*Xermade-Taboada: Un dos encontros máis épicos da tempada. O Taboada adiantouse nada máis comezar. Roi fixo un penalti e deixou aos da Medela sen porteiro preto do cuarto de hora. Noé, dianteiro, púxose as luvas e detivo a pena máxima. A pesares das baixas e a inferioridade numérica, os de Martín Murado puxéronse 0-3. No último terzo de encontro, o Xermade reaccionou e aproveitou o baixón físico visitante. Remontou ata o 4-3. Non foi o final. Na última xogada o xuvenil Dieguiño, cunha incrible volea por toda a escadra, deixou o combate en empate.
*Bóveda-Valadouro: Sufrido triunfo do Valadouro que deixa aos mariñáns a un pasiño da salvación. Os de Julio Castro amosaron a súa versión máis práctica e tiraron de oficio ante un Bóveda que loitou ata o pitido final. Encomiable esforzo dos de Cabanelas a pesares de atoparse xa descendidos.
*Foz-Riotorto: O cadro de Gayol recuperou o liderado nun encontro discreto ante o Riotorto. Marcaron Canario e Ibán Gayol ante un rival que xogou a última media hora en inferioridade, pola expulsión de Pedro Díaz. Ramón Moreda defendeu a meta do Foz na segunda metade. Manolito e Asier foron suplentes nun cadro blanquivermello que rotou en varias posicións.
*Sporting Pontenova-Lemos: A gran sorpresa da xornada chegou dende A Mina. Victoria chave na loita pola permanencia. O Lemos comezou mellor ante un Carrera infranqueable. Matelo e Pasarín fixeron dous tantos antes do descanso. Na reanudación, os monfortinos asumiron riscos e a Pontenova sentenciou. Cunha falta de Salva e un tiro lonxano de Pasarín, que pechaba así o seu doblete particular.


*Xove Lago-Ferreira: Os do Baliño acudiron a un dos campos máis difíciles da categoría en cadro. Ao descanso, xa perdían por 5-0 con doblete de Diego Chao incluido. A segunda metade tivo un nombre propio: Juanjo Coello. O ‘nove’ verde asinou un póker de goles.
*Pastoricense-San Ciprián: Igualdade na primeira metade. Iago adiantou ao Pastoricense nada máis regresar de vestiarios. O San Ciprián igualou. Despois do empate, os de Tomás Costa desperdiciaron ocasións moi claras para levar os tres puntos. Na pequena vila mariñá teñen un ollo e medio posto nos arrastres.
*San Roque-Páramo: O cadro de Fontal aférrase á permanencia. Fixo unha gran primeira metade, guiado por Robertito en punta. Na reanudación, o San Roque puxo máis corazón que fútbol para poñer en apretos ao Páramo. Os das Rapadas aguantaron con uñas e dentes. Rois fallou varias e Bruno tirou ao pau. Só puido marcar Emilio para recurtar diferenzas.

*Monterroso-Santaballés: O cadro de Adrián Vázquez deixou escapar un 2-0 de vantaxe e viu como o Santaballés firmaba un novo empate. Esta vez ao bordo do remate, obra de Martín. Hugo errou un penalti e o xuvenil Iago Sobrado marcou no seu debut coma titular co Monterroso.
*Sarriana-Chantada: A pesares de non saber se a Sarriana gañará o campionato ou non, o Chantada quixo facerlle o pasillo polo ascenso. Non lle sentou moi ben aos de Julio Corral, que encaixaron dous goles nunha primeira metade na que foron inferiores. Os da Ribela reaccionaron tralo descanso, recurtaron diferenzas e mantiveron a incertidume ata o pitido final. Tourón estrenouse na meta do conxunto sarrián.