II Copa Gallaecia Infantil e Alevín

 

O fútbol feminino está a medrar sen ningún tipo de dúbida na nosa provincia e, en xeral, na nosa comunidade. Cada vez, por fortuna, contamos con máis clubes femininos e de maior nivel en Lugo.

Pero para chegar a este índice de desenvolvemento, é primordial comezar desde abaixo, desde a base. Ao igual que en categoría «sénior», o fútbol base feminino tamén está gañando popularidade entre as rapazas gracias, en parte, a grandes iniciativas dos clubes provinciais.

O último gran acontecemento de fútbol base feminino foi a disputa da 1ª xornada da II Copa Gallaecia infantil e alevín no Municipal Rodríguez Lago o pasado luns 2 de abril.

Os equipos participantes nesta primeira das catro xornadas desta competición foron en categoría infantil SCD Milagrosa, Sárdoma CF, Orzán SD, Victoria FC, Victoria CF e Peluquería Mixta Friol, e en alevíns SCD Milagrosa, Orzán SD, AD Bosco Rosalía, Victoria FC, Victoria CF e Sárdoma.

Futbolinlugo, por cortesía da SCD Milagrosa, conta cunha pequena galería de imaxes

desta primeira e apaixoante xornada da Copa Gallaecia!

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Artículos: 525

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.