As nosas redes falan!
Un mércores máis, escollemos a mellor selección dos comentarios nas nosas redes. Sen dúbida, o Arde Lvcvs foi o protagonista. Os nosos xogadores tamén teñen dereito a un merecido descanso!
Un mércores máis, escollemos a mellor selección dos comentarios nas nosas redes. Sen dúbida, o Arde Lvcvs foi o protagonista. Os nosos xogadores tamén teñen dereito a un merecido descanso!
O noso Diario dun mercado quixo dar unha volta por terras que tiñamos algo abandonadas. Porque sempre hai algo que contar en tódolos lados. Agora xa sabemos, que Negrete seguirá á fronte do Oural unha campaña máis. Así mesmo, algún dos veteranos do equipo colgará as botas. Agardemos que non sexan moitos! Baixamos algo máis […]
Arranca a primeira semana de xullo con máis novidades no noso mercado. Fichaxes e renovacións no centro da provincia, xunto con novos inicios de pretemporadas que xa se confirman. Ademais, un cambio de presidente nun dos equipos revelacións desta temporada. Na Preferente Norte continúan as novidades no Castro. Un dos seus xogadores máis destacados, Omar, renovou […]
Un dos banquiños máis míticos da provincia ten novo inquilino. Referímonos ao da Ponte. Merino, exxogador de Santa Comba e Guntín, colga as botas e faise cargo do San Lázaro. Onde non cambian é en Riotorto. Labrada manterase á fronte do cadro da Veiga. Contará cunha gran parte dos futbolistas da pasada campaña. Marcos, Diego […]
O fútbol é o que é pola xente que o practica e que o vive. E iso nótase, sobre todo, nos sitios máis pequenos onde se aprecia verdadeiramente o que supón pasar de xogar no equipo do pobo a dalo salto ás mellores ligas do mundo. De algo disto sabe a xente de Vilalba e […]
Arde Lucus! E arde o noso mercado. Na Mariña non paran. O Ribadeo confirmou o regreso do ‘killer’ focego. David Rodríguez volta ao Pepe Barrera logo dunha tempada na Terceira División co Ribadumia. No outro extremo desta fermosa comarca, o Viveiro perde dous efectivos. O lateral esquerdo Jorge García deixa o clube ao igual que […]
Xusto! Xusto seguirá un ano máis na Chaira. O central mariñán continuará sendo un dos máximos expoñentes da zaga do Racing Villalbés. Falando de talentos mariñáns, semella que un deles cambiará de aires. Manolito non renova con Valadouro e os mentideiros futbolísticos sitúano xa en Foz. Co cal o eterno Gayol tería o seu nove […]
As novidades en canto a renovacións, baixas e fichaxes seguen marcando a actualidade do fútbol lucense. Neste diario dun mercado é o turno para un equipo da Mariña, dous do corazón da Terra Chá, outros dous con moita importancia na capital da provincia e un da zona sur. Na Preferente Norte, o Viveiro incorporou ao […]
Chegou o verán para as nosas guerreiras. A participación dos clubes lucenses de fútbol feminino nesta 2016/2017 rematou este fin de semana coa final de Copa disputada pola SD Antas ante o Mos. Futbolinlugo fai hoxe unha síntese da temporada das xogadoras.
Concluíu a temporada para a maioría dos nosos lucenses, pero as nosas redes continúan en funcionamento. Velaquí o máis destacado desta semana!
27 de xuño. Pensabamos que estaba todo o peixe vendido, pero non. Esta fin de semana disputarase unha das fases de ascenso máis surrealistas que se recordan. Será por un posto na Liga Galega Infantil. Unha praza que, en principio, estaba destinada ao gañador da eliminatoria Racing Villalbés-Imperátor. E que agora pode ser para ningún […]
Na Chaira siguen chegando as novidades para unha nova tempada na Preferente. O Outeiro asinou ao excentral da Sarriana Muñiz, formado na base do Racing Villalbés. Pola súa banda, os veciños do Castro conseguiron renovar a un dos seus canteiráns estrela: Hugo Buide. Sen movernos da Preferente, o Atlético Escairón segue ilusionando á súa parroquia […]
O Lugo B é o campión da trixésimo cuarta edición da Copa de Preferente e Primeira ao gañar por 0-2 ao Monterroso en Cantarrana. O encontro estivo moi igualado, marcado por unha alta intensidade na que non se notou a diferenza de categoría entre os dous conxuntos. O Monterroso tivo opcións para adiantarse na primeira […]
O noso fútbol quedou un pouco máis orfo a noite do venres. Minarzique deixounos moi pronto, aos 21 anos. Esa temible e odiosa enfermidade puido con él. Descanse en paz. Dende aquí, mandámoslle un abrazo moi forte ás familias do Valadouro e do Burela, onde se formou. Esa mesma noite o Castro anunciou dúas renovacións […]
O verán chegou oficialmente, aínda que este ano parece que leva con nós desde sempre. Como aquela fichaxe que está máis que cantada pero que non se fai oficial ata finais do mercado. O dito, con esta estación o calor comeza a pedir máis piscina e praia ca campos de fútbol. Aínda así, hai unha […]
Arden as fogatas e arde tamén o mercado do fútbol lucense. Na Terceira División, o porteiro Marcos Souto, o central Diego Muíña, o lateral Diego López e o dianteiro Sergio Arias seguirán un ano máis formando parte do Racing Vilalbés. Pola súa banda, un dos que foi capitán nas últimas temporadas, o lateral Álex, deixa o conxunto […]
Avecínase unha auténtica festa futbolística este fin de semana no Anxo Carro, a CDLU CUP. Da man do organizador, o CD Lugo, daránse cita no estadio lucense rapaces pertencentes a algunas das mellores canteiras da Pensínsula Ibérica.
A SD Antas feminina está a bater récords esta campaña. O pasado sábado, o conxunto desprazouse a Boiro para xogar a semifinal da Copa. Un gol de Jenny otorgou a vitoria ás lucenses, que disputarán a final ante o Mos en Padrón.
Agora que o verán chegou, xa non hai ningún tipo de escusa para non seguir falando do noso mercado. Queda un período estival movido. Na Terceira División o Racing Vilalbés confirmou as súas primeiras renovacións en canto a futbolistas. O porteiro Javi Pita seguirá un ano máis despois de chegar no mercado invernal na súa […]