Comezamos este novo Diario cun bombazo na Mariña. Se nada se torce, o Viveiro vai incorporar a Sergio Cora. O atacante vén de militar a última metade da temporada no Celeiro de Terceira Rexional e anteriormente xogou ao fútbol sala no Xove. Cora ía continuar no Celeiro, pero a chamada do conxunto de Terceira RFEF modificou os seus plans.
O quirogués Roberto Díaz ‘Ruboi‘ continua no corpo técnico do CD Barco. O conxunto de Valdeorras prepara un ambicioso proxecto na Preferente Sur para tentar o retorno á Terceira galega. O equipo xogará un amigable na nosa provincia a vindeira semana. Está previsto que o día 9 ás 20 horas despute un encontro nos Medos co Brollón.
O Monterroso asina a Martín, que retorna deste xeito ao club no que se formou. Procede do Portomarín, co que xogou en Preferente. O Chantada Atlético de Edu Rodríguez continúa perfilando o seu cadro de xogadores. Javier Vázquez ‘Ovenza‘, Pablo Novoa ‘Cañón‘, Brais Eiriz e Cristian Vázquez ‘Pana‘ continúan no conxunto chantadino. No Outeiro de Rei seguirá un ano máis David Román.
Hugo Veiga e Hugo Rodríguez vivirán a súa primeira experiencia sénior no Burela. Ambos chegan procedentes da canteira do Viveiro. O Meira non poderá contar esta temporada con Alberte. O dianteiro non renova cos de Labrada e colga as botas.


O lateral dereito Pagaza mantén o seu compromiso co Brollón ao igual ca Aarón ‘Dj Vizcaino‘. O Carballedo comunicou a renovación de Adrián Lobelle, Darío López, Rober e Monchito. No Cabreiros seguirá un ano máis Pani.
O Friol B anunciou a renovación do seu adestrador Bruno Castro, así como de doce xogadores. Fernando, Canaina, Fernández, Pablo, Adrián Sánchez, Rober, Unai, Juan, Roca, Telmo, Maikel e Samu manteñen o seu compromiso co filial da Reigosa.
O Celeiro anunciou a contratación do gardamallas Jony, procedente do Folgueiro. Desde Boa Vista chega tamén Xavi ao conxunto adestrado por Martín Rodríguez. Borja ‘Messi‘ non continua no Goiriz, onde si renova o seu compromiso Richi Jorquera. César Sanjurjo únese ao corpo técnco do Páramo que dirixe Jony Lombardía.

Polli, Nati Cervelo, Noa, Noelia, Noela, María Enríquez, Ana e Elisa seguen un ano máis na SD Chantada. A xogadora do Incio, Ana Cris continúa no Monteforte.