Diario dun mercado. Episodio 49

O pasado derbi da Chaira deixounos unha gran novidade no Castro. O conxunto de Javi López conta cun novo ‘pelotero’. O antigo mediapunta do Bóveda, Igor, é novo xogador vermello. E deixou boas sensacións na súa estrea. Falando de fichaxes, a Milagrosa segue na súa liña de reincorporar talento formado na Fábrica de Frigsa. O […]

Diario dun mercado. Episodio 47

Coas pretemporadas xa iniciadas, as fichaxes masivas son historia. Agora é tempo de pequenos retoques, de apuntalar determinadas posicións. Os famosos pequenos grandes detalles. Os que poden marcar un ascenso ou un descenso. Temos movementos a contagotas por toda a provincia. O Viveiro sumou un novo efectivo ás súas filas. Trátase do gaditano Sergio Iglesias. […]

A nova Preferente e a Terceira, definidas

Onte ao bordo da medianoite, a Real Federación Galega de Fútbol deu a coñecer os seus calendarios da Terceira División e a Preferente Norte para a campaña 2017-2018. Na Terceira División, o noso único representante debutará o domingo 20 de agosto. O Rácing Villalbés xogará a domicilio e ante un dos favoritos ao campionato: o […]

Diario dun mercado. Episodio 35

Moito salseo na nosa Preferente Norte! O Castro segue a confeccionar un plantel de garantías. Non é sinxelo suplir a homes coma o irmáns González, Héctor ou Nano. Pero si traes a Diego Núñez ou a Fernandito, dende Monterroso, as baixas son menos baixas. O mediocentro cambia o vermello da Ulloa polo da Chaira. Calidade […]

As nosas redes falan!

Xa resta pouco tempo para que os clubes lucenses comecen a pretemporada. A sección dos destacados nas redes consolídase como unha habitual.

Diario dun mercado. Episodio 24

Un dos banquiños máis míticos da provincia ten novo inquilino. Referímonos ao da Ponte. Merino, exxogador de Santa Comba e Guntín, colga as botas e faise cargo do San Lázaro. Onde non cambian é en Riotorto. Labrada manterase á fronte do cadro da Veiga. Contará cunha gran parte dos futbolistas da pasada campaña. Marcos, Diego […]

Diario dun mercado. Episodio 23

Arde Lucus! E arde o noso mercado. Na Mariña non paran. O Ribadeo confirmou o regreso do ‘killer’ focego. David Rodríguez volta ao Pepe Barrera logo dunha tempada na Terceira División co Ribadumia. No outro extremo desta fermosa comarca, o Viveiro perde dous efectivos. O lateral esquerdo Jorge García deixa o clube ao igual que […]

Diario dun mercado. Episodio 22

Xusto! Xusto seguirá un ano máis na Chaira. O central mariñán continuará sendo un dos máximos expoñentes da zaga do Racing Villalbés. Falando de talentos mariñáns, semella que un deles cambiará de aires. Manolito non renova con Valadouro e os mentideiros futbolísticos sitúano xa en Foz. Co cal o eterno Gayol tería o seu nove […]

Diario dun mercado. Episodio 21

As novidades en canto a renovacións, baixas e fichaxes seguen marcando a actualidade do fútbol lucense. Neste diario dun mercado é o turno para un equipo da Mariña, dous do corazón da Terra Chá, outros dous con moita importancia na capital da provincia e un da zona sur. Na Preferente Norte, o Viveiro incorporou ao […]

Diario dun mercado. Episodio 19

O noso fútbol quedou un pouco máis orfo a noite do venres. Minarzique deixounos moi pronto, aos 21 anos. Esa temible e odiosa enfermidade puido con él. Descanse en paz. Dende aquí, mandámoslle un abrazo moi forte ás familias do Valadouro e do Burela, onde se formou. Esa mesma noite o Castro anunciou dúas renovacións […]

Ilustres emigrantes: Edgar Díaz: «Perdéronse xogadores dun alto nivel»

Inauguramos sección: Ilustres emigrantes. Queremos coñecer a todos eses lucenses perdidos na emigración futbolística. Non son moitos, pero ‘habelos hailos’. Un deles é Edgar Díaz. Así que imos coñecelo. Deixámosvos xa co propio Edgar, que nos relata a súa historia balompédica. «Empecei xogando na Residencia. Aos once anos marchei ao Lugo. Pasei por tódalas categorías. […]

Once da xornada 38 na Preferente Galicia

Rematou a competición regular na Preferente e ningún dos equipos lucenses ten que agardar a nada para saber o seu futuro. O Lugo B xa sabe que non xogará fase de ascenso, a pesar de acabar en posto de promoción na clasificación. Non obstante, a posibilidade de que só o Rápido de Bouzas poida ascender á […]

Diario dun Mercado. Episodio 3

Onte deitabámonos cunha sorpresa. Unha desas á altura dos grandes diarios madrileños e cataláns. O Xove Lago anunciaba no seu Twitter a Luis Varela coma novo xogador do clube (unha hora despois de que nós o désemos por feito). Pois ben, o futbolista rematou o día coma incorporación do Viveiro de Preferente. Semella que as ganas […]

As nosas redes falan!

Unha semana máis, chega a vosa sección. Os comentarios nunhas redes nas que, cada vez, Futbolinlugo goza de máis interacción pola vosa parte!!!

Aurelio: «Foi superemotivo pero non teño problema en seguir xogando»

Cantarrana despediu onte a un dos seus grandes emblemas. O capitán Aurelio disputaba o seu último encontro coa zamarra celeste. E tivo a súa merecida homenaxe. Agora chega a nosa! Falamos xa con Aurelio. –FUTBOLINLUGO: Boas capitán! Cóntanos como foi esa sorpresa que che regalou Cantarrana. -AURELIO: Non me esperaba que houbera nada. Era o meu […]

Once da xornada 37 na Preferente Galicia

Foi unha fin de semana de contrastes con grandes goleadas de equipos lucenses e tamén con abultadas derrotas encaixadas polos clubs da provincia. A unha xornada de rematala liga, confirmouse o descenso á Primeira Galicia do Chantada que implica que o Chantada Atlético descenda á Segunda Galicia. Tamén se complica cada vez máis a salvación […]

Once da xornada 36 na Preferente Galicia

Remataron xa as competicións regulares na Terceira, Primeira, Segunda e Terceira Galicia pero a que segue é a Preferente. Quédanlle os últimos coletazos en forma de dúas xornadas nas que tres equipos lucenses terán algo en xogo, aínda que os obxectivos que lles restan son complicados de cumprir. O que pasou nesta fin de semana […]

Palabra de… Molo: Un vivariense e moitas Terceiras

Doce anos fóra do grupo galego da Terceira División… Tras pasar catro tempadas no castelán-leonés, catro no aragonés e catro actualmente no rioxano podo decir que cheguei a coñecer ben estes grupos. A miña primeira parada tras saír do Viveiro C.F foi ó Norma CF de Soria. A verdade é que non me custou a […]

Once da xornada 35 na Preferente Galicia

Non foi una boa xornada para os equipos lucenses que teñen importantes obxectivos en xogo de cara ao final da temporada. Por iso, a pesar de ter a súa presenza habitual no noso once, cobran protagonismo os xogadores do Ribadeo que foi o único equipo da provincia que conseguiu gañar nesta xornada. No derbi de […]