Fito Periale, novo fichaxe neste mercado do Lemos

Trío de Ases O Cantón. O Polvorín volve gañar sete xornadas despois

Volveu o noso fútbol despois do parón polas festas do Nadal e fíxoo con partidazo na Madalena. O Racing Vilalbés sumou un importante punto diante dun Pontevedra chamado a ocupar un dos postos de ascenso. En Terceira RFEF, o Polvorín comezou o ano da mellor maneira. Os de Roberto Trashorras venceron na Cheda ao Arzúa. […]

Paco López: «Os resultados non eran acordes co nivel do Cabreiros»

Paco López deixou de ser a finais de ano adestrador do Cabreiros. Paco López puxo fin a súa segunda etapa como técnico do cadro da Acea. Paco López deixa ao equipo con tres puntos de marxe sobre os postos de descenso directo.  Francisco López Rivera ‘Paco López’ fíxose cargo do Cabreiros en setembro de 2022. […]

Distancias a campos dende Quiroga

32 desexos para o 2024 na Segunda Galicia

Os 32 equipos da 2ª Rexional deixan os seus desexos para o novo ano. Fano a través dos seus capitáns. Eses xogadores que falan fóra e dentro do campo, desta volta fano tamén en Futbolinlugo.  A Segunda Rexional retomará a competición na segunda fin de semana de xaneiro (13 e 14). En ambos grupos falta […]

O Ribadeo foi o campión da Copa Deputación 2023 ao derrotar ao Chantada Atlñetico na final

De Segunda RFEF a Preferente…os desexos dos conxuntos lucenses para o 2024

O 2023 resultou histórico para o fútbol lucense. O Racing Vilalbés acadou un ascenso a Segunda RFEF que parecía utópico non moito tempo atrás e a Sarriana foi quen de subir a Terceira RFEF por primeira vez na súa historia. O Ribadeo tamén rematou a temporada con celebración coa conquista da Copa Deputación. Recollemos os […]

O ano 2023, en doce novas

Remata o ano 2023, que consolidou a «nova normalidade» no noso fútbol logo de varias temporadas difíciles. Un curso no que os integrantes do fútbol lucense vivimos momentos especiais e dignos de lembranza. Lembranzas que non sempre estarán acompañadas por sorrisos, senón tamén por bágoas. Así é o noso deporte: ás veces cru, outras ditoso […]

José Cendán ‘Basi’ (UD Pastoricense): ‘Non se pode descartar a ninguén na pelexa polo ascenso’

O Pastoricense voltou despois de moitos anos á Segunda Autonómica. Despois dunha temporada na que non foi posible acadar a permanencia, o club mantivo a súa filosofía, aínda que renovou o seu cadro de xogadores con futbolistas novos e comprometidos. Ao banquiño do Acebreiro chegou José Cendán Paredes ‘Basi‘, que logo dun periplo á fronte […]

O Páramo colle o temón no grupo sur

Rematou o ano futbolístico na Terceira Galicia e fíxoo con troco de líder no grupo sur. O Rubián perdeu o seu primeiro partido da temporada diante do Corgo e o Páramo, co seu triunfo fronte ao Taboada B, colleu o testigo dos de Senén López. O Sober venceu ao Relámpago Taboada e recurta diferencias cos […]