O Viveiro segue a construir un dos proxectos máis sólidos das últimas campañas. Marino, polivalente xogador de banda, recala en Cantarrana para convertirse nunha das referencias do equipo de Chusky. Alí reunirase cos seus amigos Xaime e Tichu, recordando a ‘vella guardia de Castro’, coa que conseguiu o ascenso a Terceira División. Ademais, o cadro mariñán reforzou a súa portería con Kiko, exgardamallas do As Pontes. Según adiantan os compañeiros de La Voz de A Mariña.

Sen movernos desta fermosa comarca, un día máis chegan renovacións dende o Celta Barreiros: Andina, Omar, Rafa, Baris e Rubén. E unha moi especial en Mondoñedo. Miguel Ángel Lorigados portará a elástica do clube mindoniense por vixésimo cuarta campaña consecutiva. Tamén unha fichaxe na veciña Foz. O talentoso Pablo Costa cambia San Ciprián polo Martínez Otero. Territorio Gayol. E, en Ribadeo, temos unha marcha. A do mediocentro Martín Traba cara As Pontes. Por último, o mediapunta de Burela Julio Delgado fichou polo Real Murcia de Segunda División B.

O mercado de adestradores tampouco para. José Manuel renovou no Cabreiros e Traste ao fronte do xuvenil A do Chantada. No entanto, a nova máis destacada é a do novo técnico do Rácing Villalbés. Juan Peón regresa ao clube chairego para afrontar un novo reto na Terceira División. O antigo segundo adestrador do Lugo vén de realizar un gran traballo en Outeiro. E agora ten por diante a difícil meta de manter o nivel exhibido en campañas pasadas na Madalena.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez

Un enfermo do fútbol lucense. Adestrador Nivel-3 UEFA PRO

Artículos: 860

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.