O Castro comezou tarde e segue buscando solucións no mercado. Anunciou as chegadas do dianteiro Rubén Fernández, o mediocentro Nico Edrosa e a chegada do defensa Dani Montes (ex xogador do Racing Vilalbés). Ademais Brais e Kevin antigos xogadores da Comercial están adestrando co equipo e a intención do club é que queden para a vindeira temporada. O Viveiro preparou un bo bloque sen descoidar o futuro. O cadro celeste incorporou a Rubén, porteiro xuvenil procedente do Burela. En principio xogará co xuvenil na liga galega, pero se o primeiro equipo non ficha máis gardamallas irá tamén con eles.

Na Primeira o Pol peta forte no mercado coa incoporación de Iván González procedente do Castro. O dianteiro con ampla experiencia no fútbol galego reforza un conxunto ao que tamén se unen Cristian Barro do Abadín e Alejandro Rois do San Roque. Na mesma categoría, o Lemos reforzouse coa chegada de Adrián Díaz.

O Xermade informou da terceira fichaxe que se trata do atacante David Rey que procede do Somozas B. 
Na Terceira o Río Sil fichou a Isma, un xogador que pode desenvolverse por calquera das posicións de ataque. O futbolista soberino chega procedente do Calasancio.

No fútbol base salientamos a construcción do cadro técnico do ADC Sagrado Corazón que terá no equipo xuvenil a Fran Fernández; Brais Rozados no cadete, no benxamín A e no prebenxamín A; Alberto Pérez no infantil A e no prebenxamín B; Diego Pérez no infantil B; Jon Vázquez no Alevín A; Fran Fernández no alevín B; Edgar Vázquez no Benxamín B. A preparación física de todos estará a cargo de Carlos Ramallo. Tamén na SD Ribadeo anunciaron a continuidade de Salva como adestrador do xuvenil que estará acompañado por Andrés “Matelo”.

Imagen por defecto
Iván Calaza
Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.
Artículos: 467

Deja un comentario