A Comercial prolonga o ‘gafe’ do Carballedo

O derbi resolveuse no tramo final nunha xornada na que o PM Friol alcanza o liderado da Primeira Nacional

Goleada do PM Friol para asaltar o liderado da Primeira Nacional. O conxunto de Covi sufriu nos primeiros minutos ante un Sporting de Gijón B que desperdiciou as súas oportunidades. As lucenses foron crecendo co partido ata dominalo por completo na segunda metade. Blanca Cros asinou un hat trick en terras asturianas.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza

Na Primeira Galega, o filial do PM Friol conseguiu un bo punto ante un dos mellores equipos da categoría. Tanto o Orzán como o cadro de Diego Vivero agasallaron aos espectadores cun fútbol ofensivo e ocasións por todos os lados. O encontro foi moi aberto e puido caer para calquera lado. Ao final, táboas. Stefane marcou na primeira para as lucenses. A visitante Ana Capelo igualou na reanudación.

Blana Cros, hat trick para o PM Friol
Deportes Élide

O Lugo logrou un traballado e sólido triunfo ante o Bergantiños. O encontro púxose de cara na primeira xogada, cun roubo de Esther ás centrais que rematou en gol. Paula Rodríguez aumentou as diferenzas antes da media hora, dentro dunha primeira metade de claro color albivermello. Na reanudación, o Bergantiños axustou algo mellor en defensa ante un Lugo máis práctico e que mereceu un resultado máis amplo. O Antas descansou esta xornada.

RESULTADOS DA XORNADA

Sporting B 0-5 PM Friol

PM Friol B 1-1 Orzán

CD Lugo 2-0 Bergantiños

Chantada 8-0 Cruces

Milagrosa 3-1 EF Lalín

Monte Forte 0-2 Touro

Comercial 1-0 Carballedo

Bandeira 3-0 San Roque

O San Roque non se presenta nunha xornada cun derbi de infarto

O derbi da xornada viviu un desenlace inesperado tralo visto no terreo de xogo. O Carballedo dominou e tívoas de todas as cores ante unha Comercial que fixo un importante exercicio defensivo. A falta de menos dez minutos para o remate, nunha das escasas aproximacións capitalinas, Xiana deixou a vitoria nas Gándaras. Pola súa parte, o Monte Forte sufriu un duro revés na súa pelexa por alcanzar o primeiro posto. As monfortinas mostráronse superiores a pesares das baixas que presentaban para esta cita. Non acusaron as ausencias pero, si a falta de puntería. E o Touro levouse o gato á auga na derradeira media hora.

Laura Carnero logrou un dobrete na goleada do seu Chantada ante o Cruces

O Chantada goleou ao Cruces nun partido un tanto engañoso. As de Álex Cambeiro tiveron pegada pero non a fluidez doutras ocasións. E mesmo, lles custou arrincar nos primeiros vinte minutos. As do Sangoñedo gañaron en solidez durante o encontro e sumaron os tres puntos con comodidade. Laura Carnero asinou un dobrete. Pola súa parte, a Milagrosa superou ao sempre correoso EF Lalín. Todos os goles chegaron na primeira metade, incluido o par de tantos da pichichi Leire.

Por último, O San Roque non se presentou ao seu encontro co Bandeira, debido ás baixas de varias xogadoras que lle impedían ter un número de efectivos suficiente. Polo tanto, o Bandeira gañou o partido por 3-0.

Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez

Un enfermo do fútbol lucense. Adestrador Nivel-3 UEFA PRO

Artículos: 860

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.