#Fútbol afeccionado #Feminino

Soberbia resistencia do Antas ante un CD Lugo sen gol

O Antas arañou un valioso punto ante un CD Lugo que monopolizou o dominio da pelota. Un guión agardado, xa que as de Dani Abelairas basearon a súa estratexia na solidez, soliedariedade defensiva e o contragolpe. Non houbo esa agardada transición rápida nas da Ulloa como tampouco existiu precisión nas albivermellas. A precipitación e desesperación por gañar das capitalinas derivou nun novo exercicio de pólvora mollada das de Joaquín Blanco. O Bergantiños queda a un só punto da terceira praza do Lugo.

O Chantada tumba ao líder e soña co play off na última xornada

A igualdade reinou nun derbi de alturas no Sangoñedo. O Chantada realizou unha gran posta en escena e aos seis minutos vencía por 2-0 ao líder. O PM Friol B viuse obrigado a dar un paso adiante. Nerea ‘Chantada’ recurtou diferenzas nun balón ás costas e Nere Lombardero empatou desde os once metros tras unha man clara da SD.

Na reanudación, ambos conxuntos tiveron as súas ocasións. Pero foron as de Gorry as que se levaron o gato á auga, nunha falta botada por Tania Gómez e peiteada por Ángeles. Noelia fixo o resto e deixou os tres puntos no Sangoñedo. A falta dunha xornada para o remate da competición, o Chantada será equipo de play off se gaña na vindeira data no feudo do Arzúa. En caso de non facelo, precisará que o Santiso non supere ao San Roque en Montirón.

Noutro dos derbis da xornada, o Monte Forte resistiu con uñas e dentes durante máis dunha hora de partido a pesares das baixas (acudiu con só once futbolistas ao duelo). O San Lázaro non atopaba as súas mellores sensacións. As da Ponte romperon co muro monfortino desde o punto de penalti. E a partir de aí, impuxeron o seu xogo. Certificando o triunfo con dous bos disparos de Anita nos derradeiros compases.



O último partido entre lucenses evidenciou a liña ascendente do Carballedo. As de Sementa e Adrián Rodríguez sacaron adiante un encontro pechado e con poucas ocasións. Adiantáronse nun erro branquivermello e sentenciaron nunha rápida transición.

O San Roque cumpriu os prognósticos ante o colista EF Silleda cun hat trick de Miriam e dous tantos de Mery. Un só punto separa ás de Quiroga do play off de ascenso. Por último, a Comercial viviu unha xornada complicada ao perder con suma claridade ante o Bandeira. As de Vivian Dors, con once xogadoras xustas na convocatoria, amosáronse inferiores en todo momento.

O golazo de Sara para o Carballedo

Os quince minutos finais condenan a un PM Friol inferior

Ari (Carballedo) e Tatiana (Milagrosa) loitan por facerse co coiro. ROBERTO CARREIRA

O cadro de Covi Regueiro pensou en traer algo positivo de Zaragoza durante máis dunha hora de partido. Aínda que a súa primeira parte non invitaba ao optimismo. A abafante calor era o mellor dos problemas dun PM Friol sometido ante o ataque aragonés. Especialmente ante unha incisiva Nachula e unha oportuna Sara Rández, que tivo dúas boas oportunidades antes do descanso. Munteanu salvou ás lucenses nun primeiro acto para enmarcar.



Despois do paso polos vestiarios, Sara Rández perdoaba nun lanzamento de falta directa. E o PM Friol abría a lata na súa primeira chegada do encontro, cun gol de Lynda Muriel. Pouco durou a alegría. Gloria igualaba ao instante. No derradeiro cuarto de hora impúxose a lóxica; e a superioridade do Zaragoza CFF traduciuse, por fin, en goles.

Resultados da xornada

Zaragoza CFF 4-1 PM Friol

Antas 0-0 CD Lugo

Chantada 3-2 PM Friol B

Monte Forte 0-3 San Lázaro



Milagrosa 0-2 Carballedo

Comercial 0-9 Bandeira

EF Silleda 0-5 San Roque

Soberbia resistencia do Antas ante un CD Lugo sen gol

Iván Recalde: «Penso que o mellor do

Soberbia resistencia do Antas ante un CD Lugo sen gol

O Friol, o máis adiantado cara a

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *