#Sin categoría

Futbolinlugo deixará a súa actividade diaria a 31 de decembro

Oito anos despois da súa creación, Futbolinlugo tomará un novo rumbo no 2024. Desde a nosa aparición, alá polo 2015, unha das nosas premisas básicas era a creación dun contido diario como mínimo (ben na web ou nas R.R.S.S). Pois isto cambiará a partir do 1 de xaneiro de 2024. Iso si, a despedida será ao grande o día anterior.

Non é un adeus definitivo nin moito menos. É unha pausa necesaria e moi reclamada por parte dos catro redactores desta casa. Os seus traballos e o número actual de colaboracións (mil grazas a todos os nosos patrocinadores pola súa axuda) resultan insuficientes para manter unha estrutura de redacción profesional no tempo.

Non descartamos volver coa creación editorial diaria nun futuro, todo hai que dicilo. Porén agora é o momento do ‘menos é máis’. De rebaixar o número de accións pero coa calidade que demandades como seguidores esixentes que sodes.

Así que tras un longo proceso de reflexión, optamos por manter en 2024 as seguintes actividades:



Portada da última Guía

As nosas R.R.S.S e web seguirán abertas para difundir todas estas actividades como se merecen. E como agradecemento a todos estes anos para ser a vosa hemeroteca de referencia. Vémonos no 2024! Un ano distinto pero un novo ano de Futbolinlugo!

Futbolinlugo deixará a súa actividade diaria a 31 de decembro

O partido en imaxes: Brollón – Becerreá

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *