O CD Lugo, na procura do éxito no fútbol feminino

O pasado verán, chegaba ás nosas casas unha nova sorprendente: o CD Lugo rompía o seu convenio co PM Friol, recén ascendido á segunda categoría do fútbol nacional. Porén, o clube albivermello non renunciou a contar coa sección de fútbol feminino, de xeito que fundou un novo conxunto na Segunda Galicia. De feito, ocuparía a […]

Sanitarios de ouro. Capítulo 3

As historias do día de hoxe chegan cargadas de sentimento e emoción. Un día máis nesta atípica situación, profesionais como eles xóganse a súa integridade pola sociedade. Nós queremos dar visibilidade a estes heroes anónimos que, ademáis, cada fin de semana déixanse a pel nos terreos de xogo.

Rubén Pena: «Non hai Preferente ningunha; eu vou para Xermade»

Tanta facilidade para marcar goles, como sentimento para manterse afín a unhas cores. Rubén Pena López (Xermade, 27-03-1977) iniciouse no fútbol no colexio, coma tantos outros pícar@s. No Monte Caxado das Pontes formouse un grupo de rapaces que pasarían do fútbol sala ao fútbol campo. Arriba había un equipo que daba que falar en toda […]

Sanitarios de ouro. Capítulo 2

Corren tempos difíciles para todos. A crise do coronavirus Covid-19 ten a máis dun tercio da poboación mundial confinada na súa casa. Un dos danos colaterais que supón esta situación é a ausencia de toda competición deportiva, profesional ou non. Isto é, que estamos sen fútbol. E polo momento, non hai trazas de cambio.

Que facemos coa temporada?

Abrimos o abano de opcións ao longo da provincia

Cholas (RC Villalbés): «Estamos moi animados tras os últimos resultados»

O Racing Villalbés leva anos sendo un dos equipos referencia do fútbol base provincial e autonómico. O clube chairego é un dos rivais máis temidos de toda competición. Especialmente na casa. Os rivais, conscientes da tamaña empresa que supón sacar algo positivo do fortín chairego, temen o día da súa visita ao Estadio Roca.

O partido da xornada… CD Cospeito – SD Muimenta: o derbi xógase na casa

É un deses partidos diferentes. Un auténtico duelo entre veciños. Un encontro cuxa rivalidade habería que buscala na prehistoria. Moito antes de que chegase o fútbol. Na raíz máis fonda das rivalidades locais que, para ben ou para mal, temos por estas terras. A envidia do veciño só lle falta ser deporte olímpico. En pleno […]

O Carballedo CF chegou para quedarse

Comezaba xullo do 2018 cando unha nova chegaba aos nosos fogares: o concello do Carballedo tería un representante nos campos de fútbol a partires de ese momento. Baixo o nome de Carballedo CF sería creado un conxunto feminino que pasaría a competir na Segunda Galicia.

Un ascenso pendente do que poda pasar

Estamos nunha situación de incerteza constante. Preocupados polo que poda pasar, pero coa obriga de mantela calma. O fútbol pasa a un segundo plano sempre. E máis aínda cando a saúde está polo medio. Iso non quita de que siga sendo un xeito de vida. Por iso, moit@s nos preguntamos que pasará agora coas competicións. […]

Así está a carreira polo All Star na Preferente

Aproveitamos o parón futbolístico por mor da pandemia do coronavirus para facer un repaso da clasificación do Trío de Ases da Preferente, coa vista posta no II All Star Futbolinlugo programado para o 13 de xuño en Chantada. Así está logo de vinteseis xornadas disputadas: TICHU (Viveiro): 31 puntos ADRIÁN DÍAZ (Lemos): 30 puntos XAIME […]