O Episodio 381 comeza con novas nos equipos de Chantada. O gardameta Anxo Sampayo, así como Miguel Pérez continúan un ano máis no Chantada Atlético. A SD Chantada asinou ao dianteiro Gabri, procedente do Antas. Anteriormente militou no Taboada e nas categorías inferiores de CD Lugo e Racing Vilalbés. No conxunto feminino da SD en […]
Comezamos cunha baixa significativa no CD Lugo. O gardameta Julen causa baixa na entidade lucense logo de toda unha vida defendendo as cores albivermellas, sendo peza clave nos últimos anos do seu filial. Seguimos falando de porteiros. O ‘gato do Vicedo‘ Javi Pita asinou como novo xogador do As Pontes da Preferente, logo de acadar […]
O mercado segue enchendo os titulares desta semana coa edición nº 373.
Non cesan os constantes movementos nun novo Diario dun mercado
O mercado bota fume con movementos desde Terceira RFEF ata a Terceira Galicia
Chegan os primeiros Máxicos da temporada
Varios son os equipos da nosa provincia que xa deron comezo aos adestramentos de pretemporada. Un deles é o Racing Vilalbés, que anunciou a fichaxe do gardameta David Martínez ‘Bugy‘. Con experiencia en Terceira nas filas do Bergantiños e As Pontes, as últimas temporadas militou nas filas do San Tirso e Fisterra na Preferente. Con […]
Novidades en case tódalas categorías nun Diario con noticias sorprendentes
No diario de hoxe, conmemoramos o día de Santa Ana e de San Joaquín comezando o repaso polo fútbol feminino. O PM Friol vén de asinar a Nerea Marín, futbolista con experiencia no Reto Iberdrola e que procede do Cádiz. Á Reigosa tamén chega a gardamallas María Alejandra, procedente do RU Tenerife e con pasado […]
O diario está a honrar ao seu nome nas últimas datas: é diario. Os movementos do mercado non paran. Por exemplo, o Polvorín da Segunda RFEF confirmou o que xa anunciamos na última entrega: Iago Parga e Iago Novo volven ao conxunto albivermello. Ademais, Non Vale Furar adiantou que o filial do CD Lugo podería […]
Nova actualización capicúa do mercado lucense, con moitas novidades na Primeira Galicia. Varias delas concéntranse no sur da provincia e, en concreto, no Sangoñedo. Alí non seguirá Javier Montoto, ata agora adestrador da SD Chantada, pero sí continuarán xogadores da casa como Michi Carnero, Povis, Joserra, Álex Delgado, Manu Pereira e Sergio Abad. No outro […]
O Mercado segue a arder, e iso que todavía non entramos no mes de xullo. Hoxe chegamos con novidades en todas as categorías. Na Terceira RFEF, o Viveiro renova a Édgar para reforzar a liña defensiva. Ademais, todo apunta a que o central Diego, ata agora no Guntín, asinará polo conxunto celeste. Sumarase así a […]
Os Máxicos da fase de ascenso xa remataron a temporada regular, mentres que os dos grupos de descenso aínda teñen dúas xornadas por diante. GRUPO ASCENSO Portomarín 3-0 Castro: o Portomarín é novo equipo de Preferente logo de superar ao Castro por 3-0 no Chao da Poza. Sergio Arias fixo o 1-0 ao filo do […]
Xa hai Máxicos que xa teñen os obxectivos cumpridos. Outros, continúan na pelexa por acadalos nesta fin de temporada. GRUPO ASCENSO Pol 1-2 Portomarín: deu a campanada o Portomarín en Pol. Adiantáronse os visitantes cun penalti no primeiro tempo, aínda que o Pol puido empatar na recta final, contando con grandes ocasións. Logo dos altercados […]
Os Máxicos seguen a dar guerra nunha Primeira Galicia que se achega á súa fine na que os clubes están moi preto de achar os seus obxectivos. GRUPO ASCENSO: Burela 0-2 Portomarín: acusou as baixas o Burela ante un Portomarín que se mete de cheo na loita polo ascenso. Houbo unha ocasión para cada un […]
Achégase o mes de maio, definitivo para os Máxicos e os seus clubes. Veremos que deparan as próximas xornadas de competición na Primeira Galicia. GRUPO ASCENSO Riotorto 1-0 SD Chantada: dominio da SD diante dun Riotorto que cedeu a posesións aos seus rivais. No primeiro tempo os chantadinos apretaron pero non tiveron grandes ocasións, e […]
Os Máxicos comezaron a segunda fase da Primeira Galicia na nosa provincia. Os clubes lucenses pelexan desde este domingo pola consecución dos obxectivos nesta 21/22. GRUPO ASCENSO Portomarín 1-1 Burela: un gran Burela puxo en serios apretos ao Portomarín no Chao da Poza. No primeiro tempo propuxeron máis os miñotos, pero foi Chumi o que […]
Os Máxicos veñen de rematar a primeira fase desta 21/22. De agora en adiante, os clubes loitarán por xogar na Preferente ou por acadar a permanencia. Tras as 18 xornadas disputadas, os grupos quedan así: Grupo Ascenso: Portomarín, Castro, Taboada, Pol, SD Chantada, Riotorto, Chantada Atlético, Burela. Grupo Descenso 1: Monterroso, Sporting Pontenova, San Lázaro, […]
Os máxicos seguen a definir obxectivos nesta 21/22. A falta dunha xornada por disputarse, xa hai varios equipos clasificados matemáticamente para a fase de ascenso, e outros que loitarán por eludir o descenso. De momento, a cousa queda así: Fase de ascenso: Portomarín, SD Chantada, Taboada, Chantada Atlético, Castro, Pol, Riotorto. Fase de descenso: Folgueiro, […]