O anecdotario: Ausente na charla, por Criss.

Quen non atendeu a un adestrador nas instruccións pre-partido?

Era a tempada 13/14. Quedáramos campións do grupo norte de Preferente e tiñamos que xogar contra o campión do grupo sur, o Ribadumia.

O día anterior xogáramos partido de Copa en Escairón. Entón decidimos uns cantos do equipo ir xa o sábado ‘concentrarnos’ a Pontevedra. Aquel 24 de maio fumos ver o partido de Champions que acabou co ben sabido gol de Ramos no desconto. O gran Carri dixera: “Como gañe o Madrid vaia festa vamos facer…”.

Parte da escena do crime

Curiosamente foi o único que ao acabar o partido se foi deitar. Os demais fumos dar unha voltiña e cando nos demos conta era de día. Fomos para o hotel e pouco tempo máis tivemos que para unha duchiña e para ir a Cambados comer. Nada de pasta, comimos ben con postre caseiro e demais…

Acabamos e para o campo, alí xa nos veu o míster e xa dixo: “Uuuy vou ter que poñer o globo a ver como está o tema… Logo na charla do único que me dou conta é de escoitalo dicir: “Teñen un xogador ‘negro’ de pel que vai de puta madre de cabeza, moito ollo que vai moi ben”. Empeza o partido. Botamos cinco minutos sen tocar o balón. E a primeira vez que o tocamos, córner en contra. Lanzan o córner e plas, testarazo do tipo. Deulle un ‘ostiazo’ coa cabeza máis forte do que lle podería dar eu co pé naqueles momentos.

Eu, que quedara arriba no córner, miro para o banquiño e xa vexo alí ao míster xesticulando: “Non volo dixen? Non volo dixen? Estábades avisados!”. E mirando para o resto dos compañeiros que estaban no banquiño: “Vai ou non vai ben de cabeza?”. Naquel momento pensei, todo o ben que o pasáramos a noite anterior vamos sufrilo agora no campo… No minuto 80 xa non me aguantaba de pé e vendo que estaba quentando o que durmeu toda a noite pedín o cambio, era o turno de Carri. A día de hoxe sigo pensándome como ‘carallo’ fomos capaces de levantar aquel partido e acabar ganando 2 a 5.

Os adestradores pasan moito tempo preparando as sesións de adestramento e os partidos. Dirixido a eses xogadores que están ausentes nas charlas prepartido, fagamos caso ás charlas.

Cristopher Díaz Linares ‘Criss’. Sinónimo de gol, dianteiro do Ribadeo

Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez
Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.
Artículos: 754

Deja un comentario