O Ribadeo, o Castro, a Residencia e o Lemos xa teñen as datas dos partidos da temporada 23/24 na Preferente. O novo curso comezará a segunda fin de semana de setembro, ao igual que a Terceira RFEF (que xa ten calendario) e a Primeira Rexional.
Ribadeo – Residencia, Boiro – Castro e Sigüeiro – Lemos serán os primeiro encontros.
Con respecto á organización da competición, cómpre lembrar que, en principio, será a última temporada con este formato. Para a que vén desaparecería a división norte e sur. Contemplaríase todos os equipos como un todo e os grupos pasarían a estar organizados por criterio xeográfico sen importar as provincias. Podes ler máis sobre o previsible novo modelo aquí.
Este curso, a Preferente Norte conta con dezaoito equipos. Os dous primeiros clasificados ascenderán á Terceira Galega; mentres que os que ocupen as tres últimas posicións descenden de xeito directo.


Ademais dos catro equipos da provincia, está o Lalín (en Pontevedra) e trece equipos pertencentes á da Coruña. Da área de Ferrolterra/Eume estarán o As Pontes, o Miño e o Eume (de Pontedeume).
Da contorna da Coruña cidade están o Victoria e o Atlético Coruña Montañeros. O representante da Costa da Morte será o Sofán que ademais é o vixente campión da mítica Copa da Costa.
Dos arredores de Santiago forman parte o Dubra, ao noroeste da capital e o Sigüeiro, situado máis o norleste. Xa na zona da Ría de Muros e Noia e do Barbanza hai un trío de representantes: o Noia, o Boiro e o Cidade de Ribeira.

Ribadeo e Residencia estrean os duelos provinciais. Tanto no Pepe Barrera como na Cheda houbo continuidade nos bancos. Dani Moirón mantén o bloque que conseguiu a regularidade o final da pasada campaña coas fichaxes de xente nova pero contrastada como Castrín ou Diego Ferreiro.
A Residencia será unha boa primeira pedra de toque tras o gran ano que fixeron o curso anterior os de . A liña continuista é unha marca da casa, ao igual que a aposta polos xogadores que saen da canteira branquiazul.
O Castro regresa a categoría tras o seu ascenso e estrearase nun campo de renome onde xa ten librado ben ‘batalla’ o seu adestrador, Rafa Casanova. Aínda na fase final do verán, Barraña acollerá o encontro co Boiro que volverá ser un dos claros favoritos o ascenso. Anxo Casalderrey segue preparando a un grupo que nos últimos días vén de perder a un dianteiro de referencia como é Pedro Beda.
O Club Lemos comeza a liga visitando ao Sigüeiro. A primeira proba dos pupilos de Óscar Moure será ante a xuventude que caracteriza ao equipo que mantén o convenio de filialidade coa SD Compostela (de Segunda Federación). O club que xoga no artificial do Lino Balado estará dirixido este ano por Antonio Ríos ‘Vecho’.
- Datas da temporada:
As 34 xornadas das que consta a competición estenderanse ata a terceira fin de semana de maio. Non haberá competición a fin de semana do Entroido (segunda de febrero) nin a de Semana Santa (última de marzo).

Si haberá unha xornada intersemanal. Haberá competición o día 1 de novembro, día festivo de Todos os Santos. Cadra a mércores, o que significa Feira en Castro. O cadro vermello tócalle xogar na casa ante o Victoria da Coruña.
A liga detense polo Nadal a terceira fin de semana de decembro (16-17), será a penúltima xornada da primeira volta. Logo retómase a primeira finde de xaneiro cadrando con Reis (6-7).
- Doce duelos provinciais:
Todos sabemos da grande superficie que ten a provincia. En total na temporada haberá doce duelos lucenses. Aínda que para equipos como o Lemos, o seu enontro co Lalín será dos máis próximos da temporada.
- Os cinco primeiros do Ribadeo:
Ribadeo – Residencia
Lemos – Ribadeo
Ribadeo – Dubra
San Tirso – Ribadeo
Ribadeo – Miño
- Os cinco primeiros do Castro:
Boiro – Castro
Castro – Atl. Cor. Montañeros
Castro – Lalín
Residencia – Castro
Castro – Lemos
- Os cinco primeiros da Residencia:
Ribadeo – Residencia
Residencia – Eume
Boiro – Residencia
Residencia – Castro
Lalín – Residencia
- Os cinco primeiros do Lemos:
Sigüeiro – Lemos
Lemos – Ribadeo
Eume – Lemos
Lemos – Boiro
Castro – Lemos
A Real Federación Galega de Fútbol realizou este xoves o sorteo do calendario nas instalacións da entidade en Santiago de Compostela. Pódese consultar o calendario completo aquí: Calendario Preferente Norte 2023/2024.