O Sanci, a un paso de confirmar a súa presenza na fase polo ascenso

A Segunda Rexional segue tendo como protagonista a emoción. Quedan menos xornadas e as opcións dos equipos vanse reducindo. O Sanci venceu no seu partido pendente e só unha carambola impediría que non xogara polo ascenso. En cada grupo queda a súa particular recta final con doce postos da parte alta aínda por decidir. Os detalles contámolos nunha nova entrega dos #OncesFutbolinlugo.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza

Na zona norte, grupo 1A, quedan dous partidos. A pasada finde só se xogou o encontro pendente entre o Sanci e o Roupar. A vitoria do conxunto local permítelle aos pupilos preparados por Jaime Méndez estar a piques de confirmar a súa presenza na parte nobre. Só un hipotético cúadruple empate podería complicarlle as cousas. Por outra banda, están igualados co Cabreiros na cabeza.

Ao perder o Roupar o seu encontro suspendido, xa quedou sen opcións de entrar na zona de privilexio. Polo que hai tres equipos máis con posibilidades de acabar nos dous postos libres. O Celta Barreiros (3º) é o mellor situado con cinco puntos de marxe sobre o Iberia (5º). Non obstante, o derbi das praias desta finde pode deixar todo moi aberto. Na 4ª praza está a Candelaria con 20 puntos.

Deportes Élide

Equipos clasificados 2ª fase polo ascenso norte: Cabreiros e Meira

Na zona norte, grupo 2B, queda unha última xornada (xogarase na finde de Entroido). A penúltima tivo un encontro aprazado; o Guitiriz – Fonsagrada (xógase este sábado ás 16:15h). Aínda así, os tres partidos restantes desputáronse con normalidade.

Do resultado do Guitiriz nese encontro pendente depende principalmente agora o Cospeito. O cadro vermello superou no derbi ao Muimenta. Foi pola mínima cun gol a balón parado marcado por Cristian Cancio. O equipo da Fonte volveu ao 2º posto con 20 puntos. O Guitiriz (3º) con 18 puntos e o Muimenta 4º (con 17 puntos). A igualdade é máxima co Goiriz e o Matela con 17 puntos e o Fonsagrada con 15. Na última xornada xogan: Muimenta – Goiriz e Matela – Guitiriz.

O Goiriz e o Matela continúan igualados porque tamén empataron no seu duelo do Ventiño. As defensas impúxeronse no xogo trabado que mandou na maior parte dos noventa minutos.

Pola súa parte, o Meira e o Abadín xa están pensando no seus obxectivos de cara a 2ª fase. Son moi distintos tal e como se comprobou no duelo que os enfrontou esta finde no que o cadro meirego conseguiu tres puntos máis con claridade. A portería do Meira continúa sendo a menos batida do grupo, desta volta representada por Alberto baixo paus.

Na zona sur, grupo 2A, quedan tres partidos para rematar a 1ª fase. O Becerreá continúa acumulando vitorias e pretende chegar na boa xeira á 2ª fase. Sumou o undécimo triunfo do curso ante a Milagrosa que pelexa por entrar na zona de privilexio.

Na 2ª posición volveu ao camiño da vitoria o Paradela que ten oito puntos de marxe co Sporting Lucense (xogan esta finde) e coa Mila (gol average a favor). Esta xornada superou ao Corgo nun axustado resultado. O Corgo adiantouse ao pouco de comezar o segundo tempo. Os futbolistas adestrados por Rubén Bergantiños foron quen de equilibar o marcador ao pouco cun gol de Álex Abella. Na recta final, os visitantes marcaron o gol da vitoria e o gardamallas Eros detivo un penalti.

Empatado co Paradela está o Páramo con 24 puntos. Primeiro empatou no campo do Tras do Novo ante un Santa Comba que sumou o noveno punto da temporada. Javi saíu de inicio no medio do campo pero tivo que asumir funcións de porteiro máis tarde por lesión dun compañeiro.

Os pupilos preparados por Santi xogaron este xoves á noite fronte ao Corgo. Gañaron 3-0 con goles Cumbraos, Jhonny e Diego. Agora teñen un encontro máis pendente de xogar a próxima semana co propio Sporting Lucense. Pero estes tres puntos déixanos con moitas opcións de entrar na fase polo ascenso.

O Antas deu un paso de xigante de cara a esta recta final. É cuarto con 19 puntos logo de superar ao Sporting Lucense (5º con 16 puntos). O cadro da Ulloa saíu moi metido e foi quen de marcar dous goles de entrada. Dobrete do extremo Besteiro. Non obstante, o Sporting Lucense refíxose, marcou un gol e o intercambio de ocasións foi constante.

Equipos clasificados 2ª fase polo ascenso sur: Becerreá e Ferreira

Na zona sur, grupo 2B, quedan dous encontros para o final. O Ferreira continúa consolidando a súa primeira posición. Confirmou o seu bo momento fronte a outro equipo da parte alta como é o Oural. O equipo de Pantón ten seis puntos máis ca o Río Sil.

O equipo da Carqueixa ten 21 puntos logo de empatar ante o Incio. Ten precisamente cinco puntos máis ca o seu rival da pasada finde, que é quen marca esa pelexa por entrar nos catro primeiros postos.

Terceiro clasificado é o Oural con 19 puntos e un partido pendente de xogar co Chantada B que tamén está na pelexa con 16 puntos. O Brollón é 4º (17 puntos) que gañou precisamente no seu duelo directo ante o filial chantadino.

Hai cinco equipos para tres postos neste grupo. Os dous conxuntos que non teñen opción de entrar na parte alta xogaron entre si. O Quiroga e o Bóveda empataron a un gol.

Imagen por defecto
Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Artículos: 541

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.