Palabra de… Amadeo Expósito: «O compromiso no fútbol base»

 

Antes de nada, gustaríame recalcar que todo isto non é máis que unha opinión persoal. Eu estou nisto do fútbol de maneira totalmente altruista e co máximo compromiso que podo asumir.

Segundo a Real Academia Española da Lingua, o vocablo «compromiso» significa «obriga contraída» ou «palabra dada». O problema xorde cando un xogador adquire o mesmo no deporte que sexa, neste caso no fútbol, cun equipo de xente, tendo que cumprir así durante toda a tempada cos adestramentos correspondentes máis os partidos…

Cando as cousas van ben todo resulta máis doado, pero o problema empeza cando as cousas non saen como a todos nos gustaría e comezamos a poñer disculpas pouco -ou nada- creíbles e que, case sempre, lle ocorren aos mesmos.

Os que traballamos diariamente nisto vivimos situacións destas practicamente tódolos días e, xeneralmente, poucas horas antes de que comece o adestramento, perxudicando así o traballo dos adestradores, utilleros e demais persoas que nos implicamos día a día e todo ano en que todo saia o mellor posible.

Unha pequeña anécdota que me ocorreu e quero poñer como exemplo…

«Fai non moito acudimos a xogar un partido da liga de veteranos, pois ben, dous días antes do mesmo confirmamos a asistencia de once persoas, e finalmente fomos nove a xogar, coas consecuencias e cabreos que iso conleva.

A razón esgrimida por estas dúas persoas -que non compañeiros- foi que asistirán a unha cea e non se deran erguido para cumprir co compromiso adquirido. Palabra dun compañeiro que si foi: «Xa facían así de pequenos. A culpa é nosa por confiar neles.»

Sin xulgar a ninguén (eu non son quen), no 90% dos casos de falla de compromiso a culpa é nosa como pais, entre outras cousas porque a nosa obriga é procurar que os nosos fillos asuman con responsabilidade o compromiso que adquiren, ben nos estudios, no deporte ou en calquera outra actividade.

Amadeo Expósito: Coordinador de Fútbol-11 no CP Calasancio e xogador afeccionado de fútbol.

 

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Artículos: 523

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.