#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal #Terceira RFEF

Diario dun mercado. Episodio 373

Pouco máis de doce horas despois, o mercado volve «atacar» cunha morea de novidades. Onte anunciabamos a renovación de Diego Rey na Sarriana e, hoxe, non saímos da familia: o seu irmán Pablo Rey continuará un ano máis na Ribela neste ambicioso proxecto na Terceira RFEF.

Os irmáns «Rey» seguen na Sarriana.

Xa na Primeira Galicia, de norte a sur, o CD Foz recupera ao defensor Adam, que volve ao Martínez Otero logo dun ano na Liga Galega Xuvenil coa SD Ribadeo. Ademais, os focenses renovan ao gardamallas Tomy e aos mediocentros José, Chao, Pablo, Cristian e Óscar. Na Terra Chá, o Santaballés asina ao porteiro xuvenil Hermida, que procede do Racing Villalbés, e renova o compromiso do lateral Rubén ‘Serra’, que defenderá un ano máis as cores dos da Liga.

No Sangoñedo, o Chantada Atlético renova a un dos seus xogadores bandeira, Anxo Otero, e recupera a Miguel Fernández ‘Mico’ logo de estar parado por unha grave lesión. No mesmo enclave, a SD Chantada ‘B’ contará con Pisto, Antón, Martín, Iker e Mourenza para unha nova temporada na Segunda Galicia. Os chantadinos mediránse na competición a un Brollón que renova ao defensor Pablo Tourón e a un recén ascendido Quiroga, que segue contando con Campos e con Iván Coba.

Cristian renova no Foz.

Na zona norte, Mario Benavente segue no Xermade, mentres que Raúl López e Pablo ‘Bluski’ asinan polo Cospeito desde o Castro ‘B’. Ambos xogadores aportarán aínda máis xuventude ao equipo dirixido por Luis Romay. Pola súa banda, o Mondoñedo renova a Isra como primeiro adestrador logo de conseguir o ascenso. Estará acompañado no banco por Fabián Rodríguez, un dos capitáns do equipo, que colga as botas para ver o fútbol desde outro prisma.



Xa na Terceira, o Celta Barreiros recupera a Damián, mentres que Iago Núñez seguirá ao carón de Fran Veiga no banco dun Castroverde que voltará loitar polo ascenso á Segunda Autonómica.

O técnico mindoniense Isra afrontará a volta do seu equipo á Segunda Galicia.

Diario dun mercado. Episodio 373

Diario dun mercado. Episodio 372

Diario dun mercado. Episodio 373

Diario dun mercado. Episodio 374

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *