A Terceira lucense terá tres grupos con oito equipos

A falta de que a nova proposta vaia a Asamblea xeral a Santiago e, único que algún club dos xa inscritos non decida participar, a estrutura do fútbol da provincia de Lugo cambia despois dos últimos conxuntos creados e ten efecto inmediato na constitución das divisións para a temporada 2017/2018. A Terceira Galicia terá, en principio, tres […]

Diario dun mercado. Episodio 31

O mercado está activo en todas as categorías. Os equipos séguense reforzando coa mirada posta no regreso aos adestramentos coa idea de ter o cadro de xogadores ao completo cando isto suceda. Unhas das novidades máis interesantes chega dende a Primeira Galicia, no Páramo que fichou ao máximo goleador da Terceira Galicia lucense. Óscar López chega […]

«O Taboada cambioume a vida» Emilio Besteiro, ex-xogador do Taboada CF

A Medela resístese a perder aos dous «Emilios» no mesmo ano. Primeiro foi o míster e agora, un símbolo do fútbol provincial colga as botas ou, polo menos, no que se refire á categoría sénior. Realmente, para alguén que leva toda a vida xogando o fútbol faise difícil non volver sentir os tacos na planta dos pés. Aínda por riba cando […]

Diario dun mercado. Episodio 30

Os movementos no mercado non paran nin en fin de semana, polo que a edición de hoxe ven bastante cargada.

Diario dun mercado. Episodio 29

O mercado continúa sen baixar o seu nivel de movementos. Na Terceira División, Adrián Gómez deixa de ser o adestrador de porteiros do Racing Vilalbés por motivos persoais. Ademais o mediocentro David García que formou parte do conxunto de Óscar Gilsanz na última temporada xogará o vindeiro curso no Laracha, un dos equipos recén ascendidos á cuarta […]

Diario dun mercado. Episodio 28

Nótase que é venres. Os clubes móvense arreo para disfrutar do seu merecido descanso semanal. Hoxe comezamos polo sur da provincia. O Bóveda, que conta xa coa anunciada marcha de Macía á Sarriana, renovou aos seguintes xogadores: Javier Arias, Roi, Lucas e Ivo. Aínda queda moito traballo por diante, porén o que sí sabemos é […]

Diario dun mercado. Episodio 27

O mercado provincial non baixa en intensidade. Na Terceira División o Racing Vilalbés anunciou a súa primeira fichaxe. Alberto Lamas «Make» regresa ao conxunto chairego despois de xogar a última temporada na SD Compostela. O mediocentro de Árbol participou en 33 partidos co conxunto santiagués, dos cales foi titular en 22. Agora, reforza ao equipo […]

Cando os Quintela foron futbolistas

Futbolinlugo propúxose un reto: levar a dous xogadores de baloncesto profesional a un campo de fútbol. Dous irmáns que, antes de despuntar no mundo da canastra, vestiron con orgullo a camisola amarela do Polvorín. Amarela cando non estaba chea de barro! Falamos co xogador do Breogán Sergi Quintela, unha das revelacións da Liga LEB Ouro. […]

Nace o Clube Polideportivo Lucense

Hai apenas un mes, publicábase o nacemento dun novo clube de base na nosa provincia, o Clube Polideportivo Lucense. A próxima campaña contará con representación fixa nas categorías prebenxamín, benxamín e alevín. A representación en idade infantil está á espera de ser confirmada.

«Non me sinto identificado coa nova idea», Alberto López, ex-adestrador do Escairón

Hai arredor dun mes confirmábase no Saviñao a renovación de Alberto López como preparador do Atlético Escairón. Despois de ser un recén ascendido este pasado ano na Preferente Norte, o equipo foi un dos clubs revelación da categoría. Finalizaron sextos clasificados con 61 puntos por riba de equipos como o Viveiro ou o Ribadeo. A […]

As nosas redes falan!

Un mércores máis, escollemos a mellor selección dos comentarios nas nosas redes. Sen dúbida, o Arde Lvcvs foi o protagonista. Os nosos xogadores tamén teñen dereito a un merecido descanso!

Diario dun mercado. Episodio 26

O noso Diario dun mercado quixo dar unha volta por terras que tiñamos algo abandonadas. Porque sempre hai algo que contar en tódolos lados. Agora xa sabemos, que Negrete seguirá á fronte do Oural unha campaña máis. Así mesmo, algún dos veteranos do equipo colgará as botas. Agardemos que non sexan moitos! Baixamos algo máis […]

Diario dun mercado. Episodio 25

Arranca a primeira semana de xullo con máis novidades no noso mercado. Fichaxes e renovacións no centro da provincia, xunto con novos inicios de pretemporadas que xa se confirman. Ademais, un cambio de presidente nun dos equipos revelacións desta temporada. Na Preferente Norte continúan as novidades no Castro. Un dos seus xogadores máis destacados, Omar, renovou […]

Diario dun mercado. Episodio 24

Un dos banquiños máis míticos da provincia ten novo inquilino. Referímonos ao da Ponte. Merino, exxogador de Santa Comba e Guntín, colga as botas e faise cargo do San Lázaro. Onde non cambian é en Riotorto. Labrada manterase á fronte do cadro da Veiga. Contará cunha gran parte dos futbolistas da pasada campaña. Marcos, Diego […]

Diario dun mercado. Episodio 23

Arde Lucus! E arde o noso mercado. Na Mariña non paran. O Ribadeo confirmou o regreso do ‘killer’ focego. David Rodríguez volta ao Pepe Barrera logo dunha tempada na Terceira División co Ribadumia. No outro extremo desta fermosa comarca, o Viveiro perde dous efectivos. O lateral esquerdo Jorge García deixa o clube ao igual que […]

Diario dun mercado. Episodio 22

Xusto! Xusto seguirá un ano máis na Chaira. O central mariñán continuará sendo un dos máximos expoñentes da zaga do Racing Villalbés. Falando de talentos mariñáns, semella que un deles cambiará de aires. Manolito non renova con Valadouro e os mentideiros futbolísticos sitúano xa en Foz. Co cal o eterno Gayol tería o seu nove […]

Diario dun mercado. Episodio 21

As novidades en canto a renovacións, baixas e fichaxes seguen marcando a actualidade do fútbol lucense. Neste diario dun mercado é o turno para un equipo da Mariña, dous do corazón da Terra Chá, outros dous con moita importancia na capital da provincia e un da zona sur. Na Preferente Norte, o Viveiro incorporou ao […]

Fin da temporada de fútbol feminino

Chegou o verán para as nosas guerreiras. A participación dos clubes lucenses de fútbol feminino nesta 2016/2017 rematou este fin de semana coa final de Copa disputada pola SD Antas ante o Mos. Futbolinlugo fai hoxe unha síntese da temporada das xogadoras.

As nosas redes falan!

Concluíu a temporada para a maioría dos nosos lucenses, pero as nosas redes continúan en funcionamento. Velaquí o máis destacado desta semana!