O partido da xornada . . . Viveiro C.F. – C.S.D. Arzúa: difícil compromiso no comezo dunha temporada ilusionante

Comeza a rodar a o balón nos campos da provincia de Lugo. A temporada 2018/2019 arranca esta última fin de semana de agosto, e recórdanos que o verán comeza a esmorecer. Tardes de praia ou piscina trocarán por outras en calquer currunho da nosa xeografía disfrutando dun bo encontro de fútbol.

Para abrir boca, e en plena romería do Naseiro, os viveirenses terán que facer un paréntese entre tanto festexo e achegarse a Cantarrana. A ocasión meréceo, xa que bota a andar o novo proxecto do Viveiro C.F. Logo dunha temporada de infarto, tendo que agardar incluso varias semanas logo de rematala competición, pra saber se continuaba ou non en Preferente, o cadro dirixido por Chusky deu un paso á fronte e armou un equipo moi competitivo que pode loitar polo postos altos da clasificación.

Kiko retorna ao Viveiro logo dunha temporada no C.D. As Pontes

Unha das novas incorporacións é o porteiro Kiko, vello coñecido da afección viveirense. “O equipo chega bastante ben, fixemos unha bastante boa pretemporada, adaptando aos fichaxes e mirando os conceptos que quere o entrenador“, afirma Kiko, que non quere poñerse ningunha meta a estas alturas, “vexo ao equipo ben, pero non podemos marcarnos un obxectivo agora mesmo. Iremos partido a partido competindo e dando o máximo para poder sacar bos resultados e xa se irá vendo onde podemos estar na clasificación. Agora mesmo estamos coa mente posta en gañar ao Arzúa e cando remate o partido comezaremos a pensar nas Pontes“.

E é que o calendario preparoulle ao Viveiro un comezo esixente. Ademáis de visitalo Poboado a vindeira semana, o Arzúa será un rival que porá en dificultades ao conxunto de Chusky. Para Kikoé un equipo moi complicado, con xente experimentada e de calidade, pero o que máis me preocupa non é o rival, senón que nós esteamos á altura. Agora a fichaxe de Adrián Iglesias dalles un plus de calidade arriba e de agresividade na presión. É do tipo de xogadores que me gustan“.

 

ESTE FIN DE SEMANA TAMÉN PODES VER . . .

Terceira División

– Racing Vilalbés – Porriño Industrial (Domingo ás 18:30 horas na Magdalena): nova etapa para o cadra chairego da man de Xoan Peón. Na primeira xornada reciben ao Porriño, un recén ascendido pero histórico do noso fútbol.

Make volverá a liderar o centro do campo do Racing Vilalbés

Preferente Norte

– S.D. Sarriana – S.D. San Tirso (Domingo ás 19 horas na Ribela): bota a andar a nova etapa do conxunto adestrado por Alberto López, que encabeza un proxecto ambicioso. Recibe a un San Tirso que mantén a maior parte do bloque da pasada campaña.

Ribadeo F.C. – S.D. Agolada (Domingo ás 19:30 no Pepe Barrera): logo dunha pretemporada con bastantes cambios, o Ribadeo capitaneado por Rafa Casanova non quererá fallarlle á súa afección. Recibe a un conxunto novo na categoría, o Agolada.

Rafa Casanova non saltará ao céspede e dirixirá ao Ribadeo desde o banco

C.D. Castro – Atlético Coruña Montañeros (Domingo ás 18 horas no Arturo Pereiro): desde cero comeza o novo proxecto do Castro. Os de Edrosa reciben a un conxunto que chega de Primeira Autonómica, pero que conta cun grupo importante de xogadores.

Imagen por defecto
Marcos Fernández
Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte
Artículos: 405

Deja un comentario