Os finalistas do Torneo Delegación

O Torneo Delegación chega ao acto final

O Torneo Delegación que disputaron os equipos da Terceira Futgal que non entraron no play off de ascenso xa ten aos dous equipos que disputarán a final do torneo. O Carballedo recibirá ao Goiriz nunha final na que o camiño de ambos clubes foi moi diferente. O conxunto que xogará de local estivo a piques […]

Goiriz, Roupar, Carballedo e Sober son os semifinalistas do Torneo Delegación

Rematou a primeira fase do Torneo Delegación e xa coñecemos os catro semifinalistas. Goiriz e Roupar no norte e Carballedo e Sober no sur, optarán ao título. As semifinais serán a partido único e disputaranse no fin de semana do 25 de maio (pendente de confirmar data): Analizamos os derradeiros encontros da fase de grupos: […]

Os oitavos da Copa Deputación de Segunda e Terceira Futgal resólvense sen penaltis

A totalidade das eliminatorias dos oitavos de final da Copa Deputación de Segunda e Terceira Futgal quedaron decididas nos noventa minutos regulamentarios. Co vixente campión, o Iberia, xa eliminado, é o subcampión, o Becerreá un dos favoritos tras derrotar ao Santa Comba. Canda él continuan adiante os outros tres conxuntos que pelexan polo ascenso no […]

O Goiriz xa goza do ascenso e o Castroverde precisa un punto

Chegou o primeiro ascenso no Tres en Raia En Boas Mans. O Goiriz culminou unha temporada practicamente perfecta cunha vitoria no campo do Matela e os de Manu Veiga xa son de Segunda Futgal. O Castroverde segue na súa liña e queda a un só punto de festexar o ascenso. Lograrao se suma un punto […]

O Goiriz, primeiro equipo ascendido a Segunda Futgal

O Goiriz xa é equipo de Segunda Futgal

O Goiriz converteuse nesta xornada no primeiro equipo do fútbol lucense en ascender de categoría. Os pupilos de Veiga acadárono tras unha vitoria ante o Matela por 0-2 na que Cornide e Héctor Moure foron os heroes do ascenso. Todo tras unha tempada excelsa na Terceira Futgal con 15 victorias, un empate e unicamente unha […]

O Goiriz xa acariña o ascenso

O Tres en Raia En Boas Mans Fisioterapia déixanos ao Goiriz ás beiras do ascenso no grupo norte. Os chairegos venceron con claridade ao Abadín e un triunfo no campo do Matela dexiaría aos de Manu Veiga co pase definitivo a Segunda Futgal. O Castroverde mantén a súa xeira vitoriosa cun apretado triunfo fronte ao […]

O Sober, único equipo invicto na casa

O primeiro Tres en Raia En Boas Mans Fisioterapia do 2025 tráenos, no grupo norte, a primeira derrota como local do Cazás no que vai de liga. Foi diante do Goiriz, líder da competición. A tres puntos dos chairegos está un intratable Castroverde, que venceu con claridade ao Matela. O Rioaveso non cede na procura […]

Muñiz e Víctor, imperiais nos grandes pases do Goiriz e do Abadín

O 2025 futbolístico comezou coa Copa Deputación. A primeira fin de semana do ano xogouse a maior parte das eliminatorias da 1ª rolda do torneo. Ao igual que acontece na competición da Preferente + 1ª, na da 2ª e a 3ª tamén houbo sorpresas. O Goiriz e o Abadín foron os clubs da zona norte […]

O Castroverde remata coa imbatibilidade do Goiriz

Remata o 2024 e faino co último Tres en Raia En Boas Mans Fisioterapia. No grupo norte, un enrachado Castroverde rematou coa imbatibilidade do Goiriz, conxunto que non coñecía a derrota. O Cazás non pasou do empate no campo do Friol B, resultado que aproveitou o Rioaveso para achegarse na clasificación. O Catro Roldas goleou […]

Manu Veiga: «O Goiriz deste ano está capacitado para gañar en calquer campo»

O Goiriz é o flamamte líder do Grupo Norte da Terceira Futgal. Os números dos de Manu Veiga acreditan ao club do Ventiño como un dos favoritos para levar a competición. 10 victorias e tan só 1 empate e 1 derrota en 12 partidos disputados confirman un estado de forma inalcanzable polos seus competidores, aos […]

A Comercial estrea o casilleiro de vitorias

O Tres en Raia En Boas Mans Fisioteria déixanos, no grupo norte, os primeiros puntos do curso para a Comercial. O conxunto lucense venceu ao Catro Roldas. Na zona alta, o Goiriz gañou o derbi ao Rioaveso e conta con cinco puntos de vantaxe sobre un Matela que venceu ao Abadín no Municipal. No grupo […]

O Bóveda estrea o casilleiro de puntos

O sexto Tres en Raia En Boas Mans da temporada déixanos, no grupo norte, a sexta vitoria do Goiriz, ademáis cunha goleada contundente ao Friol B. Segue contando tamén por vitorias os seus encontros, aínda que sexan catro, o Abadín. Os de David Lorenzo son terceiros, por detrás dun Matela que promete pelexar polo ascenso. […]

Diario dun mercado. Episodio 451

Adrián Vizoso regresa ao fútbol, logo duns anos parado e militará no CD Goiriz na Terceira Futgal. O seu último equipo fora o Ribadeo.

Goiriz e Sober non afrouxan na pelexa polo ascenso directo

Comezou a segunda volta da competición na Terceira Galicia. No grupo norte o Celta Barreiros camiña con paso firme e ampliou diferencias no liderado logo do seu triunfo na Veiga do Olmo, axudado pola derrota do Casás no derbi capitalino co Piringalla. O Goiriz acadou a terceira vitoria consecutiva no campo do Rioaveso. O Celeiro […]

Diario dun mercado. Episodio 381

O Episodio 381 comeza con novas nos equipos de Chantada. O gardameta Anxo Sampayo, así como Miguel Pérez continúan un ano máis no Chantada Atlético. A SD Chantada asinou ao dianteiro Gabri, procedente do Antas. Anteriormente militou no Taboada e nas categorías inferiores de CD Lugo e Racing Vilalbés. No conxunto feminino da SD en […]

Diario dun mercado. Episodio 379

Comezamos este novo Diario cun bombazo na Mariña. Se nada se torce, o Viveiro vai incorporar a Sergio Cora. O atacante vén de militar a última metade da temporada no Celeiro de Terceira Rexional e anteriormente xogou ao fútbol sala no Xove. Cora ía continuar no Celeiro, pero a chamada do conxunto de Terceira RFEF […]

Diario dun mercado. Episodio 368

Manel e Muñiz, pai e fillo, protagonizan o capítulo 368 xa que xogarán xuntos no Goiriz

As imaxes da pretemporada: á espera da Guía

O proceso de realización da Guía ‘Fútbol en Lugo’ supón para o equipo de Futbolinlugo unha dose de traballo extra coa fin de visitar a todos os equipos da provincia. Non obstante, o traballo sempre deixa momentos para o sorriso que permite que a biblia do fútbol lucense se contaxie do espírito animoso co que […]