O Celta Barreiros, equipo da Segunda Futgal

A Segunda Futgal xa ten folla de ruta

A Segunda Futgal xa ten claro cal vai ser o calendario da vindeira tempada para a categoría. Tanto o grupo Norte como o grupo Sur teñen definidas as datas importantes, os derbis, os partidos de alta tensión e todo coa ilusión de todos os xogadores, corpos técnicos e afeccionados. 16 equipos en cada unha das […]

Alberto López volta neste mercado ao Viveiro

A Terceira RFEF está en marcha

Coa pretemporada avanzada na Terceira RFEF, os conxuntos lucenses ultiman os preparativos para o comezo dunha competición tan esixente coma dura. CD Lugo ‘B’, Racing Villalbés e Viveiro terán que medirse a clubes da entidade de SD Compostela ou Arosa SC e superar a ilusión dos recén ascendidos Atlético Coruña Montañeros ou Juventud Cambados, entre […]

Pablo, un dos goleadores do Chantada

O Chantada chega á volta con moita vida

O Chantada conseguiu un valioso empate ante o Cultural Areas no Sangoñedo por 2-2 que lle dá moitas opcións de cara a unha volta fóra da casa onde todo estará por decidir. Os lucenses puxéronse por diante na primeira parte, pero o seu rival foi quen de darlle a volta ao marcador. Foi Pablo no […]

Diario dun mercado. Episodio 493

No día do noso décimo aniversario non podiamos pasar a oportunidade de traer as últimas novidades no mercado do fútbol lucense. Comezamos con novidades no fútbol feminino. María Jesús Mosteiro ‘Chusa‘ continuará gardando a portería do Carballedo unha temporada máis. A veterá xogadora é a única da provincia que participou en dous All Star Futbolinlugo […]

O Chantada xogará a Supercopa Galicia

O Chantada quere ser Supercampión

O Chantada ten nas súas mans alcanzar un soño para o fútbol lucense como é a primeira Supercopa Galicia da historia da provincia. Os de Adrián Traste, que está tempada competirán na Primeira Futgal nun curso no que a ilusión está presente no proxecto, enfrontaranse ao Cultural Areas nunha eliminatoria a doble partido. Este domingo […]

Stalin renova co Corgo neste mercado

Diario dun Mercado. Episodio 492

O mercado continúa a dar novidades ao longo e ancho da provincia con moitos equipos próximos a rematar os seus cadros de cara a unha vindeira tempada que promete darnos grandes emocións aos afeccionados ao fútbol lucense. Nunha nova edición do Diario dun Mercado de Futbolinlugo, temos renovacións e fichaxes de gran impacto para o […]

Candela Otero sobe neste mercado de categoría

Diario dun Mercado. Episodio 491

O mercado xa se encontra no comezo da súa recta final debido a que a gran maioría dos equipos da provincia xa comezaron a adestrar. Aínda así, os movementos son numerosos e é por iso que atopamos unha nova edición dentro do Diario dun Mercado de Futbolinlugo. O fútbol feminino pesca no fútbol lucense para […]

Homenaxe a Kiko Rey

Kiko Rey: «Que lle poñan o teu nome ao estadio da túa vida é un gran orgullo»

Viveiro viviu na pasada fin de semana unha das súas xornadas máis emotivas coa homenaxe a Kiko Rey, un dos xogadores que máis marca deixou no fútbol da Mariña. O dianteiro viveirense é un dos poucos que pode dicir que marcou en todas as categorías desde a Preferente ata a Primeira División. Canteirán do Real […]

A Residencia, segunda na Primeira Futgal do curso anterior

A Primeira Futgal xa ten calendario

O fútbol está cada vez máis preto de voltar á acción e na Primeira Futgal xa teñen folla de ruta de cara á vindeira tempada. Os equipos lucenses da categoría estarán ubicados un ano máis no grupo 3 coa excepción do Brollón, que xogará no grupo 4 cos equipos da provincia de Ourense. Unha tempada […]

O mercado pon un novo corpo técnico en Quiroga

Diario dun Mercado. Episodio 490

O mercado abre o mes de agosto con gran parte dos equipos na véspera de que a gran maioria dos equipos da provincia comecen a pretempada. A nova edición do  Diario dun Mercado de Futbolinlugo continúa a dar os últimos retoques para moitos dos clubes lucenses, ademais de perfilar os cadros técnicos que van apoiar […]

Homenaxe no All Star Futbolinlugo

Homenaxes e premios (1): Galerías V All Star Futbolinlugo

A quinta edición do All Star Futbolinlugo fixo da Cheda unha auténtica festa do fútbol lucense na que a afección viviu unha xornada de diversión con grandes xogos. Ademais foi o día perfecto para homenaxear a grandes figuras do noso deporte que, tristemente, o ano que vén non estarán presentes nos campos da nosa provincia. Estade atentos […]

Santi volveu ao Ribadeo neste mercado

Diario dun Mercado. Episodio 489

Unha xornada máis na que o mercado deixa a todo o fútbol lucense estupefacto con movementos inesperados e grandes sorpresas. A última edición do mes de xullo do Diario dun Mercado de Futbolinlugo trae grandes nomes que deciden voltar aos campos de fútbol da nosa provincia. Todo mesturado con grandes fichaxes e renovacións que comenzan […]

O Burela ascendido á Preferente

A Preferente xa ten calendario

Unha nova tempada chega para a Preferente e os equipos lucenses atópanse preparados para un reto sempre complicado. Este ano será máis xa que os lucenses da categoría estarán dispersos. Pol e Burela xogarán no tradicional Grupo Norte para os equipos da provincia, pero o Lemos embarcarase nunha nova aventura disputando o Grupo Sur, onde […]

Tupac renova neste mercado co Roupar

Diario dun Mercado. Episodio 488

O mercado está na súa recta final co inicio das pretempadas en moitos dos equipos do fútbol lucense. A falta de 12 episodios para que o Diario dun Mercado de Futbolinlugo alcance o medio millar de edicións, un fito histórico. Nesta ocasión, os bancos da Primeira Futgal xa están ocupados, as retiradas e os regresos […]

Un momento do encontro masculino do All Star Futbolinlugo

Partido masculino (1): Galerías V All Star Futbolinlugo

O partido masculino da quinta edición do All Star Futbolinlugo foi unha clara demostración de todo o talento que hai nos campos do fútbol máis modesto da provincia. O balompé lucense estivo de festa cun encontro igualadisimo no que fixo falta acudir á tanda de penaltis para discernir cal foi o equipo campión na Cheda. Estade atentos […]

Partido feminino do All Star Futbolinlugo

Partido feminino (2): Galerías V All Star Futbolinlugo

O partido feminino da quinta edición do All Star Futbolinlugo tivo dous protagonistas. As primeiras foron as mellores xogadoras de toda a provincia de Lugo e o segundo foron as altas temperaturas que había na Cheda. Pese á calor, a calidade do mellor do noso fútbol quedou latente cun gran partido na festa do fútbol […]

Diario dun mercado. Episodio 487

Non para o mercado nin na finde de Galicia. Unha fin de semana que algún dos nosos veciños celebra desde a diáspora: é o caso do burelao Pol Bassa. O lateral esquerdo mariñán, logo de visitarnos na última edición do Campus Futbolinlugo na Marosa, asina no Fuenlabrada da Segunda Federación. Nesa mesma categoría, a Sarriana […]