Non será en Boa Vista, pero ben seguro que os do Vicedo quererán facer valer de igual xeito o factor campo. Durante as obras de colocación da cuberta no campo, a entrada do camión no recinto deixou o céspede no estado que poden ver. Polo tanto, o encontro será xogado o sábado día 20 ás 16 horas no campo de Beltrán, en Xove.
Estado do campo de Boa Vista
O Guitiriz chega a este encontro logo de colleitala primeira derrota da temporada. Foi como local ante o Meira F.C. Malia iso, os de Delfín Romero seguen líderes con catro puntos de ventaxa sobre o Cabreiros. «O rival xogou ben e aproveitou os nosos erros, polo que só queda seguir loitando e voltar á senda da victoria«, di o míster chairego, consciente de que o rival «é un equipo moi bo que está moi ben na clasificación preto dos postos de ascenso, cun ataque do mellor da categoría, polo que teremos que estar moi atentos en defensa e intentar aproveitar as ocasións que teñamos«. No líder será baixa Diego, que cumple sanción.
Tanketín, a referencia ofensiva do Guitiriz
O conxunto local, a U.D. Folgueiro quizais sexa unha das agradables sorpresas da categoría. Os do Vicedo, levan cinco triunfos nos seus últimos seis encontros e tan só cederon un empate na última xornada ante o Pol, rival directo. «Entramos moi mal ao partido, pero estamos nesa dinámica na que saen as cousas. Estaba máis preto o terceiro gol do Pol, pero logramos empatar cun gol de Aurelio e outro de Fernando e acadar un punto moi importante«, afirma Anxo Fernández, adestrador do Folgueiro. Para o técnico mariñán «o Guitiriz é un equipo moi sólido ao que é moi difícil xerarlles ocasións, teñen o xogo memorizado, e arriba con Tanketín teñen moita pólvora«. Nos locales será baixa o central Fernando, xunto con Diego.
Este encontro vai ser un dos moitos enfrontamentos directos que faltan ata o final de temporada entre equipos que loitan polo ascenso, polo que os puntos son clave para posicionarse o mellor posible cara as últimas xornadas. Para Anxo Fernández «vexo improbable que neste grupo se rompa moito a clasificación. Nós non temos ningún tipo de presión por ascender pero tentaremos estar na loita ata o final. Guitiriz que vai líder, Pol que ven de reforzala zaga con Suso e Lourenzá que ten un grupo que xa leva anos xuntos van ser os favoritos«. O Guitiriz mantén tres puntos de marxe co segundo pero «o ascenso está moi caro, nós perdemos un partido e xa están os rivais ahí. Noutra temporada cos puntos que fixemos na primeira volta estaríamos destacados, pero este ano a igualdade é moi grande, polo que prevese un final de liga moi bonito«, tal e como nos di Delfín Romero.
ESTE FIN DE SEMANA TAMÉN PODES VER…
Preferente Autonómica
– S.D. Residencia – Polvorín S.D. (Domingo ás 17 h. na Cheda): Os locales queren escapar dos postos de perigo, pero non teñen enfronte a un rival sinxelo. O Polvorín é segundo e non quererá deixar puntos polo camiño.
Primeira Autonómica
– S.D. Sarriana – Club Lemos (Domingo ás 16:30 h. na Ribela): Os de Sarria levan dous triunfos seguidos e aínda teñen por disputar o encontro adiado polo temporal, mentras que os monfortinos baixan o nivel lonxe da Pinguela.
– C.D. Foz – Taboada C.F. (Domingo ás 16:15 no Martínez Otero): os de Gayol quererán manter o liderato e prolongala racha de oito encontros sen perder, pero o Taboada, con sete encontros invicto, aínda ten opcións de engancharse aos postos de cabeza se gaña na Mariña.
Iban Gayol será peza clave no C.D.Foz
– A.D Bóveda – A.C.D. Xermade (Domingo ás 16 h. no Hermanos Somoza): Partido clave na loita pola permanencia. Os de Cabanelas tras catro derrotas consecutivas reciben a un Xermade que sumou catro dos seis últimos puntos en xogo e que ve a permanencia posible.
Segunda Autonómica
– S.D. Burela – S.D. Pol (Domingo ás 16 h. na Marosa): outro dos encontros chamados a ir escollendo os equipos que se xogarán o ascenso. Os burelaos non poden fallar diante da súa xente, pero reciben a un Pol xa reforzado no mercado invernal.
Terceira Autonómica
– C.D. Sober – S.D. Cervo-Sargadelos (Domingo ás 16:15 en Centeas): Dous equipos chamados a ocupar unha das prazas de ascenso a Segunda, e ámbolos dous pincharon na primeira xornada desta segunda fase.
Marcos Fernández
Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte
Esta web usa cookies operativas propias y cookies de terceros (tipo analytics) que permiten conocer sus hábitos de navegación para mejorar tu experiencia. Click en “Aceptar”, si quieres obtener la mejor experiencia. Puedes visitar "Ajustes" si prefieres configurar cuales se muestran.
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. These cookies ensure basic functionalities and security features of the website, anonymously.
Cookie
Duración
Descripción
cookielawinfo-checkbox-analytics
11 months
This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Analytics".
cookielawinfo-checkbox-functional
11 months
The cookie is set by GDPR cookie consent to record the user consent for the cookies in the category "Functional".
cookielawinfo-checkbox-necessary
11 months
This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookies is used to store the user consent for the cookies in the category "Necessary".
cookielawinfo-checkbox-others
11 months
This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Other.
cookielawinfo-checkbox-performance
11 months
This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Performance".
viewed_cookie_policy
11 months
The cookie is set by the GDPR Cookie Consent plugin and is used to store whether or not user has consented to the use of cookies. It does not store any personal data.
Functional cookies help to perform certain functionalities like sharing the content of the website on social media platforms, collect feedbacks, and other third-party features.
Performance cookies are used to understand and analyze the key performance indexes of the website which helps in delivering a better user experience for the visitors.
Analytical cookies are used to understand how visitors interact with the website. These cookies help provide information on metrics the number of visitors, bounce rate, traffic source, etc.
Advertisement cookies are used to provide visitors with relevant ads and marketing campaigns. These cookies track visitors across websites and collect information to provide customized ads.