Polvorín e Sarriana camiñan con paso firme

Variedade de resultados dos equipos lucense de Terceira na quinta xornada. O Polvorín gañou no sempre difícil campo do Sofán, o Racing Vilalbés arrancou un punto no feudo do Alondras e o Viveiro caeu na súa visita ao Xuvenil de Ponteareas. Na cuarta xornada de Preferente os dous derbis provinciais tiveron clara cor local. A […]

O anecdotario: «O troll do autobús», por Álvarez

Último ano de xuvenís. Estaba eu no Lugo de División de Honra. Era un ano que nos facía moita ilusión a todos, xa que viaxabamos a Santander, León… Conxuntos de verdade. Tiñamos un equipo un pouco xusto pero fixeramos un inicio de temporada moi bo, facendo puntos en todos os lados. Demos a sorpresa, chegando […]

O partido Fisioterapia Ronda . . . Sarriana – Ribadeo: choque de obxectivos na Ribela

Un clásico da Preferente. Sarriana e Ribadeo chegan ao encontro deste domingo ás 17 horas na Ribela en dinámicas opostas e con obxectivos finais distintos, aínda que nun derbi no que o coñecemento entre ámbolos conxuntos é máximo o resultado sempre é incerto. Arbitrará o colexiado ourensán Castro Fernández. A Sarriana afronta este encontro logo […]

A Segunda e a Terceira xa teñen calendario

Xa facía ben tempo que non falabamos da Segunda e da Terceira Rexional. Porén, logo do anuncio que fixo a Futgal fai unhas semanas do retorno destas competicións, ambas están no noso punto de mira. Hoxe traemos o calendario dos distintos subgrupos da Segunda e a Terceira Galicia, as competicións que manteñen esa esencia que […]

O Viveiro acada o primeiro triunfo e o Foz colócase na zona alta

A cuarta xornada na Terceira Divisón deixóunos a goleada do Viveiro en Cantarrana diante do Sofán e o triunfo pola mínima do Polvorín na Cheda co Fabril. A nota negativa foi a derrota do Racing Vilalbés diante do Barco. Na Preferente disputouse a terceira xornada e o Foz sumou a súa segunda vitoria consecutiva, desta […]

Foz e Sarriana saen triunfadores dos derbis provinciais

Xornada sen triunfos lucenses na Terceira. O Polvorín sacou un valioso punto do campo do Couto, mentres que Racing Vilalbés e Viveiro caeron nas súas visitas a Xuvenil de Ponteareas e Fabril respectivamente. Na Preferente, a Sarriana venceu no Partido Fisioterapia Ronda ao Lemos e o Foz impúxose ao Escairón. O Ribadeo logrou sumar un […]

A Medela terá un apelido ilustre

En poucas circunstancias un pode escoller o apelido. Habitualmente é algo dado que toca porque toca. Non obstante, sempre hai excepcións. O campo de fútbol da Medela en Taboada vai engadir máis palabras a súa denominación. Unhas letras que significan moito e cuxa memoria se debe preservar. Dende este domingo pasará a chamarse A Medela […]

Sanmi amósase moi contento polo debut e agradece a Resi que conten con el

A Preferente estreouse con resultados dispares para os equipos da provincia. Salientou a vitoria da Sarriana, o empate da Residencia, do Escairón e do Santaballés (os dous últimos enfrontándose entre si) e as derrotas do Ribadeo e do Foz. Ademais do debut dos conxuntos, tamén se produciu a estrea de xogadores na categoría. Este martes, […]

O Pichón, Muimenta

Diario dun Mercado. Episodio 257

O mercado segue a deixar titulares nos últimos días. Con algunas competicións xa comezadas e outras a escasas semanas de facelo, as novidades de hoxe concéntranse na parte norte da provincia. Así, o lateral Ángel cambia a banda da Marosa pola do Martínez Otero. O xogador defenderá a elástica do CD Foz na presente temporada. […]