O anecdotario: «Xogando desde o traballo», por Carbeta

Equipado en horario laboral, elixiu aluminio. O resto é historia!

Antes de nada, son Fran ‘Carbeta’. Levo desde os 18 anos xogando na SDC Roupar. Aínda que parei catro temporadas para xogar no Codesido. Problemas con un míster… Actualmente son xogador e directivo, pero deixareino a final de ano.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza

O que vos vou contar aconteceu hai máis ou menos tres anos. A primeira temporada despois da miña estancia en Codesido. Dirixíanos Diego Dopico e a campaña estaba sendo boa, loitando co desaparecido Ourol polo ascenso e o primeiro posto.

Pois ben, ese día xogabamos co Matela en Roupar. Era sábado. Non houbo convocatoria xa que só tiñamos doce xogadores dispoñibles. Un deles, era eu. Que tiña que ir traballar pola mañá á central debido a unha avaría (traballaba nunha empresa que levaba o mantemento de fontanaría para Endesa).

Deportes Élide

Avisei ao míster e díxenlle que contaba chegar sin problemas. O detalle surxiu cando acabamos o traballo e fomos entregar os partes. Serían as 12.30-13.00 horas cando o encargado de mantemento nos dixo: «Moi ben chavales, ide comer e vide pola tarde ás 14.00 horas que houbo outro problema e necesítovos dúas horas máis». O primeiro que pensei é que non chegaba. Chamei ao míster e díxome que a ver se daba feito o antes posible.

Entón ocorréuseme vestirme coa roupa de xogar: camiseta, mallas, pantalón, caneleiras… Para xogar xa! E a funda por enriba. Alá marchei para a central co meu coche. Colleume o compañeiro e comenteille que apuraramos o que puideramos que tiña moita présa. Enseñeille a camiseta e espetou partíndose: «Tu estás moi mal da cabeza».

Cheguei ao comezo da segunda parte. Despois de conducir coas botas de aluminio todo o camiño para aforrar tempo. Foi chegar ao campo e xa entrei a xogar, que estaba un compañeiro mancado. O partido ía 1-1. Pois aos dez minutos no terreo de xogo, xa íamos 1-3. Dúas ‘pifiadas’ miñas que nos custaron dous goles. Perdemos 1-3 grazas a min. Hai días así!

Ogallá que á xente que empeza nisto, lle gustara o fútbol tanto como para facer estas cousas. E lle metera o compromiso que eu teño actualmente…

Fran ‘Carbeta’ López Rochela. Media vida no Roupar, cun pequeno exilio en Codesido

Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez

Un enfermo do fútbol lucense. Adestrador Nivel-3 UEFA PRO

Artículos: 860

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.