O partido da xornada . . . C.F. Riotorto – S.D. Sarriana: o ascenso en xogo na Veiga

O domingo ás 16:15 a Veiga recibe a un dos grandes favoritos ao ascenso de categoría, a S.D. Sarriana. Un equipo recén descendido da Preferente, que é terceiro na clasificación a un punto dos postos de ascenso e cun partido menos. Pero o anfitrión é o C.F. Riotorto. Os locales son os inquilinos do segundo posto, e acadaron dez dos últimos doce puntos en xogo.

Esta é a carta de presentación dun encontro que comezará a dilucidar os postos altos da táboa, máis apretada ca nunca. Para Ramón Labrada, técnico do Riotorto «chegamos moi ben a este partido, posiblemente no mellor momento do ano«, sobre todo logo do triunfo nun campo complicado como Cerdeiriños. Para o míster do cadro local «teremos que xogar súper concentrados, porque ante un equipo do potencial da Sarriana se non o fas podes saír incluso goleado, pero na Veiga estamos a comportarnos moi ben e o lóxico e que lle podamos competir a este equipo«. Para Labrada «a Sarriana ten xogadores como Marino, Héctor, Samos ou Marzán son diferenciales nesta categoría«. O Riotorto contará coas baixas de Play por lesión e Fran Pastor por sanción, pero «temos a ilusión por competir neste tipo de encontros contra equipos que realmente sí que teñen o obxectivo de ascender que non é o noso caso, pero é bonito verse ahí arriba o maior tempo posible» afirma Ramón Labrada.

A S.D. Sarriana é un dos grandes favoritos ao ascenso

Pola súa banda, a S.D. Sarriana tamén afronta o choque con baixas. Raúl e Jacobo por motivos persoais, e Héctor  e Marzán será dúbida ata última hora. Para Julio Corral, técnico sarriao «son baixas importantes, chegamos mermados a este partido, pero intentaremos competir o mellor posible». O míster non duda en afirmar que «o equipo está asentado xa na competición logo dun inicio un tanto complicado, o cal era lóxico, ao haber moitas incorporacións«. Do rival, «o que máis me preocupa é a súa seguridade atrás, encaixan moi poucos goles, polo que trataremos de atopar o camiño para crear ocasións e intentar contrarrestar o contragolpe«, nos di Corral, que logo de acadala ascenso a Primeira co Ferreira o pasado ano, buscará repetir coa Sarriana outro éxito máis.

 

 

ESTE FIN DE SEMANA TAMÉN PODES VER . . .

Preferente Autonómica

S.D. Residencia – Atlético Escairón (Domingo ás 17 h. na Cheda): Os capitalinos levan catro xornadas sen perder e chegan logo de gañar ao Polvorín, mentras que os do Saviñao tan só sumanron dous dos últimos doce puntos e úrxelles o triunfo para saír dos postos de perigo.

O Atlético Escairón visita a un rival incómodo no seu campo como é o Residencia

Primeira Autonómica

 – Club Lemos – Ferreira C.F. (Domingo ás 16:15 h. na Pinguela): os monfortinos, infalibles no seu campo, non poden permitirse outro tropezo pra seguir nos postos altos. Os seus veciños de Pantón, colistas, buscarán a reacción ante un dos galos.

A.C.D. Xermade – C.D. Foz (Domingo ás 16 h. no Municipal): os chairegos abandoaron o último posto e levan tres xornadas sen perder. Reciben ao líder, oito triunfos nos últimos nove encontros os pupilos de Gayol.

O Xermade atravesa o seu mellor momento da temporada

Segunda Autonómica

E.D. Lourenzá – Guitiriz S.D. (Sábado ás 16:30 en Santa Cruz): os de Diego Rego non perden desde a terceira xornada de liga. Os laurentinos quererán prologar a súa racha e asaltalo liderato dun Guitiriz que chega tras colleitalas dúas primeiras derrotas da temporada.

S.D. Burela – U.D. Folgueiro (Domingo ás 16 h. na Marosa): Un só punto de diferencia a favor dos burelaos na clasificación. Ámbolos conxuntos chegan tras sete xornadas sen perder e miran de reollo os postos de ascenso.

C.D. Brollon – Friol C.F.(Domingo ás 16 h. nos Medos): Chega o líder, cunha racha que asusta, a Os Medos, pero os de Rafa Casanova non o terán doado ante un Brollón que se fai forte no seu campo.

Terceira Autonómica

S.D Cervo Sargadelos – A.D. Catro Roldas (Domingo ás 16 h. na Bidueira): os cervenses recuperaron o terreo perdido na primeira xornada da fase de ascenso, mentras que o Catro Roldas fixo o camiño inverso. Encontro pra situarse na cabeza da táboa.

Segunda División Feminina

Antas S.D. – C.F. Rúa Valdeorras (Domingo ás 17 h. no Castro Seoane): Ás da Ulloa contan os seus encontros por victorias, e se gañan o domingo serán campioas de inverno. Ás da Rúa non serán un rival sinxelo, ocupan o quinto posto.

As rapazas adestradas por Melendo están a amosarse infalibles nesta temporada

 

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Artículos: 500

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.