Diario dun mercado. Episodio 93

O Racing Vilalbés continuará capitaneado por Pablo Vivero. O club fixo oficial a renovación do mediocentro por unha temporada polo que cumprirá a súa vixésimo cuarta no cadro chairego. Ademais, o equipo adestrado por Juan Peón, comunicou a renovación do central Diego Muíña. Na Primeira o Santaballés reforza a defensa coa chegada de Alberto Cornide […]

Diario dun Mercado. Episodio 89

Cargadiña de novedades. Así chega a 89ª edición do noso Diario dun mercado. Comezamos falando da Preferente Norte, na que o CD Castro incorpora ao seu «staff» técnico ao adestrador de porteiros Dani Pérez, procedente da base do CD Lugo.

Diario dun Mercado. Capítulo Piloto

Comezamos o noso relato cunha importante ración de banquiños. No capítulo de renovacións, José Durán asumirá o reto do Polvorín na Terceira División logo de conquerir o ascenso. Outro que segue tras ascender é Jesús Gayol, á fronte do Foz. Baixando unha categoría, na Primeira, son moitos os que continúan. Edu buscará o ascenso no […]

Destacados Primeira. Xornada 32

*Xermade-Taboada: Un dos encontros máis épicos da tempada. O Taboada adiantouse nada máis comezar. Roi fixo un penalti e deixou aos da Medela sen porteiro preto do cuarto de hora. Noé, dianteiro, púxose as luvas e detivo a pena máxima. A pesares das baixas e a inferioridade numérica, os de Martín Murado puxéronse 0-3. No […]

O partido da xornada . . . S.D Sarriana – C.D. Foz: máis de medio ascenso en xogo na Ribela

Máis que partido da xornada poderíamos chamarlle partido da temporada. Enfróntanse os dous mellores equipos da Primeira Autonómica, ou iso di a clasificación. O líder, a S.D. Sarriana con 66 puntos recibe a visita do segundo clasificado con tan só un punto menos, o C.D. Foz. Será este domingo ás 17 horas na Ribela. Salvo […]

O partido da xornada . . . C.D. Foz – U.D. Xove Lago: os de Sancosmed poñen a proba ao intratable líder

O vetusto campo focense do Martínez Otero acollerá o domingo ás 17 horas un derbi mariñán do máis interesante. C.D. Foz e U.D. Xove Lago, equipos con pasado máis glorioso en categorías superiores pelexan por voltar a unha Preferente na que escasean os equipos da Mariña lucense. Ámbolos dous deron un paso adiante nesta temporada, […]

O partido da xornada . . . Viveiro C.F. – S.D. Outeiro de Rei: final anticipada pola permanencia

Dúas realidades distintas, dous equipos que comezaron o ano con obxectivos distintos, pero que con máis de media liga gastada teñen que afrontar un reto común: a permanencia en Preferente Autonómica. O vindeiro domingo día 4 de febreiro, ás 16:30 horas, Cantarrana será o esceario dun enfrontamento cara a cara entre Viveiro C.F. e S.D. […]

O partido da xornada . . . C.F. Riotorto – S.D. Sarriana: o ascenso en xogo na Veiga

O domingo ás 16:15 a Veiga recibe a un dos grandes favoritos ao ascenso de categoría, a S.D. Sarriana. Un equipo recén descendido da Preferente, que é terceiro na clasificación a un punto dos postos de ascenso e cun partido menos. Pero o anfitrión é o C.F. Riotorto. Os locales son os inquilinos do segundo […]

Demasiados sustos para unha soa tarde

Mal corpo. Corazón encollido. Así foi como rematamos varios dos amantes do noso fútbol o pasado domingo. Con dous sustos a falla de un. Pensando en dous homes e na súa saúde. En boas e tranquilizadoras novas. Esas que ao final chegaron. Agora, xa en frío, quixemos falar cos dous implicados. Saber a súa historia. […]

A mellor previa dunha espectacular Primeira

Xa está aquí. Chega a mellor Primeira Galicia da década. E dende Futbolinlugo queremos ofrecervos a mellor previa, así que aquí vos deixamos co análise máis completo da categoría, cunha descripción individual de cada un dos equipos participantes. Sarriana: O gran favorito ao ascenso. Reforzos de luxo, especialmente no centro do campo, e fortes en […]

Diario dun mercado. Episodio 34

O Rácing Villalbés segue sumando ‘fichas’ ao seu novo proxecto na Terceira División. Esta vez, en forma de renovación. Rubén Gómez continuará unha tempada máis na Magdalena. Nesta liña, todo apunta a que Vérez e Dani Montes (titulares onte frente ao Deportivo) quedarán no primeiro equipo. Así mesmo, Juanjo (Calasancio) reforza ao cadro xuvenil de […]

As notas da Segunda e Terceira nos cuartos da Copa

Xa só quedan catro equipos na competición. Esta próxima fin de semana xogaranse por así dicilo as finais territoriais, a do norte e a do sur, ou o que veñen sendo as semifinais para decidir quen optará polo título no último partido. Sporting Pontenova – Lourenzá será a semifinal do norte, mentras que Brollón – Friol […]

Así está o fútbol provincial: arrastres e compañía

O fútbol afeccionado lucense entra no seu tramo definitivo de competición e os nosos equipos xóganse moito nestes últimos encontros. Na Terceira División só quedan catro xornadas para rematalo campionato con Vilalbés e Castro loitando por obxectivos moi distintos. No resto de categorías esta fin de semana volve a competición coas últimas seis xornadas da […]

O fútbol de Xermade volve ter un equipo en Primeira

As terras máis ó norte da Terra Chá volverán desfrutar na vindeira temporada do fútbol da Primeira Galicia. O SDC Xermade regresa a unha categoría que deixou hai seis anos e faino a unha xornada para rematar a liga na que aínda ten opcións de saír campión. O concello quedara sen representante na categoría co descenso […]

As Notas da Segunda e da Terceira na última semana de marzo

Remata o terceiro mes do ano e con el tamén a fase regular da Terceira Galicia. Esta competición deixounos o ascenso do Castroverde e tamén do Portomarín na última xornada que ten protagonismo hoxe nas nosas notas. Monterroso B – Quiroga e Incio – Río Sil son as eliminatorias a dobre partido do play-off de ascenso. […]

Notas da Segunda e da Terceira na primeira xornada de marzo

Entra marzo e con el o tramo decisivo da temporada, mesmo na Terceira Galicia a vindeira xornada xa será a última en canto a competición regular se refire. Desta maneira as notas Futbolinlugo tamén se ven influenciadas por aquelas actuacións que poden resultar decisivas o final de temporada. A figura: Chungui do Xermade Diego Bellas […]