Tito marcou o gol que significou a vitoria do Cospeito no derbi ante o Muimenta da 1ª volta da temporada 23/24 na 2ª Rexional

Tito, gol 10 anos despois para un Cospeito gañador do derbi

Tito é o home da semana en Cospeito. Un gran gol de Tito deulle a vitoria ao Cospeito no derbi ante o Muimenta. Foi nos últimos intres cun disparo de volea dende fóra da área. É o terceiro gol de Tito na súa carreira sénior. O segundo que lle marca ao Muimenta. Os datos das […]

Máxicos Futbolinlugo. Xornada 12

Semana de derbis para os Máxicos, que se saldaron con emoción e goles a partes iguais. O Foz e o Burela empatan nun derbi espectacular (3-3). Comezaron mellor os visitantes no Martínez Otero e, no 25′, xa mandaban por 0-2. Porén, os focenses recurtaron diferenzas antes do descanso e empataron na reanudación por medio dun […]

8 de 8 para o Celta Barreiros

Javi Andina foi un dos protagonistas na vitoria do Celta Barreiros ante o Goiriz para seguir coa xeira de oito vitorias

Ospina chegou no verán de 2023 ao Oural para competir na Segunda Galicia

Ospina e Cayuela, golazos ao servizo do Oural

Ospina e Cayuela volveron ser determinantes na vitoria do Oural. Traballo no medio do campo e goles ante o San Roque. Ospina anotou dende o propio centro do terreo de xogo. Cayuela deulle de vaselina no borde da área. O Oural mantense primeiro na Segunda sur e lidera o ránking de puntos e goles. Os […]

Martín Piñeiro, máximo goleador da Terceira Futgal

A adversidade climatolóxica marca a xornada de Terceira Galicia

O Celta Barreiros abre oco no liderado do grupo norte tras vencer con dificultade ao Matela. Segundo é o Castroverde que lle arrebata a praza ao Casás que non pasou do empate co Cazás nun encontro non apto pra seseantes. O Friol B xa sabe o que é puntuar logo de empatar fronte ao Celeiro. […]

Once inicial do Cabreiros no partido da oitava xornada de liga ante o Muimenta xogada na Acea (05/11/2023)

Alberte Ledo, chegar e encher no Cabreiros

Alberte Ledo regresou a pasada xornada ao fútbol da provincia. O xogador pontés fichou no Cabreiros e debutou con gol na primeira vitoria do equipo na tempada. O mediapunta portou o ’10’ do cadro da Acea. Foi nunha tarde chuviosa, pero con menos lama se o comparemos coa maioría dos campos da provincia.  Os datos […]

Máxicos Futbolinlugo. Xornada 10

Semana «triple» para uns Máxicos que competiron este domingo contra as inclemencias meteorolóxicas.