O partido Fisioterapia Ronda . . . Racing Vilalbés – Choco: tres puntos que garanten o play off de ascenso

O Racing Vilalbés afrontará na penúltima xornada da segunda fase de Terceira un encontro decisivo diante do Choco. Será o domingo ás 17 horas na Madalena coa arbitraxe do colexiado compostelán Martínez Santos. O cadro chairego, cun triunfo, garantirá a súa presenza no play off polo ascenso a Segunda RFEF. Os dous conxuntos chegan a […]

O Viveiro camiña con paso firme cara a permanencia

A xornada dos tres representantes lucenses en Terceira saldouse con dous triunfos e unha derrota. O Viveiro gañou en Cantarrana ao Ribadumia e ampliou as diferencias cos seus perseguidores, mentres que o Polvorín sumou tres puntos diante do Alondras que o manteñen vivo na súa pelexa polo ascenso directo. O Racing Vilalbés caeu na última […]

Resístese o triunfo lucense malia ser quen de marcar tres tantos fóra

Viveiro e Racing Vilalbés foron quen de anotar tres goles en campo contrario, pero este feito non foi sinónimo de vitoria. Foi meritorio o punto dos mariñáns no Couto diante da UD Ourense, aínda que logo de adiantarse tres veces no marcador ten un sabor agridoce. Os chairegos caeron no campo do Choco malia perforar […]

O Polvorín xogará a fase de ascenso por primeira vez na súa historia

Rematou a primeira fase da Terceira División e fíxoo coa clasificación do Polvorín para fase de ascenso. É a primeira vez que o filial do C. D. Lugo xogará para tentar subir á Segunda División RFEF. Preto estivo de acadar ese obxectivo o Racing Vilalbés. Foron quen de gañar no campo do Silva, pero non […]

O partido Fisioterapia Ronda . . . Os tres equipos lucenses, ante o desenlace da primeira fase de Terceira

Domingo de fortes emocións no fútbol galego. O formato de competición artellado para esta temporada atípica trouxo consigo unha grande igualdade e boa parte dos equipos chegan a esta derradeira xornada da primeira fase de Terceira con moito en xogo. É o caso dos tres conxuntos lucenses. Polvorín e Racing Vilalbés disputan, xunto co Somozas, […]

Os tres equipos lucenses de Terceira teñen deberes para a derradeira xornada

A penúltima xornada da primeira fase de Terceira División déixounos un triunfo e dous empates dos nosos representantes. O Racing Vilalbés non errou na Madalena e venceu ao Paiosaco, mentres que Polvorín e Viveiro sumaron un punto a domicilio. O filial do C.D. Lugo empatou en Vista Alegre diante do Estudiantil nun encontro no que […]

O partido Fisioterapia Ronda . . . Racing Vilalbés – Paiosaco: a pola terceira praza, cos deberes feitos

Chega a penúltima xornada da primeira fase de Terceira e faino cos obxectivos deportivos cumpridos para o Racing Vilalbés. Coa permanencia acadada de forma virtual desde fai varias xornadas e matematicamente desde o triunfo no campo do Somozas do pasado domingo, o cadro chairego afronta sen presión estes dous últimos encontros nos que ten ao […]

Os conxuntos lucenses logran un pleno de vitorias na antepenúltima xornada de Terceira

A vixésima resultou unha xornada espectacular para os tres representantes lucenses na Terceira División. O Polvorín derrotou ao Silva na Grela e está a un paso de asegurar un posto na promoción de ascenso, mentres que o Racing Vilalbés foi quen de gañar no campo do Somozas e sitúase a un punto do cadro de […]

O Racing Vilalbés triunfa no derbi provincial e o Polvorín xa é segundo

O Polvorín xa é segundo na clasificación. Logo de 19 xornadas de competición na Terceira o filial albivermello subiu un posto na táboa logo de superar na Cheda ao Fabril. No derbi provincial, o Racing Vilalbés gañou pola mínima a un Viveiro que quizais mereceu máis premio logo do visto na Madalena. O triunfo do […]

O partido Fisioterapia Ronda . . . Racing Vilalbés – Viveiro: vellos coñecidos que non se atopan en Terceira desde o 2002

Pasaron máis de dezaoito anos do último enfrontamento en Terceira de Racing Vilalbés e Viveiro na Madalena. Un 22 de decembro de 2002 o cadro mariñán derrotaba por 0-2 aos chairego nunha temporada que remataría co descenso dos dous conxuntos a Preferente. Este domingo, por fin, podemos disfrutar de novo deste encontro entre dous históricos […]

O Polvorín e o Racing Vilalbés acadan importantes triunfos a domicilio

A gran nova da xornada 18 foi a volta dos afeccionados aos campos da Terceira. Malia todo non foi unha xornada propicia para os equipos locales. No grupo 1 tan só o Estudiantil foi quen de gañar no seu campo. O Viveiro, que xogaba un encontro trascendental ante o Arzúa caeu con claridade en Cantarrana. […]

O tempo de desconto, clave para Polvorín e Racing Vilalbés

Boa parte dos conxuntos de Terceira División disputaron entre semana algún dos seus encontros adiados no seu día por mor de positivos en Covid-19. Polvorín e Racing Vilalbés disputaron sendos partidos, diante de Fisterra e As Pontes respectivamente. Ámbolos dous acadaron un punto, pero que deixou distinto sabor de boca. O do filial albivermello foi […]

O Racing Vilalbés colleita a segunda derrota consecutiva na Madalena

O fin de semana de Entroido non foi positivo para os nosos equipos de Terceira. Nen Polvorín nen Racing Vilalbés foron quen de puntuar. O filial do C.D. Lugo perdeu na Cheda diante do Bergantiños, mentras que os chairegos caeron na Madalena diante do Estudiantil, conxunto da zona baixa da clasificación. O Viveiro non disputou […]

O Racing cae na Madalena catorce meses despois

Non foi unha boa xornada para os equipos lucenses da Terceira. Racing Vilalbés e Viveiro caeron ante Bergantiños e Somozas, os que posiblemente son os dous grandes candidatos a rematar no liderato do grupo A. O Polvorín non disputou o seu encontro por un positivo no seu rival, o As Pontes. O Racing Vilalbés perde […]

O Polvorín gaña no derbi e racha a boa xeira do Racing Vilalbés

Dous derbis en once días e resultados dispares. Se o día de Reis na Madalena o Racing Vilalbés goleou ao Polvorín, desta volta na Cheda o filial do C.D. Lugo vingou a mala actuación do encontro correspondente á primera volta e acadou un importante triunfo con dous goles de Cristian. O Polvorín sitúase cuarto na […]

O partido da xornada . . . Polvorín – Racing Vilalbés: o segundo derbi en dez días

Aínda co día de Reis na retina cando se xogou o encontro adiado da primeira volta, mídense de novo Polvorín e Racing Vilalbés, desta vez na Cheda, o domingo ás 16:30 horas, e co arbitraxe do coruñés Rodrígo García Gómez. O filial albivermello non puido disputar o encontro da pasada xornada por mor dun positivo […]

O Racing Vilalbés chama á porta do líder e o Viveiro suma para ser sexto

Quedamos coas gañas de ver aos tres conxuntos lucenses en liza na primeira xornada do ano 2021. O encontro do Polvorín viuse adiado por un positivo no seu rival, o Fisterra. Quen si disputaron os seus encontros foron o Racing Vilalbés e o Viveiro. Os chairegos continuán en racha e gañaron na Madalena ao Arzúa, […]

Os Reis chegaron cargados de goles para o Racing Vilalbés no derbi

A tarde de Reis agasallounos cun derbi provincial entre o Racing Vilalbés e o Polvorín na Madalena. O encontro serviu para poñer ao día a competición, agora xa sen partidos adiados e rematou con triunfo local por cinco goles a dous. Os preto de douscentos siareiros chairegos puideron ver unha goleada do seu equipo que […]

O Polvorín gaña no Viso e oposita á zona de privilexio

A undécima xornada de terceira completouse xa o sábado para os conxunto lucenses. Boas novas para Racing Vilalbés e Polvorín. Os chairegos derrotaron na Madalena ao Silva mentres que os da capital fixeron o propio co Arzúa a domicilio. Peor parado saiu o Viveiro, que estivo lonxe de sacar algo positivo da súa visita ao […]