#Primeira Futgal #Fútbol afeccionado

Os desexos da Primeira Galicia para o 2024

A Primeira Galicia está de noraboa, porque comezará o ano cun novo patrocinio en Futbolinlugo: Salvatierra Abogados pasará a formar parte da nosa comunidade apostando forte pola sección dos Máxicos.

Uns Máxicos que comezan o ano coa vista posta na consecución dos obxectivos, e que desde cada club marcan unha meta diferente para o ano 2024. Estes son os desexos de cada un dos conxuntos da categoría, que apostan por un curso de saúde e traballo para seguir medrando.

Desexos dos 18 equipos de primeira galicia

SD Pol: Ao 2024 pedímoslle que se porte como o anterior para así chegar ó noso obxectivo, que non é outro que o ascenso.

Atlético Escairón: Desfrutar do fútbol e do que o rodea: afección, amigos, etc..



Chantada Atlético: Saúde e crecemento é o que mellor se axusta ao club actualmente!

muimenta

SD Burela: Manter a mesma ilusión, compromiso e dedicación que levamos mostrando ao longo da temporada.

SD Chantada: Saúde para que todos os nosos xogadores podan seguir dando alegrías á nosa afección. Con iso, cumpriremos o obxectivo de ser moi competitivos e manterémonos na loita de estar na fase de ascenso.



CD Santaballés: Que o 2024 veña cargado de ledicia, con todo o que engloba e con moito fútbol. Desfrutar do que facemos e do que representamos.

SD Outeiro de Rei: Saúde para todo o plantel, ambición para ser mellor equipo domingo tras domingo, e renovación das instalacións para adestrar en boas condicións.

Taboada CF: Ante todo moita saúde para a familia do Taboada CF. Ilusión e gañas de mellorar día a día.

adestradores de "Primeira"
O antigo míster do Portomarín xunto ao segundo do Burela.

SD Monterroso: Seguir sen pasar apuros, mellorar a regularidade no xogo e en canto a resultados positivos.

Meira CF: Recuperar a xente lesionada e seguir competido como na primeira volta e dando pasos adiante neste regreso a primeira autonómica despois de tanto tempo.



CD Foz: Seguir formando aos moitos rapaces novos que temos, que collan experiencia e sobre todo aguantar a categoría, se pode ser do medio cara arriba.

UD Xove Lago: Esforzo e traballo para acadar o obxectivo da permanencia.

CD Guntín: Saúde para o noso entorno e traballo. Compromiso, esforzo, e motivación para desfrutar do grupo que formamos. E competir para acadar a salvación.

CF Riotorto: Que sexa un ano tranquilo na categoría e que nos respecten as lesións e que o 2024 veña con moitas victorias para o Riotorto.

ED Lourenzá: Que nos respecten as lesións para seguir sendo competitivos e acadar o obxectivo o antes posible, xa que este grupo de xogadores é espectacular, tamén pola afección e directiva que o teñen moi merecido. E que o clube siga medrando baixo a mesma filosofía, coa que os rapaces da base son cada vez máis protagonistas.

CF Portomarín: A pola salvación nun ano de cambios.

SCD Milagrosa: En primeiro lugar saúde para todos que é o mais importante, e deportivamente, a permanencia. Pensamos que nos está pasando factura o primeiro ano en Primeira despois de moitos de non estar nesta categoría ,pero estamos convencidos que todos xuntos imos a conseguilo.

Guitiriz SD: A este ano pedímoslle manter a categoría e seguir evolucionando como equipo e como club.

primeira

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *