Varios son os equipos da nosa provincia que xa deron comezo aos adestramentos de pretemporada. Un deles é o Racing Vilalbés, que anunciou a fichaxe do gardameta David Martínez ‘Bugy‘. Con experiencia en Terceira nas filas do Bergantiños e As Pontes, as últimas temporadas militou nas filas do San Tirso e Fisterra na Preferente. Con esta fichaxe, o cadro chairego completa a súa portería, para onde tamén incorporou a Álex Santomé.
O Burela continúa coa súa aposta pola xente da casa coas renovacións de Yago Ramos e Iván Maseda, ámbolos dous en idade xuvenil, cumplirán a segunda campaña co primeiro equipo. No Chantada Atlético continuarán Congui e tamén o gardameta Anxo. Nos veciños da SD Chantada seguirá un ano máis o centrocampista Pablo Iglesias.

O Escairón incorpora, tal e como adiantou La Voz de Galicia, como adestrador de porteiros a Luis Díaz ‘Nacho‘, un vello coñecido na comarca monfortina logo do seu exitoso paso polo Calasancio, Sober ou Brollón, entre outros.
O Brollón anunciou a renovación do seu centrocampista Messi. O Páramo incorporou a Richi, xogador que xa estivo ás ordes de Jony na súa etapa no Santa Comba. Ademáis, súmanse ao proxecto do conxunto das Rapadas Diego Arza e Raúl, procedentes do San Roque xuvenil. Renovará un ano máis Manu e estará a proba Javi López.


O Peluquería Mixta Friol refórzase coa chegada da porteira Lucía Arcos, procedente do Espanyol B.

