#Fútbol afeccionado #Segunda Futgal #Terceira Futgal

Os oitavos da Copa Deputación de Segunda e Terceira Futgal resólvense sen penaltis

A totalidade das eliminatorias dos oitavos de final da Copa Deputación de Segunda e Terceira Futgal quedaron decididas nos noventa minutos regulamentarios. Co vixente campión, o Iberia, xa eliminado, é o subcampión, o Becerreá un dos favoritos tras derrotar ao Santa Comba. Canda él continuan adiante os outros tres conxuntos que pelexan polo ascenso no grupo sur: San Roque, Paradela e Brollón. Xunto a eles, pasaron de rolda tamén dous dos que pelexan por subir no norte, Folgueiro e Riotorto. Tamén seguen adiante o Cazás e o Goiriz, dous equipos de Terceira Futgal.

As eliminatorias de cuartos quedan do seguinte xeito:

  • Cazás – Folgueiro. 20 de abril ás 17 horas no Catro Ventos.
  • Goiriz – Riotorto. 20 de abril ás 17 horas no Ventiño.
  • San Roque – Becerreá. 13 de maio ás 21 horas no Polvorín.
  • Paradela – Brollón. 20 de abril ás 17 no Gandarón.

Analizamos as eliminatorias de oitavos.

Cabreiros 4 – Folgueiro 5. O partidazo dos oitavos de final da Copa. O encontro comezou moi ben para os locais, que se adiantaron por medio do central Totti nunha acción a balón parado. O Folgueiro volcouse ao ataque e xerou moito perigo pola banda de Zeus. Antes do descanso logrou remontar e marcar tres goles, dous deles en propia porta. O segundo tempo resultou moi aberto. Aínda que os visitantes chegaron a ter tres goles de vantaxe, o Cabreiros nunca se foi do partido. Chema Franco recurtou diferencias e tras o quinto tanto de Schuster, Marcos Novo e Alberte Ledo déronlle emoción ao choque. Os locais tiveron opcións para forzar a prórroga.



Cazás 3 – Castroverde 2. Os locais comezaron mellor, moi enchufados e con gañas de seguir facendo historia. Aos cinco minutos Penedo cabeceou á rede un saque de falta lateral. O Castroverde respostou de contando e igualou nun bo lanzamento de falta executado por David desde a frontal. O encontro entrou un ida e volta no que a efectividade do Cazás foi superior. Vizo e Juan puxeron aos do Catro Ventos dous tantos por enriba, mentres que os de Iago Núñez non aproveitaron as súas ocasións. No segundo tempo o Cazás xogou repregado e o Castroverde tivo a posesión, aínda que se xerar perigo. A falta de dez minutos, David apretou o marcador tras un bo servizo de Richard.

Riotorto 4 – Piringalla 1. Os locais comezaron ben. Marcaron cedo e antes do tempo de lecer gañaban 3-0. Con todo, xusto antes de entrar nos vestiarios, a Piringalla logrou meterse no partido co seu gol. A segunda metade resultou máis parella. Os visitantes tiveron opcións para marcar o segundo, pero non o lograron. Sentenciaron os de Roberto Ramallal co cuarto tanto, obra de Manu Carreira, segundo na súa conta particular.

Goiriz 3 – Sporting Pontenova 0. O encontro comezou con moita precación por parte de ámbolos conxuntos, pero desnivelouse nunha acción a balón parado de Nico na que o gardameta Presno non estivo atinado. O Goiriz foi superior na segunda metade e logrou ampliar diferencias no marcador grazas a un doblete de Vizoso. A seriedad defensiva dos de Manu Veiga impediron que o Sporting Pontenova fora quen de achegarse no marcador.



San Roque 5 – Lemos B 3. Encontro igualado, con ocasións para ambos conxuntos e moitos goles. Foi un partido de ida e volta con dominio alterno, que decidiu a maior pegada dos locais. O San Roque fixo valer a súa condición de colíder na Segunda Futgal e logrou pasar a eliminatoria.

Becerreá 2 – Santa Comba 1. Duelo de dous equipos da parte alta de Segunda. O Becerreá leu ben o xogo plantexado polo rival. Río adiantou aos locais e Jaime empatou cun gran lanzamento. Tras o descanso, os locais intentaron levar o dominio fronte aos balóns en longo do Santa Comba. Nun centro de Santín, Río volveu a rematar a gol. Nos últimos intres os visitantes puideron acadar o empate nunha xogada embarullada dentro da área.

Corgo 0 – Paradela 3. Os visitantes amosaron a súa condición de candidatos ao ascenso en Segunda. O Paradela chegou ao Municipal coas ideas moi claras. O seu fútbol directo dificultou moito ao Corgo, que non era capaz de gañar os duelos individuais. Juan adiantou ao Paradela tras rematar un saque de falta lateral e os de Abel Rochela apenas foron quen de chegar con perigo á portería rival. Tras o descanso o Paradela fixo o segundo nun saque de córner. O Corgo colleu o mando do partido aínda que sen chegar a poñer en apretos a un Paradela que sentenciou preto do final.

Brollón 4 – Páramo 0. Os locais foron superiores e xustos vencedores da eliminatoria. Damián, nunha gran acción individual, adiantou aos seus. Castañer fixo o segundo e Isma o terceiro. O dianteiro suma 23 goles entre liga e copa. No tempo extra Yeray culminou a goleada co cuarto.



Os oitavos da Copa Deputación de Segunda e Terceira Futgal resólvense sen penaltis

A 28ª xornada da Primeira Futgal, a

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *