Desde Futbolinlugo, queriamos facer hoxe, Día do Pai, unha homenaxe a todos aqueles proxenitores que, semana tras semana, trasladan aos rapaces aos adestramentos ou aos partidos e apoian desde a bancada día si día tamén. Dous destes meritorios pais son, á vez, dúas figuras ben coñecidas entre a xente de fútbol da provincia. Falamos con Juan Álvarez […]
Na presente tempada o fútbol provincial chegou a un dos recunchos cos que tiña unha débeda pendente, A Fonsagrada. Así, partindo cunha modélica instalación de herba artificial de última xeración, o concello fonsagradino xunto coa xunta directiva da AD. Montaña Oriental, puxéronse en contacto con varios adestradores, pero tomaron a decisión de que eu fora […]
Recordamos hoxe na nosa hemeroteca un dos últimos ascensos da Residencia. Campaña 2010-2011. O cadro da Cheda empezaba unha década gloriosa, na que chegou incluso a Preferente. Algo que pode repetir moi pronto. Pero á beira do ‘Carrefour’ soñan ao grande e agora queren que sexa o seu filial o que suba á Primeira Galicia. Será […]
Calquera non pode dicir que con pouco máis de 20 anos pasara xa polo Real Madrid, aínda que fora pola súa canteira. Pero aínda hai moitos menos que poidan dicir que teñen a humildade e a fortaleza para sobrepoñerse aos problemas e pasar de xogar no Real Madrid C a facelo no Atlético Escairón. Pode dicilo […]
O bo tempo acompaña esta semana as notas de Futbolinlugo nunha xornada na que foi a última da competición regular na Terceira Galicia grupo norte. A SD Ourol e Roupar ascenderon directamente a Segunda Galicia (co equipo da Mariña proclamándose campión de Liga este pasado sábado). Agora nesta categoría queda a loita polos play offs […]
Esta semana presentamos certas novidades na sección, ademáis de algún que outro protagonista pouco habitual!
Xa coñecemos os cruces que van ter lugar nas distintas copas de Fútbol-8 da provincia de Lugo, velaquí os diversos enfrontamentos e datas. Faltan por saber quenes serán os protagonistas de cada choque, o que se determinara en función dos postos nos que remate cada equipo as fases previas!
O Departamento de Comunicación do CD Lugo presentou o pasado día 3 de marzo un novo modelo de campus, que terá lugar os días 10 e 11 de abril no Campo do Ceao. Nel, os protagonistas serán os porteiros. Nenos nacidos entre 2001 e 2007 poderán participar nesta experiencia que consistirá en adestramentos específicos para […]
Xeración do 95. Non é a dos Antonio Machado e compañía. E unha das mellores fornadas de arqueiros da nosa provincia. E esta xornada foron protagonistas. Nunca foi tan complicado decidir a quen darlle a portería da semana. Ata se sumou á festa algún máis veterano. Coma Trullo, que detivo un penalti para o Xove Lago. […]
Volveu ser a segunda fin de semana de marzo de derbis lucenses na Preferente Norte cuxos xogadores teñen o seu protagonismo no once Futbolinlugo. E menos mal que houbo duelos provinciais para que algún dos nosos fixera puntos, porque os enfrontamentos lucenses contra outros rivais acabaron nesta xornada con derrota. Comezamos polo derbi do Pepe […]
Viaxamos case nove anos atrás. Ao campo do Roupar. Alí ascende o Cabreiros a Primeira Galicia tras vencer por 0-2. Festa a domicilio. Pero como cambia isto do fútbol, porque agora o que ascende é o Roupar. Despois de subir hai pouco máis dunha semana, volverán atoparse cos vilalbeses na Segunda Autonómica a próxima campaña, salvo […]
A humildade, a garra, a paixón e, sen dúbida, confiar en sí mesmos pode ser o que mellor defina ó C.D.Cospeito durante toda a súa historia. Xa pasou tempo dende a súa creación, alá por mediados dos 80, moitos momentos de éxtase e tamén outros de tensión por acadar o esforzó esixido na tempada. Dende […]
Jon Vázquez deixou esta semana de ser o adestrador do Chantada Atlético. O club chantadino tomou esta decisión despois dos últimos resultados do equipo e co obxectivo de reactivar ao seu cadro de xogadores. Dese labor encargarase agora o xogador Fran Regal de quen o seu antecesor fala marabillas. Apenas 3 días despois do acontecido, Jon […]
Entra marzo e con el o tramo decisivo da temporada, mesmo na Terceira Galicia a vindeira xornada xa será a última en canto a competición regular se refire. Desta maneira as notas Futbolinlugo tamén se ven influenciadas por aquelas actuacións que poden resultar decisivas o final de temporada. A figura: Chungui do Xermade Diego Bellas […]
Un mércores máis, chegan os mellores tweets da semana á web de Futbolinlugo. Presentamos novidades na sección, pero tamén contamos con habituais da mesma!
En conmemoración do Día da Muller que se celebra hoxe día 8 de marzo, facemos un repaso das clasificacións dos tres principais equipos de fútbol feminino da provincia de Lugo.