Mincha, San Roque: «Ogallá puidera darlle 7 ou 8 goles ó equipo»

 

O fútbol ten algo que contamina, algo que vicia, algo que a aqueles que o practicaron lles é imposible esquecerse del. Por iso, o que aínda está a tempo de volver sempre volve. Houbo un tempo que os motivos laborais impediron que un dos xogadores da nosa provincia continuase xogando ó fútbol. O vilalbés Alejandro Novo, máis coñecido como «Mincha» volve para quedarse. Comezou na canteira do Racing Vilalbés para pasar polo Roupar, Meira e Muimenta. Despois de algo máis dun ano desde que deixou o Muimenta, calza as botas e recala na súa categoría premium, a Primeira Galicia. A semana pasada debutou co San Roque e tentará facerse cun posto no once nas vindeiras xornadas para seguir practicando o que máis lle gusta.

FIL: Houbo algún motivo máis para deixalo ca o laboral no seu día?

MINCHA: Estaba no Muimenta onde levaba seis ou sete anos. A dinámica non era boa e sempre te desanima máis ao estar vivindo en Lugo. Pero por temas laborais moitas fins de semana non podía e ao non poder comprometerme 100%, decidín deixalo.

FIL: Por que decides volver e como se presenta a opción do San Roque?

M: Agora teño máis dispoñibilidade. Eu quería xogar en Primeira polo tipo de categoría xa que é unha liga que se compite máis. Ademais quería algo preto. Tiña coñecidos no San Roque, falei con eles e comecei a adestrar. Empecei xa no outono pero rompín unha man e estiven novembro e decembro de baixa. Agora xa retomei a actividade de novo.

«Levando tantos anos no fútbol non é tan dramático volver»

FIL: Como te atopas fisicamente?

M: Xoguei a semana pasada 3o minutos fronte ó Santaballés. Faima falta moito físico aínda, pero estou contento. Levando tantos anos no fútbol non é tan dramático volver a nivel físico.

FIL: Cal é o obxectivo do equipo para este ano?

M: A idea é permanecer na categoría. Se non hai problemas de lesións, nestas épocas sempre se baixa un pouco o ritmo porque os rapaces novos están con exames, non deberiamos ter problemas para salvarnos e poderíamos estar entre os sete primeiros. Hai un bo grupo, con rapaces moi novos.

 

«O equipo non ten dianteiro propio»

Mincha pasou polas categorías inferiores do Vilalbés, Roupar, Meira e Muimenta onde máis temporadas estivo como sénior

FIL: E a nivel persoal, que obxectivo te marcas?

M: Dar un pouco de competencia na parte de arriba. De feito, o equipo non ten un dianteiro propio; está xogando un rapaz que era mediocentro. Ó final se non tes competencia sempre te vas acomodando.

FIL: Chegas a unha Primeira moi competida, como a ves?

M: Dos últimos cinco ou seis anos é a máis competitiva. Equipos como a Sarriana, Lemos, que sempre é un candidato, e equipos que ó mellor non parecen que poidan ter un cadro forte de xogadores pero van empurrar como o Riotorto, Foz ou Xove Lago. Considero favoritos a Sarriana e o Lemos, pero o fútbol tamén é un pouco caprichoso. A min gústame a categoría. Os que están por abaixo é raro que non puntuaran tanto, aínda así, na segunda volta sempre se apreta e o descenso coido que vai estar preto dos 40 puntos.

FIL: Que ten para ti de especial categoría?

M: O fútbol é un deporte que me apasiona. Gústame o tema de competir e a Primeira Rexional é unha división moi bonita porque estás en toda a provincia. En cada equipo, 2 ou 3 xogadores marcan a diferenza e fai que sempre haxa que competir. Por exemplo, O Santaballes é un equipo con bos xogadores ao que non lle están saíndo de todo ben as cousas, pero fai que ó xogar contra eles teñas que saír ó máximo. Pasounos igual ca o Xermade que perdimos alí.  É unha categoría que se disputa e as as novas xeracións teñen que saír a dar a cara.

«A Terceira Autonómica é unha categoría con tendencia a desaparecer»

FIL: Aínda que o nivel da Primeira é bo este ano, hai varias temporadas había moito máis; que foi o que lle fixo baixar de nivel?

M: Na miña opinión vén influenciado porque a xente nova desde que pasa as categorías inferiores, non teñen esa atracción polo fútbol. Esa ilusión e gañas por competir todos os domingos. Xa se ve, por exemplo, que a Terceira Autonómica é unha categoría con tendencia a desaparecer. É unha pena pero a xente prefire dedicarse a outras cousas.

FIL: Poste algunha cifra goleadora de aquí ó final de temporada?

M: É moi relativo porque non son goleador. Claro está, que ó xogar arriba é o que che esixen. Son máis de control de balón, de apoios, de xogar de cara…Ogallá puidera darlle 7 ou 8 goles ó equipo que nos virían moi ben a todos.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Artículos: 548

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.