#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

Iván González: «Necesitamos a todo o mundo»

Oito partidos. Oito finais. Así afronta o Atlético Escairón a recta final da temporada na Preferente. Dous meses nos que cada fin de semana se librará unha nova batalla pola permanencia. A situación é complicada no Saviñao mais os novos preparadores atópanse capacitados para o reto. Iván González, peso pesado do equipo, forma parte do mesmo. Ademais da súa responsabilidade como xogador, agora conta co engadido da parcela técnica.

FUTBOLINLUGO: Boas Iván! Antes de nada, como se atopa o equipo?

IVÁN GONZÁLEZ: Estamos nunha situación delicada. Cando se chega a esta situación con dous adestradores, sempre é complicado. O bo é que seguimos dependendo de nós mesmos. Quedan oito partidos e ímolo tentar ao final. Aínda que sabemos que é complicado.



FIL: Por onde pasan as opcións de permanencia do Atlético Escairón?

I. G: Non sei cantos puntos habería que sacar. As nosas opcións pasan por ir partido a partido. O fundamental agora é recuperar á xente que temos lesionada para o primeiro partido que temos ante o Arteixo.

FIL: Falabas antes de cambios de adestradores. Pillouvos por sorpresa a marcha de Charly?



I. G: Eu respeto a decisión de todo o mundo. Para min, sí que nos colleu por sorpresa. Eu pensei que ía quedar ata final de temporada. Agora, respetalo e nada máis.

FIL: E agora, ademais do teu cometido no campo… tamén tes o engadido da dirección dos xogadores.

I. G: Non levo moi ben a situación. A Iago e a min pedíronnos que colaboraramos co clube botando unha man. E hai que facelo. É algo polo que non imos cobrar un duro, queremos axudar aos xogadores. A súa actitude é impresionante, axudan en todo.

FIL: Quen vos fixo esa petición? Quen solicita a vosa man?

I. G: Coa marcha de Charly, o clube tentou fichar a algún adestrador. As negociacións non fructificaron. Dixéronnos que máis cambios serían unha tontería polo tema de chegar e non coñecer á xente. Que nós conociamos ben a plantilla… Preguntásenos e contestamos que fagan o que eles vexan oportuno.

FIL: Entón o rol de Javi López non é o habitual dun técnico?

I. G: Él é o adestrador pero chega a un clube que non coñece. Nós o que facemos é axudarlle a coñecer aos xogadores. En ningún momento nos metemos ao papel de adestradores, nin nos gusta iso. Iago ten a desgraza de estar lesionado pero eu o que quero é xogar e axudar no campo.

[themoneytizer id=»15360-4″]

FIL: Dende agora, imaxínome que xa estaredes pensando no seguinte encontro ante o Atlético Arteixo…

I. G: A situación é complicada pero hai que preparar ese partido. O principal é que a xente se recupere. Necesitamos a todo o mundo. En Viveiro lesionáronse tres xogadores importantes, Javi o porteiro está tamén lesionado… A partir de aí, temos que preparar ese partido.

FIL: Falabas do partido de Viveiro. Un encontro no que apareceron de novo nomes e homes que non acostumaban estar nas últimas semanas. Vénseme á mente, César sen ir máis lonxe…

I. G: Alí perdemos 4-2 e foi o mellor partido da temporada. Todo o mundo é importante nunha plantilla. Por exemplo, no caso de César teño amizade personal con él. Díxenlle que o vía unha persona triste e que tiña que ser o mellor xogador que hai na plantilla. É dos mellores xogadores que temos. Pode marcar diferenzas. Fixo un auténtico partidazo, tanto él coma Quiroguita.

Fotografías: Melanie de la Fuente

[themoneytizer id=»15360-16″]

Iván González: «Necesitamos a todo o mundo»

Palabra de… un afeccionado: «O fútbol… é

Iván González: «Necesitamos a todo o mundo»

As nosas redes falan!

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *