Diario dun mercado. Episodio 95

O Castro comezou tarde e segue buscando solucións no mercado. Anunciou as chegadas do dianteiro Rubén Fernández, o mediocentro Nico Edrosa e a chegada do defensa Dani Montes (ex xogador do Racing Vilalbés). Ademais Brais e Kevin antigos xogadores da Comercial están adestrando co equipo e a intención do club é que queden para a […]

Os equipos da Preferente, a exame

Houbo que agardar ata a última hora para saber cantos equipos da nosa provincia xogarían na temporada 2018-2019 na Preferente Norte. Parecía claro que o Estudiantil ía renunciar á sua praza para comezar de cero en Terceira Autonómica, pero finalmente non foi así e a S.D. Residencia terá que afrontar a nova campaña en Primeira. […]

Os nosos equipos de Terceira e Preferente xa teñen calendario

Na tarde de hoxe, a Federación Galega de Fútbol deu a coñecer o calenadario da Terceira División, así como da Preferente Autonómica nos seus dous grupos, Norte e Sur, para a temporada 2018-2019. Ámbalas dúas competicións darán comezo a fin de semana do 25 e 26 de agosto. Na Terceira División, o fútbol lucense contará […]

Diario dun mercado. Episodio 74

A medida que avanza o verán, os equipos apuran a confección dos cadros de xogadores e corpos técnicos. Á súa vez, algúns futbolistas dan saltos de categoría, mentres que otros deciden volver ao equipo da súa vila. Todo iso, e moito máis, na nosa 74ª edición do Diario dun Mercado!

Diario dun mercado. Episodio 68

  O histórico Compostela non vai deixar de ter presenza lucense no seu cadro de xogadores. Despois da baixa de Diego Rey, o dianteiro Santi Gegunde continuará no cadro adestrado por Yago Iglesias unha temporada máis. Na Terceira tamén seguirá o ex adestrador do Racing Vilalbés, Óscar Gilsanz, que adestrará o Laracha, un cadro que […]

Diario dun Mercado. Episodio 67

O Viveiro segue a construir un dos proxectos máis sólidos das últimas campañas. Marino, polivalente xogador de banda, recala en Cantarrana para convertirse nunha das referencias do equipo de Chusky. Alí reunirase cos seus amigos Xaime e Tichu, recordando a ‘vella guardia de Castro’, coa que conseguiu o ascenso a Terceira División. Ademais, o cadro […]

Diario dun Mercado. Episodio 66

Este luns espertamos cun doble bombazo na Mariña. Un par de mediocentros que cambiaban Ribadeo por Viveiro. O vilalbés Iván e Tichu formarán unha medular de luxo en Cantarrana. Acompañando a Xaime, claro está. Estes son os primeiros movementos do cadro mariñán, que promete emocións fortes un verán máis. No entanto, no Celta Barreiros non […]

Destacados Copa Preferente e Primeira. Semifinais

*Páramo-Viveiro: O Páramo clasificouse para unha final de Copa por primeira vez na súa historia. O cadro de Fontal ofreceu un exercicio coral espectacular para rematar a un Viveiro sen ideas. Os de Chusky comezaron con intensidade e adiantáronse cun tanto de Xaime de penalti. A partires de aí, só Arturo conseguía levar perigo sobre […]

O partido da xornada . . . S.D. Burela – C.D. Brollón: a gran final xógase no Anxo Carro

Domingo ás 18:30 horas no Anxo Carro. Esceario de luxo para a final da Copa Jorge Tato de equipos de Segunda e Terceira Rexional entre S.D. Burela e C.D. Brollón. Dous equipos con traxectorias distintas nesta Copa Deputación, pero que chegan á gran final coas mesmas gañas de levantalo trofeo. A S.D. Burela logo de […]

Destacados Copa Preferente e Primeira. Cuartos de final

*Viveiro-Atlético Escairón: O cadro de Chusky presentou a súa candidatura á Copa. Dous goles na última media hora tumbaron a un Atlético Escairón en cadro, e ao que a tempada se lle fixo moi longa. Os do Saviñao acudiron con once xogadores a Cantarrana. Competiron de ti a ti na primeira metade. A expulsión de […]

Diario dun Mercado. Episodio 56

Comeza o gran baile na Mariña. Onte saltaba a bomba. Cantarrana xa ten novo dianteiro. Non é un calquera. Borja Mella, goleador contrastado, deixa San Ciprián pola veciña Viveiro. A renovación de Chusky puido ser a gran clave desta fichaxe de campaniñas. Iso sí, para haber entradas téñense que rexistrar saídas. Alberto e o meta […]

Trío de Ases Preferente (Xornada 38) e Play off ascenso a Segunda B (Volta 1º rolda)

O soño do Rácing Villalbés continúa. Esta tarde coñecerá a súa sorte despois de superar ao Atlético Pulpileño nos penaltis. Unha tanda na que Javi Pita detivo un penalti e Villares mostrou a súa xerarquía marcando o decisivo. O encontro foi moi parecido ao de ida, moi nivelado, con dous equipos serios e pendentes de […]

O partido da xornada . . . dous derbis que deciden a permanencia en Preferente

Coas restantes categorías do noso fútbol xa embarcadas na disputa da Copa Deputación, a Preferente tamén baixa o pano este fin de semana. Cinco conxuntos xa non poñen en xogo máis que a honra de logralos tres puntos. O Polvorín xa co ascenso no peto, Ribadeo e Castro sen opcións de ascenso e Escairón e  […]