Que foi de…Pablo Fernández: o cervense que puido disfrutar da Champions

Pablo Fernández Segurado (Cervo, 1983) foi probablemente dos maiores talentos que deu o fútbol mariñán nas últimas décadas. Xogador de moita calidade, mediapunta, ao que as lesións lle privaron de poder competir máis anos en categorías superiores. Pero deulle tempo a poder xogar na categoría de bronce do fútbol español, na súa etapa no Montañeros, […]

O partido da xornada . . . Atlético Escairón – C.D. Castro: os chairegos poñen a proba a reacción dos de Charlie

A xornada 27 da Preferente Norte tráenos un derbi provincial con moito en xogo. Será este domingo ás 17 horas no Municipal do Saviñao entre o Atlético Escairón e o C.D. Castro. Con obxectivos distintos na táboa clasificatoria, ámbolos equipos chegan a este partido con estados de ánimos ben diferenciados. O Escairón ocupa o décimoquinto […]

O partido da xornada . . . Viveiro C.F. – S.D. Outeiro de Rei: final anticipada pola permanencia

Dúas realidades distintas, dous equipos que comezaron o ano con obxectivos distintos, pero que con máis de media liga gastada teñen que afrontar un reto común: a permanencia en Preferente Autonómica. O vindeiro domingo día 4 de febreiro, ás 16:30 horas, Cantarrana será o esceario dun enfrontamento cara a cara entre Viveiro C.F. e S.D. […]

As nosas redes falan!

Volveron as competicións aos campos lucenses, e con elas a clásica sección na que vós sodes os protagonistas!!!

Os desexos da Preferente e a Terceira para o 2018

Acabamos de estrear ano. O 2018 chega con obxectivos e desexos diversos para cada un dos nosos participantes na Preferente e na Terceira División. Así que quixemos escoitar a tódolos equipos implicados e ver que lle pedían a este 2018. Óscar López. Presidente do Atlético Escairón: «Que non existan lesións graves e poder manter a […]

O partido da xornada. . .Club Lemos – S.D. Chantada: dous históricos na pelexa polo ascenso

A Pinguela albergará este domingo ás 16 horas un dos mellores partidos que se pode ver nos campos da provincia de Lugo. Dous equipos, dúas vilas, que ben seguro gustarían de medirse nunha categoría superior, pero as circunstancias fan que sexa en Primeira Galicia. Precisamente pola participación destes equipos, xunto coa Sarriana, Foz, Xove Lago, […]

Álex Paz (Viveiro C.F.): «Non hai que ser hipócritas e decir que non pensamos na permanencia»

O Viveiro C.F. non atravesa o seu mellor momento. Con case que media temporada xa gastada ocupa o décimosexto posto na clasificación de Preferente Norte con dezaoito puntos, os mesmos que ten o Residencia, equipo que ocupa posto de descenso. Ademáis ven de perder en Cantarrana ante o Xallas (1-3) amosando unha mala imaxe. Comezou […]

Xaime e Tichu: Dous irmáns fronte a fronte no Derbi da Mariña

Este domingo día 5 de novembro, ás 16:15 horas, o campo viveirense de Cantarrana será testigo dun novo derbi mariñán en Preferente Autonómica. Viveiro e Ribadeo, conxuntos históricos da Mariña de Lugo enfróntanse nun importante compromiso correspondente á duodécima xornada. Ámbolos dous equipos chegan con necesidades contrapostas. Os da cidade do Landro, con Chusky ao […]

Que ver esta fin de semana? (4-5 novembro)

O mes de novembro comeza con forza polos campos da provincia. A primeira cita destacada témola no fútbol base, onde se enfrontan dous dos máximos representantes do fútbol da cidade de Lugo. A Milagrosa defende liderato a domicilio. Tamén defende o primeiro posto o Guitiriz que recibe ao Pol, segundo clasificado. Un punto é a […]

As nosas redes falan!

Derbi nos xuvenís, emoción en todas as categorías amateurs: duelos igualados, bos goles… eso e moito máis, destacados na xornada desta semana. Pero, en canto aos destacados das nosas redes…?

As nosas redes falan!

A xornada na nosa provincia deixou, coma sempre, emocións, caras de felicidade e algunha que outra de tristura. Aquí os destacados nas nosas redes desta semana!

As nosas redes falan!

Xa temos practicamente todas as competicións iniciadas, a falta das ligas provinciais de base. Os detalles e homenaxes foron numerosos esta semana…

Os destacados da 2ª xornada da Terceira e da 1ª na Preferente

Pouco a pouco van comezando as competicións. Se a fin de semana pasada arrincaba a Terceira, esta foi o turno da Preferente á que lle seguirá na seguinte semana a Primeira Galicia. Na Terceira o Racing Vilalbés empatou ante un dos candidatos a entrar no play-off como é o Boiro. Nun partido marcado pola forte […]

Análise dos conxuntos lucenses na nova Preferente

Sete equipos representarán á provincia de Lugo na nova Preferente, que comeza esta fin de semana. Dende Futbolinlugo, quixemos facer unha análise destes equipos antes de que empece o espectáculo.   CD Castro: Recén descendido, moveuse algo tarde no mercado. Aínda así, as súas fichaxes invitan ao optimismo. Debería estar na zona alta grazas ao […]