O partido da xornada . . . S.D. Cervo – S.D. Burela: dous dos equipos máis en forma enfróntanse na Copa

Ata non fai tantos anos veciños do mesmo concello, S.D. Cervo e S.D. Burela enfróntanse nos cuartos de final da Copa Deputación – Segunda e Terceira Autonómica, nun encontro que promete. Será o sábado ás 19 horas en San Cibrao, no campo da Veiga. Ámbolos dous conxuntos chegan a esta competición logo de sendos ascensos na liga regular. O conxunto local, acadou in extremis o ascenso a Segunda logo dunha campaña un tanto irregular pero que rematou de xeito feliz para o cadro dirixido por Iván Pernas. O Burela xogará a vindeira temporada en Primeira, logo ir de menos a máis na liga.

Certo é que a motivación é parte importante neste deporte, e o ascenso deulles folgos aos dous equipos, que chegan a esta rolda de cuartos cunha traxectoria inmaculada na competición copeira.

O Cervo xa superou a tres conxuntos de Segunda Autonómica nesta Copa 2018

A S.D. Cervo superou na primeira rolda a S.D. Candelaria (2-0), na segunda ao Abadín (2-0) e na terceira ao Matela (3-2) e chega ao encontro ante o Burela co obxectivo de dar a sorpresa.Para Iván Pernas, adestrador cervense, “estamos atopándonos cómodos na Copa, os xogadores están moi animados e xa participaron tódolos dispoñibles nos tres encontros que levamos ante conxuntos de superior categoría. Temos que ir partido a partido sen renunciar a nada“. Para o encontro do sábado, o Cervo conta con dúas baixas importantes, “Miguel será unha ausencia clave en ataque, é o noso pichichi, un xogador con calidade, versátil, rápido, loita tódolos balóns, con gol e un incordio pras defensas, e Samu tamén, un xogador moi rápido e con calidade. Teremos que buscar variantes en ataque para suplilos. O resto das liñas mantémolas intactas“, apunta Iván. Do rival que se van atopar na Veiga, o míster do Cervo sabe  que son favoritos, pero non xogaremos as nosas bazas, “teñen un gran potencial ofensivo, polo que as ocasións que xeneremos temos que aproveitalas. Temos argumentos para facerlles dano. Ademáis estamos todos en festas, que é outro aspecto a ter en conta neste partido“.

Cristian é un dos referentes do conxunto burelao

A S.D. Burela eliminou ao Mondoñedo (4-1), Celeiro (1-8) e Folgueiro (1-3). Quince goles en tres encontros de Copa é sinónimo de que o cadro burelao atópase cómodo nesta competición. Para Cristian, xogador do Burela “despois de celebralo ascenso chegamos sen presión á Copa e pasados tres partidos cada día temos máis ganas de gañala e sabendo que a final é no Anxo Carro sería un premio rematar alí a temporada, e se a gañamos xa sería poñer un gran broche a esta temporada“. Para o encontro do sábado, en plenas festas de Burela, Cristian considera clave “facer o noso partido, xogar tranquilos e disfrutando. Así deberiamos crearlle moitos problemas ao Cervo. Pero eles tamén veñen de ascender e nun derbi como este estarán moi motivados, aínda que perden dous xogadores importantes por sanción. Agardemos que non nos afecte moito xogar o día da festa“.

ESTE FIN DE SEMANA TAMÉN PODES VER . . .

Fase de ascenso a Segunda División B

Racing Vilalbés – Levante B (Domingo ás 16:30 na Madalena): logo de facer historia en Pulpí, os chairegos non renuncian a nada e afrontan con toda a ilusión a segunda rolda do ascenso ante o campión do grupo valenciano, o filial do Levante.

Promoción de ascenso a Terceira (Cuartos clasificados)

Ribadeo F.C. – C.D. Estradense (Domingo ás 19 horas nas Valgas): eliminatoria con moi pouco en xogo. O gañador só dependerá dalgún descenso administrativo para optar a competir en Terceira a vindeira temporada. Os de Fiz reciben no exilio de San Miguel ao Estradense, conxunto que foi líder durante boa parte da competición ligueira no grupo sur.

O Ribadeo afronta o sábado o partido da Copa ante o Outeiro e o domingo promoción ante o Estradense, ámbolos dous nas Valgas

Copa Diputación (Preferente / Primeira Autonómica)

Viveiro C.F. – Polvorín S.D. (Domingo ás 18 horas en Cantarrana): os locales, agardando un ascenso de terceira, pra mantela categoría afrontan a Copa ante un dos grandes favoritos, o Polvorín, que pode reeditar o título.

O Viveiro buscará facer máis levadeira a espera para saber se acada a permanencia cun triunfo na copa

Club Lemos – S.D. Chantada (Sábado ás 18 horas na Pinguela): os monfortinos, con moitas baixas, afrontan un complicado choque ante o Chantada, que chega tras golear na casa ao Pontenova.

Copa Diputación (Segunda / Terceira Autonómica)

O Incio Terra Brava – Chantada Atlético (Domingo ás 18 horas no Carboeiro): encontro entre dous conxuntos que acadaron o ascenso en liga. Os locales tentarán dar a sorpresa aproveitando o factor campo.

 

Imagen por defecto
Marcos Fernández
Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte
Artículos: 407

Deja un comentario