés para o seu proxecto en Segunda RFEF. Non é outro que o gran capitán López, que cumprirá once temporadas no conxunto chairego. O Lemos comeza a perfilar o seu cadro de xogadores con dúas incorporacións. Os […]

Diario dun mercado. Episodio 340

Aínda nos primeiros días do mercado estival, este está que arde. Comezamos polos banquiños. En Sarria, o club comunicou a non continuidade de Brais Prados, técnico co que os da Ribela acadaron o ansiado ascenso a Terceira RFEF, e a chegada de Jorge Cuesta. O novo adestrador ten ampla experiencia na base do RC Celta, […]

O Racing Vilalbés perdoa e La Calzada marcha á Rioxa moi vivo

A Madalena viviu un encontro histórico. Por primeira vez, o Racing Vilalbés logrou chegar á derradeira eliminatoria polo ascenso a Segunda RFEF e a capital chairega vestiuse de gala para recibir ao conxunto rioxando de La Calzada. O Racing realizou un bo encontro pero os visitantes marcharon cun empate, un premio excesivo para o visto […]

A Sarriana ascende a Terceira e o Racing Vilalbés fai historia na Lomba

Fin de semana moi positivo para o fútbol lucense. O Racing Vilalbés impúxose ao Arousa e clasifícase para a derradeira eliminatoria polo ascenso a Segunda RFEF. Na Preferente, a Sarriana logrou o ansiado ascenso a Terceira RFEF logo de gañar no derbi provincial diante da Residencia e beneficiado polo empate entre Noia e Boiro. A […]

O Racing Vilalbés empata e xogará o pase no campo do Arousa

O Racing Vilalbés e o Arousa igualaron na ida da segunda rolda eliminatoria polo ascenso a Segunda RFEF e será no campo da Lomba onde se decida o equipo que represente a Galicia na derradeira fase. Na Preferente, a Sarriana quedou sen marxe de erro para manter praza de ascenso logo do empate no campo […]

O Racing Vilalbés remonta e xogará a segunda rolda polo ascenso

Gran encontro do Racing Vilalbés que remontou a eliminatoria no campo do Rápido de Bouzas. Xogará a segunda rolda da fase de ascenso diante do Arousa. Na Preferente, a Sarriana non pasou do empate co Noia no partidazo da xornada e ve reducida a catro puntos a súa vantaxe. Triunfos importantes do Ribadeo e do […]

O Racing Vilalbés, a pola remontada en terras viguesas

Derrota pola mínima do Racing Vilalbés na Madalena fronte ao Rápido de Bouzas no encontro de ida das semifinais do play off de ascenso a Segunda RFEF. O conxunto de Simón Lamas terá que vencer no Baltasar Pujales para avanzar á seguinte rolda. Na Preferente importante vitoria da Sarriana no campo do Pino, con remontada […]

O Racing Vilalbés ao play off, o Viveiro perde a categoría.

Unha de cal e outra de area na derradeira xornada de Terceira RFEF. Ledicia na Madalena, onde o Racing Vilalbés dobregou a un Arousa que se xogaba o ascenso directo e disputará o play off de ascenso. Final de temporada cruel para o Viveiro. Logo de sobrepoñerse a moitas adversidades, os mariñáns xogarán en Preferente […]

Racing Vilalbés e Viveiro deixan deberes para a última xornada

Máxima emoción na Terceira RFEF. A penúltima xornada, xa disputa en horario unificado, deixa aos nosos dous representantes cos deberes por facer para o derradeiro encontro. O Racing Vilalbés empatou no campo do líder, o Fabril, pero non certificou a súa presenza no play off de ascenso. O Viveiro perdeu en Cantarrana fronte ao Silva […]

Xornada redonda para a Sarriana

A xornada de Preferente déixanos unha vitoria de seis puntos para a Sarriana. Ao triunfo dos de Brais Prados no campo do Sigüeiro hai que sumarlle as derrotas dos seus perseguidores, Noia e Betanzos. A diferencia co terceiro clasificado agora é de nove puntos. Importante vitoria tamén da Residencia na súa visita ao San Tirso. […]