A penúltima xornada, o gran día de Nico

Non cabe dúbida algunha de que no fútbol máis modesto moitas veces o resultado non é o máis importante. E moito menos cando sucede un feito como o acontecido no Sangoñedo. No encontro que mediu ao Chantada Atlético B coa Sarriana B debutou no fútbol afeccionado Nicolás Moscoso Baskakova ‘Nico’. Un rapaz de dezanove anos […]

O Rubián completa o cuarteto de ascenso directos

O Tres en Raia En Boas Mans desta xornada tráenos o ascenso do Rubián, o cuarto conxunto tras Celta Barreiros, Casás e Páramo que acada o ascenso directo a Segunda Galicia. Os de Senén López venceron á Sarriana B e confirmaron o salto de categoría a falta de dúas xornadas para o final da liga […]

Abadín e Incio acadan o ascenso a Segunda Galicia

Rematou a fase de ascenso e fíxoo con festa en Abadín e o Incio. Ámbolos dous conxuntos lograron subir a Segunda Galicia tan só un ano despois de perder a categoría. O Abadín venceu ao Nuevo Nausti mentres que o Incio superou ao Páramo nunha eliminatoria moi parella. Analizamos tamén a xornada no Torneo Delegación. […]

O ascenso a Segunda decidirase nos encontros de volta

A ida das dúas eliminatorias de ascenso a Segunda Autonómica finalizaron en empate. O Nuevo Nausti igualou no último suspiro no Municipal fronte ao Abadín e o Incio empatou un encontro que se lle puxo moi costa arriba fronte ao Páramo. Analizamos tamén os encontros do Torneo Delegación. eliminatorias polo ascenso Dous tantos nos intres […]

Cinco días máis tarde, o Páramo alcanza a final

A volta das semifinais das eliminatorias polo ascenso a Segunda Galicia prolongouse máis do que debería. O encontro entre o Rubián e o Páramo rematou con empate, ao igual que o fixo o de ida nas Rapadas. O colexiado, en vez de conducir o encontro á prórroga levouno directamente a unha tanda de penaltis na […]

Nuevo Nausti e Incio collen vantaxe na fase de ascenso

Comezaron as eliminatorias de ascenso na Terceira Galicia. No grupo norte o Nuevo Nausti venceu na Reigosa ao Friol B e convírtese en claro favorito para acadar a final. Abadín e Rioaveso empataron nun encontro cheo de goles no Municipal. No grupo sur o Incio gañou no campo Sober, mentres que Páramo e Rubián igualaron […]

Ascenso e campionato para o Racing Vilalbés B

O filial chairego logrou o gran oxectivo na súa primeira tentativa e con dúas xornadas de marxe. Temporada sobresaínte para un Racing Vilalbés B que non deixou a primeira praza desde o comezo do campionato. O segundo posto do grupo norte ocúpao o Mondoñedo, con catro puntos de vantaxe sobre un Rioaveso ao que se […]