Os Reis chegaron cargados de goles para o Racing Vilalbés no derbi

A tarde de Reis agasallounos cun derbi provincial entre o Racing Vilalbés e o Polvorín na Madalena. O encontro serviu para poñer ao día a competición, agora xa sen partidos adiados e rematou con triunfo local por cinco goles a dous. Os preto de douscentos siareiros chairegos puideron ver unha goleada do seu equipo que segue a amosarse moi sólido no seu campo acadando así o seu cuarto triunfo consecutivo. Foi o primeiro triunfo do conxunto adestrado por Simón Lamas en Terceira División ante un Polvorín que racha a súa xeira de sete encontros sen coñecer a derrota.

O filial do C.D. Lugo contou coas baixas de Quindimil e Antón Escobar, convocados co primeiro equipo para o enfrontamento copeiro ante o Girona e alineou a Fidalgo no centro da zaga xunto a Jesús. Ademáis o recén fichado Torrado foi titular na banda esquerda, por diante de Martín. No Racing Vilalbés cabe destacar o retorno á titularidade de Buyo e Pedrosa.

Os primeiros minutos foron de control do Polvorín, aínda que sen xerar ocasións claras de gol. No primeiro achegamento  dos de Álex Ortiz chegou o primeiro tanto. Foi co primeiro cuarto de hora cumplido, logo dun saque desde o curruncho. O balón quedou na área e recolleuno Marcos, que foi derribado por un defensor local. O colexiado Jesús López Fernández sinalou penalti e Morais non errou desde os once metros. Nesa xogada o capitán do Polvorín quedou lesionado e foi sustituído por Gabarre.

Co marcador en contra o Racing Vilalbés tivo as ideas máis claras e chegou con perigo á portería de Ángel Fraga, que volveu á portería no canto de Julen. Jose Varela e Make xa contaron con ocasións para poder empatar o encontro. Pero o tanto non chegou ata o minuto 31. Unha boa combinación entre Santi Gegunde e Cuadrado rematou co tanto deste último. Cinco minutos máis tarde unha xogada entre Cuadrado e Jose Varela serviu para que o xemelgo se prantase ante Ángel Fraga ao que recurtou para poñer aos seus por diante.  Co Racing volcado chegou o terceiro, obra de Muíña logo dun saque desde o curruncho. Segunda xornada consecutiva que o central anota para o cadro chairego.

Os tres goles encaixados en apenas dez minutos foron un duro pao para o Polvorín, que non xerou máis situacións de perigo nos restantes minutos do primeiro tempo. Logo do paso por vestiarios, o filial albivermello puido recurtar distancias cun lanzamento de Gabarre que detivo Javi Rumbo. No minuto 54, Martín viu o segundo cartón amarelo logo dunha entrada por detrás sobre Santi Gegunde e deixou aos seus con dez.  Non tardou o Racing Vilalbés en aproveitar a superioridade, e en menos de cinco minutos chegou o cuarto. De novo Cuadrado, logo dun centro de Buyo desde a esquerda, anotou ante o seu ex equipo.

Os de Simón Lamas atopáronse moi cómodos, cedéronlle o balón ao rival e buscaron saír á contra. O Polvorín non ofreceu moitas novas en ataque. Tan só un lanzamento de Cristian desde o borde da área pequena que saiu lixeiramente desviado. Xa moi preto do final Make pechou a conta goleadora cun lanzamento a pase do omnipresente Cuadrado. O dianteiro lucense participou en tódolos tantos dos chairegos.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Artículos: 511

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.