#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Terceira RFEF

De Segunda RFEF a Preferente…os desexos dos conxuntos lucenses para o 2024

O Ribadeo foi o campión da Copa Deputación 2023 ao derrotar ao Chantada Atlñetico na final

O 2023 resultou histórico para o fútbol lucense. O Racing Vilalbés acadou un ascenso a Segunda RFEF que parecía utópico non moito tempo atrás e a Sarriana foi quen de subir a Terceira RFEF por primeira vez na súa historia. O Ribadeo tamén rematou a temporada con celebración coa conquista da Copa Deputación.

Recollemos os desexos destes e do resto de clubs da nosa provincia, desde Segunda RFEF a Preferente.

RACING VILALBÉS. «Ogallá as lesións nos permitan seguir creando un grupo forte e unido, que sexa capaz de acadar de novo que os nosos soños se fagan realidade. No 2024 o club debe seguir medrando paseniñamente no seu proxecto deportivo e social» (Simón Lamas, adestrador).

POLVORÍN. «Que os nosos xogadores siguan medrando e formándose e que moitos delas podan chegar ao primeiro equipo. Ogallá sexamos cada vez máis competitivos e fagamos mellor as cousas para gañar partidos. Moita saúde para todos!» (Roberto Trashorras, adestrador)



VIVEIRO. «Desde Viveiro desexamos saúde e felicidade a todos os nosos socios e xogadores, e que no 2024 sexamos aínda máis competitivos a pesar de ser o presuposto máis baixo da Terceira e podamos cumprir o soño da permanencia» (Alberto López, adestrador).

SARRIANA. «Moita saúde para todos, é o máis importante. No deportivo, consolidar o equipo na Terceira e que o club poda seguir medrando. Esperemos seguir nesta boa liña de xogo e rematar conseguindo a permanencia e quedar o máis arriba posible» (Jorge Cuesta, adestrador).

RIBADEO. «No 2024 debemos seguir medrando e dando pasos desde o traballo e a humildade para consolidadar o proxecto de darlle ao club a estabilidade necesaria» (Dani Moirón, adestrador).



LEMOS. «Que o 2024 sexa un ano cheo de acertos e éxitos deportivos. Que cada adestramento sexa unha oportunidade de crecemento para poder acadar os obxectivos marcados. O noso maior desexo é ter a alegría de compartir os triunfos coa nosa afección» (Juanlu Bernal, adestrador).

RESIDENCIA. «O gran obxectivo é que nos respeten as lesións e podamos ser competitivos como en temporadas anteriores e podamos manter a categoría». (Dani Galán, adestrador).

CASTRO. «O noso desexo é seguir sendo competitivos e podamos completar un ano tan exitoso como foi o 2023» (Rafa Casanova, adestrador).

De Segunda RFEF a Preferente…os desexos dos conxuntos lucenses para o 2024

2024, o ano de crecemento da comunidade

De Segunda RFEF a Preferente…os desexos dos conxuntos lucenses para o 2024

32 desexos para o 2024 na Segunda

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *