Diario dun mercado. Episodio 112

Xa metidos de cheo no mes de xullo, o mercado segue collendo forza no noso fútbol. Comezamos cun dos nosos que xa fai tempo que traspasou as fronteiras da provincia. O vilalbés Kiko, deixa o Rápido de Bouzas para seguir na Segunda B, desta volta no fútbol extremeño nas filas do Don Benito. Antes de […]

Diario dun mercado. Episodio 109

En plena organización do I All Star Futbolinlugo, tamén nos achamos inmersos nun momento chave no mercado de fichaxes. As pezas máis cotizadas do mesmo dispútanse entre os distintos clubes, mentres outros apostan por novas xoias ou por dar continuidade aos seus cadros de xogadores!

Diario dun mercado. Episodio 108

O mercado non para. Clubes e xogadores son conscientes do preto que se atopa o comezo da vindeira campaña, e queren pechar os acordos o antes posible, para crear expectativas e obxectivos tanto no persoal como a nivel de conxunto.

Diario dun mercado. Episodio 105

Pese a atoparnos aínda no mes de xuño, pendentes de coroar aos campións das distintas copas, o mercado de fichaxes xa está moi activo. A maior parte dos clubes queren ter pechados os seus cadros de xogadores o antes posible, de cara a preparar ben a temporada 2019/2020.

O partido da xornada . . . Foz e Viveiro ante a derradeira xornada de Preferente

Xa non vai máis. Remata outra temporada máis na Preferente e faino con dous dos nosos representantes xogándose boa parte dos seus obxectivos. Mentras que o Castro xa está descendido, o Ribadeo co sexto posto no peto logo dunha boa temporada e a Sarriana coa cuarta posición ao alcance despois dunha campaña sobresaínte, o Foz […]

O partido da xornada . . . unha praza de ascenso a Preferente en xogo

A Primeira Autonómica chega ao seu fin. E faino con moito en xogo. Cos postos de descenso xa adxudicados a Sporting Pontenova, O Páramo e San Ciprián e un de ascenso para o Lemos, resta por saber que equipo será o que acompañe aos monfortinos o vindeiro ano na Preferente. A emoción estará en dous […]

O partido en imaxes: Sarriana-Viveiro (5-2)

Houbo derbi na Preferente. E derbi entre dous galos da categoría, dous conxuntos que levan perseguindo o ascenso á Terceira División durante todo o ano. Neste caso, venceron os locais nun choque moi tenso e no que os ataques primaron por riba das defensas, xa que se viron un total de 8 goles na Ribela!

O partido da xornada . . . S.D. Sarriana – Viveiro C.F.: a Ribela dictará sentencia na pelexa polo ascenso

Coa salvedade do C.D. As Pontes, destacado líder durante toda a temporada, co ascenso e o campionato no peto desde fai varias xornadas, a pelexa polo segundo posto preséntase, nesta Preferente, máis aberto e emocionante que nas últimas edicións. Catro equipos con opcións, e dous son lucenses: Sarriana e Viveiro. Ambos enfrontaranse o domingo ás […]

O partido da xornada . . . C.D. Guntín – A.D. Bóveda: un ascenso marcado por pequenos detalles

Tan só tres xornadas restan para que se baixe o pano da temporada en Segunda Autonómica. Mentras no grupo Norte, Folgueiro, Lourenzá, Guitiriz e tamén Roupar, aínda que con escasas opcións, se xogan os dous postos de ascenso, no grupo Sur ata seis equipos teñen opcións matemáticas: San Roque, Palas, Guntín, Bóveda, Oural e San Lázaro, cos catro primeiros clasificados en tan só dous puntos. Precisamente, os […]

O partido da xornada . . . Ribadeo F.C. – Viveiro C.F.: derbi mariñán con moito en xogo

Con tan só sete xornadas para o final de liga, o derbi mariñán deste domingo ás 17:30 horas no Pepe Barrera entre Ribadeo e Viveiro antóllase trascendental. Cos dous equipos na zona alta da Preferente, pero cos ribadenses aparentemente lonxe da hipotética pelexa polo ascenso, o conxunto visitante, segundo clasificado, afronta unha das saídas máis […]

Xaime (Viveiro C.F.): «Esta temporada acadamos o cóctel perfecto para que todo vaia polo camiño marcado»

Logo dun ano tremendamente difícil, acadando a permanencia na Preferente unha vez rematada a temporada, o Viveiro cambiou o chip. Desde o clube apostouse pola continuidade de Chusky no banco, e por darlle a alternativa a un grupo de rapaces da casa, xunto co fichaxe de xogadores experimentados na categoría. A pouco máis de dous […]

O partido da xornada…A.C.D. Valadouro – Iberia C.F.: dous históricos en apuros cítanse no Árbol

Non fai moito tempo no Valadouro a Primeira parecía quedar pequena, e pouco antes, en San Miguel, competíase de ti a ti cos equipos máis punteiros da Preferente. Diferentes circunstancias nos dous equipos fixeron que os anos gloriosos remataran e este domingo, ás 16:15 horas, o campo do Árbol acollerá un enfrontamente entre A.C.D. Valadouro […]

O partido da xornada . . . C.D. Alfoz – S.C.D. Milagrosa: dous históricos na procura de tres puntos claves

O Municipal de Alfoz será, o sábado ás 16:15 horas o esceario dun encontro trascendental no grupo Norte da Terceira Autonómica. O conxunto local, o C.D. Alfoz, segundo clasificado, verase as caras co terceiro, a S.C.D. Milagrosa, ao que aventaxa en tres puntos. Ámbolos dous conxuntos descenderon a pasada campaña a unha categoría descoñecida para […]

As nosas redes falan

Arquivo histórico do fútbol provincial Esta fin de semana circulou polas redes sociais unha reportaxe sobre o fútbol chairego realizada no ano 1996 polo programa de Canal +, “El Día Después” (programa que se mantén a día de hoxe pero na canle Vamos de Movistar). O documento recolle un partido da coñecida como Liga da […]